Agremon blog / the galician Pitas page

Pensamentos dixitais / Digital thinking

Dende / From Ribadeo, Galicia, 43º30'N, 7º05'W

Recuncho da lectura / Galician reading coin

Pensamentos / thinkings

A páxina adicada a Hernán / Hernan's page

Weblog de Mariano / Mariano's weblog

Weblog de Santi / Santi's weblog

Vieiros - buscador galego


pitas
hotbot
yahoo

Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).Free rigth of copy, with orige quotation, with copyleft license (see the galipedia, wit link in this page).


Unha nota máis: Os arquivos van sendo numerosos, os pasados poden visitarse coa ligazón la beira dereita
A note: The nombre of archives is crescent; because of that, past articles can be read clicking the link in right up side. ----

Adiantamento contra recheo: Nadal en Ribadeo / No English version
Uns reis anticipados permitiron a apertura da travesía da Avenida de Galicia ó comezo dun mes no que as verbas trocáronse, unha vez máis, para tratar de que significaran outra cousa diferente da realidade. Abriuse a rúa cando os baixos do edificio causante do peche xa estaban construídos, e aínda segue invadida a calzada e a pasaxe veciña. Dun xeito máis patente se cabe, no cartel que apareceu en Mirasol para indicar obras, pódese ler “adiantamento do peirao” e non “recheo da ría”. Hai que comprender que o anterior recheo ten moi mala prensa, e non debido á paisaxe semi luar que alí se foi creando estes últimos tempos coa acumulación de montóns de terra, pedras e area, substitutiva do armacenamento dos barcos na invernada pasada. Postos na beiraría, as obras continúan en terra e no mar, co novo edificio de Porcillán levantando columnas e o dique seco a punto. Unha nota: o 31 de decembro había atracados 15 pesqueiros na rada, 7 na parte sur “recheable” e 8 na norte, que libra polo momento.
Mellor rir. Pode que por eso se realizara o taller de risoterapia como colofón das xornadas contra a violencia de xénero. Ou porque afortunadamente fora desarticulada a 'pasarela catro calles' en medio da choiva que a facía intransitable, evitando sorrisos malintencionados por caídas alleas.
Tamén distendido foi o mercado de Nadal... na ponte da Inmaculada Constitución e con éxito de asistencia.
Decembro deu a renovación das directivas das dúas asociacións máis numerosas de Ribadeo: Amadores da Música e Clube Náutico. No primeiro caso, só se presentaba unha directiva de continuidade, con membros novos incluídos, pero con base no antigo equipo. No Clube náutico eran dous grupos os que se enfrontaban, resultando electo o equipo que marca a continuidade só por 258 contra 250 votos.
Falando de agrupacións, parece que houbo que facer unha mesa conxunta para que a alcaldía levase a efecto a contestación nos plenos ás preguntas das asociacións, con regulamento xa aprobado en setembro. Unha boa noticia que representa aínda un débil balbuceo na participación veciñal.
Para remate do ano, Ribadeo mediático: unha gravación dunha curtametraxe, colofón do curso sobre cine que se mantivo na derradeira semana, fixo posible que os ribadenses aprenderan as técnicas básicas da arte. Con outras miras, está a punto de abrirse a nova rúa semi peonal en Reynante e a distancia aínda a apertura da nova casa da mocidade; a carreira de fin de ano puxo un toque deportivo á vila, con participación de moitos veciños, mentras a derradeira noticia en Ribadeo foi que o xulgado decidiu que o convenio dos empregados municipais era axustado a dereito.
As noticias de algo máis lonxe trouxeron os ecos da polémica do discurso do Rei mentras o plano Ibarreche segue adiante e no Parlamento vasco falla oportunamente o sistema de votación electrónico. No extranxeiro, Iraq faise intransitable sen importar: as eleccións faranse de calquera xeito para que sexa un governo iraquí quen asine contratos ás empresas norteamericanas e calquera governo posterior non poda alegar en contra que foron as autoridades de ocupación quen asinou a venda do país. A Constitución Europea espéranos á volta da esquina, pero polo momento é unha descoñecida, ó contrario e moito menos salientable que o maremoto que deixou a desolación no Índico, con máis de 150000 mortes.
Entre moitos bos desexos para o novo ano 2005, esperemos que se extenda entre os veciños a participación na defensa dos seus dereitos e dos de Ribadeo: a Deus rogando e co mazo dando.

