STOP Software Patents!
Agremon weblog (the galician pitas page)

Agremon blog / the galician Pitas page

Pensamentos dixitais / Digital thinking

Dende / From Ribadeo, Galicia, 43º30'N, 7º05'W

Novo blog meu e de Ribadeo/ New weblog over me and Ribadeo

Ribadeando, o blog de Ribadeo/ Ribadeando, Ribadeo's blog Recuncho da lectura / Galician reading coin
Pensamentos / thinkings
A páxina adicada a Hernán / Hernan's page
Weblog de Mariano / Mariano's weblog
Weblog de Santi / Santi's weblog
Weblog do proxecto europeo Uniting in knowledge, United in Europe (só en inglés)/ Weblog of European Project Uniting in knowledge, united in Europe
Blog do Depto. de Física e química do IES Porta da Auga de Ribadeo / Blog of Dept. of Physics and Chemistry of the IES Porta da Auga (Ribadeo), only in Galician Language

Vieiros - buscador galego

pitas
hotbot
yahoo

Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).Free copyright, with orige quotation, with copyleft license (see the galipedia, wit link in this page).


Unha nota máis: Os arquivos van sendo numerosos, os pasados poden visitarse coa ligazón la beira dereita
A note: Number of archives is crescent; because of that, past articles can be read clicking the link in right up side. ----

and... end
For years, this blog was out. In some months materials will be copied to a new site and this blog dismantled. So, bye, bye!

Wednesday, August 27, 2008 10:49 a.m.

Unha nova entrada comunicando con Ribadeo

Despois de moito tempo, anuncio aquí as últimas entradas en Ribadeo, Ribadeando':

* Festa xitana en Ribadeo

* A Torre dos Moreno e Ribadeo

* Despois de falar das misións en Ribadeo... (2ª de ...

* Elevador habemos...

* Feira da Ciencia en Ribadeo, e van 13

* A Feira da Ciencia e Tecnoloxía merece unha segund...

* Ribadeo, terra de misión

* 50 anos e un día

* Un día de 23 horas?

* De feira. Tapea e Ribadea/Ribadeo de tapeo

Todas elas, nunha semana.

Saturday, March 31, 2007 01:03 p.m.

Dende Ribadeo, bo Nadal! /From Ribadeo, Merry Christmas!
... o dito.
... I've said.

Friday, December 23, 2005 11:00 p.m.

Se este blog tivera...
a posibilidade de subir imaxes, non tería cambiado a "Ribadeando" para meter novas e fotos sobre Ribadeo. Ide alí tamén vós, para ver as fotos e as novas maís recentes.

Saturday, November 12, 2005 07:49 p.m.

Migración a outro blog / Migrating into another blog
Esta será posiblemente a derradeira comunicación neste blog. As novas iranse poñendo en http://ribadeando.blogspot.com, onde nos veremos no sucesivo.
... Adeus e ata pronto!
Tis will be, pobably, last entry in this blog. News posts be putting in http://ribadeando.blogspot.com, site in which we will see.
... Bye and see you!

Thursday, August 11, 2005 07:46 p.m.

Debian! / Debian!
Despois de unha tempada con cp/m, case dúas décadas con Microsoft, polo medio un ano de probas con Mandrake, agora levo uns días con Debian. Resultado: Gracias a todos os equipos GNU!. É o mellor sistema que coñezo (e eso que como aínda non controlo hai cousas que non sei facer).
After pass cp/m, two decades with Microsft, a probe partial-time with Mandrake, I go for only a fews days with Debian. Results: Thanks to all people of GNU teams! It's the best operating system that I knows (...and I don't have a good management of this system new for me).

Wednesday, August 10, 2005 10:59 a.m.