Monday, January 3, 2005 01:41 p.m.

Bo Nadal e 2005! /Merry Christmas and 2005!
¡Feliz Navidad y 2005! Joyeux Noël et 2005! Buon Natale e 2005!
Voltamos pronto! we return back in few days!

Sunday, January 2, 2005 05:11 p.m.

Nota de prensa mesa de asociacións / No English version
O pasado venres 17 de decembro, ás 20:00 horas no Parador Nacional de Ribadeo celebrouse a primeira xuntanza de asociacións de Ribadeo. Participaron 14 persoas de 9 asociacións: a parte da convocante, O Tesón, participaron representantes das asociacións de veciños de Ove, Vilaselán e Vilaosende, de ACISA, a Plataforma de Defensa da Ría de Ribadeo, Amas de Casa de Ribadeo, Familias Separadas e Divorciadas Solidaridade e Asociación de Minusválidos “A Mariña”.
Na reunión, tras unha breve introducción para organización, pasouse á presentación dos temas que cada asociación consideraba activos e máis resaltantes na actualidade, así como nalgúns casos á presentación da propia entidade.
Rematou a reunión co acordo de presentar cada asociación das presentes un tema para desenvolver máis profundamente nunha xuntanza prevista para o mes de febreiro. Mentras, para unha comunicación máis fluída, encheuse unha ficha con datos de cada asociación.
Unha relación de temas expostos (non exhaustiva e sen considerar a importancia relativa de cada un) é: Participación das asociacións nos plenos e falta doutras reunións co Concello.
Falta de informacións sobre a circunvalación e a autovía. Descoñecemento da actualidade do PXOM.
Obras no contorno da ría, como as indicadas para a Vila Vella, o novo clube na zona, extensión do paseo marítimo cara a esa zona, cegado dos camiños ó porto, etc.
A realización de obras de xeito respectuoso cos veciños, algo do que se nota moita falta.
A protección social, tanto no relacionado ó apoio á familia como en relación ó centro de día ou hospital, coa necesidade dunha residencia para unha povoación prevista de 20.000persoas.
O polígono, como tema recurrente dende hai moito tempo. A especulación urbanae outros problemas derivados.
A accesibilidade a lugares para xente con problemas de mobilidade.
Obradoiros necesarios para xente con necesidades particulares e enfrontamento a solucións de adorno e non prácticas.
Reuído e problemas nouturnos relacionados.
Combate da pasividade da povoación para a solución de problemas comunitarios.
Ditos temas foron desenvoltos en diferente orde, alg´ns de xeito repetitivo, polos representantes, sendo un xeito de pulsar a actualidade de cada asociación por parte das demáis.
Algunhas das asociacións convocadas non asistiron, incorporándose polo contrario algunha que non se avisara en principio.
Espérase que esta 'Mesa de Asociacións' sirva no futuro para unha confrontación permanente de ideas e accións comúns, e para superar a actual insatisfacción coa realidade ribadense, propiciando unha mellora a todos os niveis da vida en Ribadeo.

Wednesday, December 22, 2004 02:00 p.m.

O valor económico do ruído nouturno / Te economical valutation of night noise (No English version)
Periódicas declaracións feitas en Ribadeo sobre a importancia na economía local da movida, e por conseguinte do ruído e outros derivados, fan que me poña a estimar dito valor dende diferentes perspectivas para amosar a falacia pseudo-económica de tal argumentación, a parte de que a economía non é a vida, senón que só rixe unha parte dela, e polo tanto, razóns económicas non deben servir para xustificar perxuizos vitais.
Un primeiro conxunto de estimacións refírense ó custe económico das horas de sono perdidas. Contemplando un esceario de mínimos, poderíamos computar perdidas entre as dúas e as catro da mañá dos sábados para un mínimo de cen persoas, que poden valorarse tamén dende un punto de vista de mínimos a razón de 5 euros/hora, o que nos daría 2000 euros cada sábado ou máis de 100.000 de euros ó ano.
Nun esceario máis realista, hai que engadir alomenos outra hora máis ó considerar que a renta per cápita sitúase nuns 20.000 euros ó ano e o número de horas traballadas está netamente por debaixo das 2000 ó ano, o que nos daría máis de dez euros/hora traballada por cinco horas, esto é cincoenta euros cada noite de sábado e persoa afectada, e esto por unha cifra de 400 veciños, aínda baixa pero máis acorde coa realidade. A conta da, ó ano, 1.000.000 de euros, 2500 por veciño (420.000 das antigas pesetas por persoa afectada ó ano)
Con só aumentar unha parte proporcional para os venres e o mes de agosto, sen aumentar máis o número de afectados, plantámonos xa nos 2.000.000 de euros ó ano.
A cifra anterior segue a ser unha estimación baixa. Consúltense os datos e verase que en Ribadeo sobrepásanse de lonxe os 400 veciños afectados. Tamén sabemos que por cada hora de noite perdida debe computarse alomenos outra de día, o que duplicaría a cotización (co que andariamos xa nos 6.000.000 de euros ó ano, mil millóns das antigas pesetas). Seguen sen contarse aspectos tan variables na súa imputación como a comprobada maior incidencia de enfermidades por baixada de defensas no organismo, que son moi difíciles de contabilizar e dun valor económico tamén maior, a perturbación da vida social dos afectados, ... Sen contabilizar tampouco, por suposto, o que poderiamos chamar emolumentos sociais, por non estar tan definidos os afectados, senón máis diluidos: o valor dos mexos en lugares públicos, vidros rotos no medio da rúa ou pelexas, ou, noutra vertente, presións sicolóxicas, sociais ou ameazas ou aínda, noutra terceira perspectiva, o valor dos servicios públicos extra con necesidade causada por esta temática, ou a diminución de valor dos inmuebles causada por estes movementos nouturnos, entre outras posibilidades a valorar e que incrementarían as cifras anteriores. De calquera xeito, os cálculos realizados ata aquí quedaranse en minucia o día que a xente comece a reclamar os seus dereitos, en vez de regalalos como ata agora.
O segundo conxunto de valoracións sería a importancia económica que para Ribadeo teñen a movida e o ruído. Neste aspecto teño menos datos, en particular se estimamos cousas como que as cifras que manexan os empresarios están lonxe das que dispón hacienda. Ó anterior increméntase a dificultade en estimar a porcentaxe que corresponde ó ruído non xa nos aportes de cartos á caixa senón nos cartos que se quedan en Ribadeo a través de mecanismos como soldos ou ganancias e no que podería tomarse como base de calculo a cifra de cen ou 120.000 euros por noite de sábado, o que tendo conta doutros días con influencia, venres, festas, e meses de verán, nos leva a uns 7-9.000.000 de euros ó ano do conxunto da actividade. Nembargantes, se tomamos en conta o modelo de negocio seguido noutros lugares, a porcentaxe sobre a cifra anterior sería próxima ó cero, pero aínda sen tomalo, repartindo entre o que significa a socialización da asistencia a locais nouturnos, a compoñente da hora, etc, o ruído non deixa de ser unha fracción do total. De calquera xeito, se se considera que o monto do que poderiamos chamar ganancias para Ribadeo sae unha cifra comparable ó custe económico, vése claramente que aínda no aspecto máis desalmadamente económico, non é rentable para o conxunto da poboación.