Asociación de veciños O Tesón de Ribadeo - Nota de prensa/No English version
O pasado venres día 15 de xullo tivo lugar a Asamblea xeral da Asocición de veciños O Tesón de Ribadeo.
Seguindo a orde do día, leeuse e aprobouse a acta anterior e pasouse a dar un repaso ás actividades realizadas, estado de contas e informes da directiva. Así, deuse conta das actividades como a comida social ou a reunión sobre convenios urbanísticos que propiciou a asociación. Asemade, espúxose someramente a situación en outros temas reivindicativos como os ruídos, comparando a situación coa serie de reunións e acordos que está sucendendo agora en Viveiro, as labores de participación na Mesa de asociacións e seu desenvolvemento, que pouco a pouco vai aglutinando a un maior número de asociacións interesadas, o seguemento do tema das antenas, do que aínda estamos á espera de contestacón por aprte do Concello ou o tráfico, bandas rugosas e aparcamento, ó que se referiu a última das preguntas realizadas ó pleno. Asemade, deuse conta do seguemento que se está a realizar pola polisble instalación dunha mina en Salave que deixaría un oco de máis de 200m de profundidade e máis de medioquilómetro de radio, a parte da montaña de residuos correspondente e a contaminación ambiental correspondente que se estima chegaría a afectar a Ribadeo. Rematou esta intervención a relación da participación da Asociación en diversas instancias: na Asociación Ponte dos Santos, coa intervención na última asamblea, así como a recollida do testigo como coordinadores da mesa de asociacións correspondente a esta entidade, outras intervencións co Concello, dende as preguntas realizadas ó final dos plenos ata a participación futura no Consello Municipal da Muller, etc.
Pasouse despois a facer varios comentarios por parte da directiva, como a aclaración sobre o mantemento da liña nin política nin sindical da asociación ou a non intervención en xeral en denuncia de temas puntuais relacionado co anterior. Despois anunciouse o cobro de cuotas. Ó final do punto, votouse a petición da directiva para realizar convocatorias públicas sobre temas que o requiran e o poder levantar causas xudiciais cando se considere pertinente. A votación, que foi aprobada cunha abstención, permite que a Asociación teña unha mobilidade que non podía ter ata o momento, tanto na convocatoria de accións para socios e alleos como para actuar xurídicamente, en particular sobre temas xa tratados ou que se xulgue necesiten unha resposta inmediata.
Ó rematar a Asamblea xurdiu algún tema máis, que xa non foi contemplado para a acta pero que paga a pena citar, como o funcionamento do sistema de ambulancias dende a Mariña para tratamento oncolóxico para A Coruña ou a existencia continuada de troncos apilados en Mirasol con risco para os bañistas, con maioría de nenos, que están a nadar nas proximidades (praia dos Bloques)
A asistencia resultou escasa, acusando o erro que se apreciaba na folla da convocatoria, na que se citaba para o día 15 nomeándoo como mércores.
Ribadeo, 16 de xullo de 2005.

Saturday, July 16, 2005 03:12 p.m.

Tres pés para a educación. /No English version
** O que segue foi publicado pola revista 'Xerfa' do IES Porta da Auga en xuño de 2005, a modo de editorial.** Históricamente, a escola é algo moderno. A educación comezou sendo unha cousa de pais, que se viron axudados pola sociedade nun xeito de re-distribución do traballo para mellora do rendemento comunitario e logo a sociedade foi cristalizando un tipo de función propiamente educativa ata a extensión 'universal' da educación al como a coñecemos hoxe, con abrumadora maioría de persoas en centros especializados de diversos tipos.
En todo este proceso, débese entender que son os pais os que delegan a súa potestade educativa. Ten habido épocas (como no estalinismo ruso) nas que a sociedade era a que se atribuía a educación e delegaba por cuestións prácticas parte dela nas familias. Nembargantes ser entendido o anterior como un xeito de aberración nos tempos que corren, o certo é que a componente efectiva de cada un dos actores educativos na educación ten cambiado abondo en tan só unha ou dúas xeracións. E tamén a concepción educativa. Así, hoxe en día ténse nos nosos lares a unha familia desestructurada, tipo americano, que entende como natural o desvincularse da educación, aínda que non do seu resultado. É dicir, téndese ó 'consumo' da educación, non ó seu disfrute.
E este cambio de liña directriz é básico para diversos resultados: podemos ter alguén formado para falar inglés, valla por caso, sinxelamente porque o demandan así os poderes que tratan de dirixir a sociedade, pero non ter un individuo educado. Podemos ter unha persoa preparada para producir, pero non para levar adiante a súa propia vida. Podemos ter alguén preparado para competir, pero non para decidir por que merece a pena competir. E podemos ter tamén unha sociedade que, unha vez entendida a educación como consumo, se esqueza da compoñente de servicio e quede só a de beneficio.
As anteriores son só unhas pinceladas sobre temas candentes non só a nivel educativo, senón tamén a nivel social: a educación de hoxe implica a sociedade de mañá. Tamén é algo que debe estar na mente de todos os que formamos parte do sistema educativo, tanto alumnos como profesores. Só preguntándonos e distinguindo opcións como as ditas podemos ter un certo control sobre o que estamos a facer e nos están a facer (en ambos casos, tanto para profesores como para alumnos)
Quedan para outra edición outras cousas relacionadas. Nembargantes, mirade os artigos do interior pensando nas posibilidades e opcións que temos: veredes outra revista que non está no papel, pero que a fai posible.