Os dous conxuntos anteriores lévannos a outra consideración: quen 'disfruta' das ventaxas e quen 'soporta' os inconvintes. Parece lóxico que exista, nunha economía equilibrada, un trasvase de recursos entre ambos grupos. Na actualidade está claro que ese trasvase non se da, polo que non me extenderei sobre o tema. E aínda considerando unha terceira entidade, a mesma estructura do Concello, resulta que son os mesmos afectados polos inconvintes quenes teñen que pagar parte dos servicios para tratar de paliar os mesmos inconvintes que sufren, subvencionando así a fonte dos seus propios sufrimentos. A notar que o principio de actuación non só dos concellos, senón tamén dos partidos e máis aínda dos de esquerdas, debera basarse nun suposto de fomento de equilibrio e non dos desequilibrios.
Pasemos agora a unha comparativa. A medio plazo, a actividade desenvolta por un polígono industrial rende tanto e con consecuencias sociais moi diversas, nembargantes xa pode ter netos quen escoitou por primeira vez falar do polígono para Ribadeo e comprendeu de que ía. O caso é que aínda non está comezado.
Con outro aspecto comparativo, e sen ter en conta a moral do mesmo xeito que se emprega para a xustificación económica do ruído, por unidade de venda sería de maior rendemento económico traducir a inxesta de alcohol á de droga (na parte na que non está aínda feita) nunha especie de 'reconversión industrial'. Non creo, visto o valor para enfrontarse ó problema nouturno, que o concello o teña para favorecer dita reconversión.
Non estimo cousas que poden variar abondo os cálculos anteriores: a importancia da seguridade nos locais cunha única porta ou saída de incendios non acorde coa seguridade que pretende dar pola súa estreitez, saír a un sitio pechado ou outras causas, a valoración no mesmo sentido de locais abarrotados, cunha capacidade nominal abondo menor son só dúas mostras de cousas que agora non están sendo valoradas e que se valorarán no caso dun desgraciado accidente, chamando ós responsables a contas.
Non profundizo máis. Non paga a pena para poñer no seu lugar un argumento que xa se descalifica por cousas que no conxunto da vida creo que son máis importantes que os cartos e que estos dificilmente poden pagar.
Finalizo cun comentario de textos extraídos dun documento do Concello de Ribadeo referida a unha reunión o 2/12/03: “Calcúlase que en xuño e de cara ó verán de 2004 poderían estar tódolos establecementos revisados”. “A partir do prazo outorgado procederase conforme á Ordenanza Municipal e demáis normativa de aplicación chegando mesmo se é preciso ó peche cautelar, temporal ou definitivo de quen incumpra a norma”. Para non cansar, baste dicir que esto estáse a escribir na madrugada do 19 de dembro de 2004, pasadas as sete da mañá con xente que sae de locais próximos que polo que parece incumplen sistemáticamente o horario para choteo de quen vixía e no que poderiamos chamar competencia desleal con outros que se ven obrigados a afinar máis o peche, escoitando tirar vallas por enésima vez (40 veces na noite? 50 quizais?) nunha rúa en obras. E sucede tempo despois de que por exemplo un novo local estivera aberto dous meses co visto bó do concello a pesar de incumprir unha ristra de obrigas e estar sen papeis e entre protestas dos viciños. Máis que dicir? Moito máis: ccunha frase feita, iso é a punta do iceberg.