Wednesday, July 6, 2005 09:57 p.m.

As patentes en Europa, por agora, non. Patents in Europa: at this moment, no
Repaso a prensa galega... non hai rastro do rexeitamento da lei de patentes de software hoxe na UE. Acaso non é importante?
I view last news on e-newspapers... no a letter over today's refused Patents Software Law in EU. Isn't important?

Wednesday, July 6, 2005 06:35 p.m.

Salave /No English version
Adxunto escrito de O Tesón a favor de que non se faiga a mina de Salave:
AVV O Tesón
Aptdo.92
27700 Ribadeo
Asociación Ameicer
Tapia de Casariego
Asturias
La directiva de la Asociación de Vecinos O Tesón de Ribadeo, una vez hecho un estudio preliminar de la prevista explotación minera en Salave, y sin prejuicio de posteriores acciones o comunicaciones más completas sobr el tema, manifiesta que apoya a la mayoría de vecinos y fuerzas sociales de la zona que se oponen contundentemente a la instalación extractiva, emitiendo esta manifestación para que se haga uso de ella donde mejor pueda proceder.
En Ribadeo, a 20 de junio de 2005.

Saturday, June 25, 2005 10:45 a.m.

Nota de prensa de O Tesón / No English version
Nota de prensa – AVV O Tesón
Tras ter presentado varias preguntas ós plenos do Concello de Ribadeo dende o mantido o pasado xaneiro, ter aseverado o sr. Alcalde que teríamos as respostas por escrito en varias ocasións e ser pedidas tamén por escrito o 19 de maio, con posterioridade ser prometida a saída da documentación para o mesmo día ou o seguinte, etc, a asociación segue sen ter n documento coas respostas nin ter resposta a dito escrito. É dicir, o proceso acordado tras longas deliberacións en pleno o 13 de setembro pasado e posto en marcha en xaneiro redúcese a ter que preguntar con antelación, contestar sen posibilidade de réplica e non ter referencia para actuar en consecuencia ó non ter ningún documento ó que referirse, o que implicaría entre outras cousas, a non responsabilidade sobre a resposta e a intranscendencia da mesma. Ademáis, en canto ás actas dos plenos, ditas preguntas non aparecen, sendo polo tanto como se non tiveran existido. Resumindo, pódense facer preguntas, pero parece que exclusivamente como método para cansar á xente que as fai.
Ante o noso asombro polo que está a suceder, adxuntamos parte do escrito presentado hai máis dun mes ante o Concello para pedir as respostas por escrito:
“Que a asociación leva presentado preguntas en varias ocasións segundo o procedemento acordado polo Pleno do Concello o pasado 13 de setembro de 2004,
Que como persoa que respostou no pleno, vde mesmo asegurou a súa resposta por escrito,
Que en algunha das ocasións ten contestado que serían enviadas despois de ser informado de que non eran recollidas nas actas dos plenos correspondentes,
Que a nosa asociación (e algunha outra que tamén o pediu) non recibiu aínda as respostas correspondentes ó primeiro pleno no que se seguiu o procedemento indicado, do que xa pasan catro meses,
Que o procedemento seguido non ten posibilidade de resposta no momento e implica realizar as preguntas con máis de cen horas de antelación, entre outras circunstancias,
Polo que solicita novamente e por escrito ter o acceso prometido ás súas respostas para realizar unha análise adecuada das mesmas.”
Dende a asociación de veciños comprendemos a multitude de cousas ás que debe atender a alcaldía, pero creemos que a atención ó mesmo pobo debe de ser prioritaria e non irrelevante. Esperamos que esta situación se normalice polo ben da democracia en Ribadeo, o mesmo que outras que por falta de resposta, inacción, etc., implican unha falta de conexión entre alcaldía e poboación.

Wednesday, June 22, 2005 04:11 p.m.

Imaxe Prestige 2005 /image Prestige 2005
Xa vai para dous anos que o Prestixe nos deixou. De coña? Este blog non soporta fotos, por eso esta conexión: Foto 'Prestige 2005' tomada a xente á que se lle pediu a súa pose voluntaria
Prestige is a thing of two years ago? This blog can't shown photos, because of that the link:Picture take of voluntary people, 'Prestige 2005'

Wednesday, June 22, 2005 03:46 p.m.

----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Arquivos vellos deste blog /Old archives
Páxina principal (arquivos máis novos)

Para e-correo / e-mail: agremon2001 + @ + yahoo + . + es


Recuncho da lectura

Pensamentos

A galipedia, enciclopedia en galego libre

vieiros
open directory
altavista
google