Sunday, December 19, 2004 12:08 p.m.

En novembro, de cumpreanos / No english version
Tódolos meses ocorren moitas cousas. Unha morea de xente cumpre anos, por exemplo. Este mes, tamén o nunca máis esquecido Prestige.
Pero neste caso, en Ribadeo, o que cumpre anos foi a Casa da Ría sen amañar, sen usar, sen un futuro mentres se piden cartos para comezar cousas novas en outros lugares, poñamos As Catedrais, non se sabe se para despois deixalo co mesmo trato que neste caso: esquecido. E non será porque non se lle lembrara ó Concello.
Algo parello sucede con algo completamente distinto: houbo aniversario tamén nos ruídos, pois hai xa un ano que o Concello fixo a primeira reunión para anunciar un proceso que tiña que rematar hai máis de medio e segue sen facelo, nin contestarse ás cartas dirixidas como queixa e protesta, nin.... O ruido acompaña as noites dos fins de semana nas que tanto público teñen as actividades alternativas, rematadas a tempo para que non falte a xente na movida. As rúas están ocupadas. Mentras non se levantou parte da 'pasarela catro calles' ata o penúltimo día do mes, as obras cortaban rúas enteiras dende antes e ata despois de rematar novembro: por derrumbe, a Avda. de Galicia, causando máis trastornos no tráfico e a pesares dos avisos de apertura xa nas primeiras semanas do mes. Por ocupación na construcción dunha vivenda, un vial xusto á carón do corte anterior. Por obras no piso, a futura semipeonal, ... sen contar as invasións das beirarúas ou as rúas por obras, algo aumenta como fungos. Máis lento, con obras do que se podería chamar “menor calado”, seguen as obras na zona portuaria, comezando un novo frente de obra na antiga cruz vermella do mar e cetárea.
En espera da posibilidade de intervención dos veciños nos plenos, o Concello amosou unha nova cara: a casa pintada de cor rechiscante segundo algúns, pode que para acompasar ca estatua do Marqués. No interior, seguen as mesmas cuitas que en meses pasados, amosando un Ribadeo polémico que tanta falta faría noutros menesteres, para compensar agrias confrontacións na prensa ou os anuncios de cousas que ... algún día poida que se faigan. Ó tempo parece anunciarse e desmentirse a volta do xulgado a Ribadeo, a reclamación dunha ligazón na circunvalación coa carretera de Vilela, dúas cousas nas que, cos seus máis e os seus menos, os grupos políticos están de acordo en bloque, entre outras propostas nas que se discrepa. E dúas cousas que se nomeraron como causantes da variación do Concello en relación ó recheo.
Novembro, por mor de Santa Cecilia, é o mes da música. Aínda que houbo moitas outras actividades (aí queda por exempo o mariñeiro que lembraba o Prestige no teatro), os actos en honra da patroa da música colleron protagonismo. Comezaron cunha homenaxe a Carlos Cid a cargo da coral polifónica e remataron ca actuación dunha revitalizada Banda de Música lembrando a Hernán Naval.
Ribadeo europeízase. En novembro comezaron a rexir varios novos proxectoes europeos relacionados con servicios internet, que se suman ós xa moitos que mantén o IES Porta da Auga dende a pasada década. Noutros sentidos, globalízase: non se sabe xa o número de relixións que teñen crentes no povo; aínda que non pareza o motivo de que o Opus Dei comezara tamén a moverse na vila.
Case cerrando o mes, unha manifestación protestando pola violencia contra as mulleres uniu as dúas beiras da Ponte dos Santos, entre outras actividades co mesmo fin.
Eso e moitas outras pequenas cousas ocorrían en Ribadeo mentras os marines asaltaban Faluia e as eleccións iraquís levan camiño de retrasarse. Mentras por mor doutras eleccións o povo ucraíno está a ter unha revolución pacífica nun primeiro momento. Mentras o euro bate ó dólar e a economía europea se resinte. Mentras por enésima vez volta a subir o petróleo tras unha guerra para baixalo. Mentras a China xa se recoñece como potencia económica. Mentras se quere reformar a ONU, ...

Wednesday, December 8, 2004 12:24 p.m.

Cita sobre ruido / Quotation over noise
“E a xente escapa das incomodidades da cidade, os prezos abusivos, as vivendas pequenas, os ruídos nocturnos... e a marcha.” Suso de Toro, Ten que doer, Edicións Xerais Vigo 2004, p. 95
"And people go out the inconvenients from city, higher prices, small flats, noises in the night, ... and the 'marcha'" Suso de Toro, Ten que doer, Edicións Xerais Vigo 2004, p. 95

Wednesday, December 8, 2004 12:00 a.m.


Máis aportacións á historia do ruído en Ribadeo / No English version
...E esquecéuseme a condena do Valedor do Pobo de Galiza, feita ó Concello no 2001, e xa irei lembrando, que hai máis cousas.

Friday, November 19, 2004 07:47 a.m.

Aportacións a unha historia do ruído en Ribadeo./No English version
Aportacións a unha historia do ruído en Ribadeo.As prudentes palabras verquidas fai poucos días polo sr. concellal de orde pública de Ribadeo fixéronme reflexionar que é posible que moita xente non esté o tanto da historia do ruído na localidade, e de aí que estea a escribir estas liñas aportando datos e só unhas poucas explicacións dos mesmos.
1.Aínda que teño noticias de queixas anteriores, a primeira documentación escrita polo ruído nouturno de xeito continuado da que dispoño é de 1993, estando o equipo de Governo municipal formado por xente do BNG.
2.Dende aquela data existe un rexistro de queixas, denuncias, noticias, etc. sobre o tema que indica que non houbo unha discontinuidade e si que medrou a cantidade e 'calidade' de ruído.
3.De 1993 a 2000, isto é, en mandatos do BNG (o primeiro par de anos) e o PP (os seguintes) as queixas fóronse incrementando paulatinamente. Dende entón mantéñense en niveis semellantes, a non ser polas variacións debidas á fundación da Asociación de Veciños 'O Tesón' e a posta en funcionamento do sonómetro e o incremento do seu uso.
4.No primeiro mandato municipal referido (BNG) non teño referencias de tratamento do tema polo Concello, nada máis que a nivel informal de comentarios entre alcalde e algún empresario, polo que non podo aportar máis dados sobre a existencia de actuacións por parte da alcaldía ou delegacións correspondentes.
5.No segundo e terceiro mandatos (PP) teño noticia de que pasaron polo Concello diversas persoas e houbo entrevistas co alcalde, (en algunha das que participei), se ben na última parte do mandato cortáronse as relacións. Foi neste mandato onde teño constancia de denuncias sobre toda serie de irregularidades aínda non correxida na súa maioría.
6.O ano 2000 marcou un fin de período ó incrementarse a presencia da noticia nos medios, incluída a TVG, desembocando na inclusión de normas sobre contaminación acústica no RAMINP e a atención temporal de ACISA.
7.A raíz do RAMINP, foi dado un prazo de posta ó día dos locais, posteriormente ampliado e logo esquecido, aínda que parece foi usado para denegar algunha nova licencia por impedimentos como a distancia entre locais e tras intervención veciñal.
8.No mesmo período continuaron as queixas e puxéronse algunhas portas dobres nalgúns locais, ó tempo que foron concedidas novas licencias ou ampliadas outras, e se xeralizaron as medidas do sonómetro, con dados que estatísticamente son estables dende entón.
9.No ano 2003 prodúcese o cambio municipal, pasando a detentar o governo a coalición PSOE-BNG, e prométese unha actuación sobre o tema para despois do verán, no que non hai actuación especial. Séguese co mesmo tratamento que anteriormente, incluída a revisión do sonómetro cada 11 meses, no mes de máis ruído (algo que foi denunciado e corrixido no 2004 a instancia de quen esto escribe) ou os informes da P.L. sobre portas abertas.
10.Unha vez posta en marcha a actuación prometida, para a nunciar a que o sr. alcalde convoca unha reunión a varias bandas a tal fin, hai noticia de diversas obras, un aprazamento anunciado nunha nova reunión de características semellantes a anterior, un informe de actuacións xa levadas a cabo (non das pedidas ou das non feitas, e pasado á asociación de veciños) e córtase a comunicación, ampliando novamente o prazo segundo noticias extraoficiais ata setembro (é dicir, unha vez máis pasando o verán) e sen noticias nin dese xeito, ata a actualidade (mediados de novembro).
11.Consta que si houbo revisión nalgúns locais, pero non o resultado, nin sancións ou outras referencias máis que o nivel de ruído estable variando segundo tempada e o que se ve da situación sobre ocupación de locais, salubridade, normativa de traballo, illamento, ...
12.Consta asemade que a P.L. segue a facer informes sobre portas abertas, que a dobre porta non está sempre funcionando, que se seguen a sacar vasos de vidro, que o botellón está sendo controlado nos lugares onde se toma, que os ruídos seguen acompañándose de lixo, incluídas mexadas en calquera lugar cun pouco de entrante, devoltos, sangue, vidros, ...
13.Consta que as queixas non cesan, facendo aínda 'O Tesón' de moderador para tratar de que os ánimos dos particulares non se exalten, e iso despois de casos de ameaza e de emigración de xente a outros lugares para fuxir dunha situación insoportable.
14.Consta que neste momento xa foi pedida unha resposta escrita para finalización do proceso iniciado polo Concello e do que non se ven resultados, despois de ser solicitado de diversos xeitos anteriormente.
15.Consta que se deixou abrir baixo palabra un local ilegal boa parte deste verán ata pasar as festas, recibindo unha forte constestación polos veciños e obrigando éstes o seu peche.
16.Consta que ten cerrado algún outro local, pero non por actuacións do Concello.
17.Consta que a concellalía de Medio Ambiente hai tempo declinou a súa responsabilidade, e a de Orde Público máis recentemente, deixando á alcaldía a totalidade do tratamento do tema (parecido á corporación anterior)
Todo o anterior é exposto en prespectiva, é dicir, fixando máis a atención nos feitos e situacións máis recentes.
En fin, quedaría por detallar moito máis polo miúdo e outras cousas menos significativas ou das que non teño noticia, pero para ter un esquema da situación creo que xa hai dados abondo.
Vaia por tanto o meu recoñecemento ós escasos resultados obtidos ata o momento por calquera das corporacións municipais (sempre baixo presión veciñal), xunto co comentario de que sobre palabras ditas hai moito máis en calquera dos mandatos que sobre o cumprimento de acordos, normas ou decisións escritos.

Friday, November 12, 2004 11:52 p.m.

Outubro, Kafka en Ribadeo / No English version
Kafkiano e un calificativo que váille ben ó humano, precisamente porque é humano, en doses reducidas; maiores, son perxudiciais e fan caer o peso do seu significado como unha lousa. Cal é a dose adecuada?
Comezou o mes cun nome francés: Loctudy. Tras (e aínda antes) da visita dunha delegación bretona, a perspectiva dun irmanamento levaría camiño de converterse nun tema normal de exposición de opinons, pros e contras, se non houbera outros temas, pero hóuboos.
Máis mortes na estrada deberan levar a accións concretas. Nembargantes non foi eso o que levou á constitución dunha Comisión Mixta Permanente para Infraestructuras na Mariña, chocando coa mancomunidade ó ser vista como unha institución paralela de presión ó poder. É dicir, en troques de buscar unha colaboración por intereses comúns, ténse un enfrontamento por políticas diferentes... Por certo, falando de infrestructuras, novamente houbo noticias sobre a autovía, que se por noticias fora, debera de estar a piques de rematar.
Relacionado tamén con tráfico, este mes contribuíu co afundimento da Avenida de Galicia por unha obra, pode que só aparentemente máis que as beirarúás previamente cortadas por esa e outras obras. O mesmo feito trastocou a idea de que os terremotos só os produce a natureza: todos sabemos agora que tamén os poden producir constructores e arquitectos, a imaxe dos naturais, con intensidades grandes e réplicas máis pequenas, como amosa o desplome de xeito sucesivo dunha beira dunha vía como a de Galicia.
A xestión desas cousas, como sabemos, fáise dende o interior da Casa do Concello, que, alomenos vista dende fóra, amosa unha situación desconcertante: hai mostras de pintura de tonos amarelos e vermellos no Concello, separadas, para xulgar e para dar cor ó edificio; o que se diría 'unha nota de cor'. Mais o de desconcertante tamén é aplicable a non ter rematado a comisión de acoso e non ser aceptada a trámite a denuncia, aparecer máis escritos sindicais en apariencia sobre o convenio pero máis ben de ataque preventivo, ... Ven ben ó caso a renovación de 'xira con nós', que resulta ser un conxunto de actividades para cativos, distraelos e tamén formalos. Asemade veñen ben os anuncios do mercado: produtos da horta, flores, ... que lle dan unha vida nova ó mercado dos domingos, distraen e crean relacións. Da Casa do Concello non deixa de contrastar a petición feita a portos da cesión de uso dos locais non utilizados en Mirasol, que continuarán sen usar ó ser respostada negativamente. Mentras, séguese adiante coas obras na ría porque polo que parece é necesaria unha ampliación (a este paso, da ría).
Din as crónicas que o alcalde veu convencido polo modelo de uso público de bicis que se fai en Xixón. Para cándo? Mentras, non se podía ir poñendo en marcha un carril bici ou os aparcamentos para dúas rodas, ámbalas cousas xa pedidas? Entre tanto barullo, parece que o plan de ruídos está esquecido: non é que sufra retrasos, é que non aparece por ningun sitio: palabras que se levou o vento? Mentras, no mesmo apartado, o concello ten sen actualizar as revisións do sonómetro. Será que xa non hai ruído? Hai actuacións para poñer en marcha as noites activas: pídese ás asociacións colaboración para manter unha actividade nouturna. Funcionará ou será permitir á xente un axeitamento máis paseniño para ter máis concentración de movida a horas máis altas? Din que noutras partes funcionou. Aquí debe tomarse como un 'plan B' ó non ir adiante o control por outros medios.
De educación: O Colexio Público escenificou unha división parental en dúas A(N)Pas; tal parece que o problema non está aínda resolto. Hai outros pobos que van por derroteiros diferentes: a UNED en Viveiro lémbrame a indicación que fixen vai 15 anos ó máximo responsable municipal ribadense, supoño que abono antes de que comezara o movemento de aproximación viveirense coa universidade a distancia. En contraste, un oase de ilusión: en tempo récord, a Escola Municipal de Música logrou que se vira a súa labor dende unha perspectiva construtiva, como se diría, 'con orde e concerto', este último previsto para Sta. Cecilia.
Non se crea que kafka visitou Ribadeo para quedarse; unha ollada fóra amósao: entra en Vigor o Protocolo de Kioto tras a aprobación en Rusia, forzada pola UE... quen tivo que traballar duro a pesares un forte retroceso de emisións en dito país debido ó descontrol económico. Nos EEUU importan máis os cartos en campaña que as mortes tamén en campaña (doutro tipo), ilustrando o que é unha plutocracia. En Francia tratan de dar marcha atrás para impor o ilegal 'castigo colectivo' no ensino. Estase comezando a falar de 'guerra de xeracións' cando en Galiza sabemos que 'os vellos' son os que tren os cartos para 'os novos'...

Friday, November 5, 2004 08:57 a.m.

Unha visita a Alemaña / A trip in Germany (no English version)
Toda viaxe presenta contrastes. Unha vez integrados na UE, parece que a uniformidade debe der a tónica dunha viaxe por Europa. Nembargantes, se aínda pola nosa viciñanza podemos atopar cousas diferentes, máis canto máis lonxe miremos. Por esoa tentación de dar unhas cantas pinceladas sobre contrastes ou parecidos. Así, ó chegar ó aeroporto de Francfort sorprende a disponibilidade de xornais en alemán e inglés á disposición dos viaxeiros, aínda que non tanto como o contraste e a compatibilidade entre cafeterías e máquinas expendedoras tamén de café de expedición gratuíta.
Procurando por sinais da nosa terra, na biblioteca de Hersbruck (12000 habitantes no municipio), busco nos sete libros en castelán que non son de lingüística e atopo, entre Sábato e traduccións para escolares de Neville, ¡A la mierda la bicicleta! do noso veciño Gonzalo Moure. Biblioteca organizada, ten un caixón onde pon sinxelamente 'libros para levar', do que se poden sacar sen condición algunha libros cedidos tamén de xeito incondicional por xente anónima. Con sección de video, programas, xogos e internet (este, con acceso a razón de 1 euro hora), está conectada non só coa do centro de ensino medio da vila coa que complementa horario, senon tamén coa rede nacional que permite a unha bibioteca escolar como a do Paul Pfinzing Gymnasium (PPG) prestar libros que se atopan no fondo bibliográfico de outra moito maior na veciña Nuremberg. Na maior libraría do pobo (a ollo, máis de trinta mil exemplares forrando as paredes e creando diversos ambientes) chama a atención ver unha estantería con libros con papeliños de pedido esperando ós compradores que os encargaron.
A construcción escolar do PPG, un edificio comezado nos sesenta do pasado século e posteriormente ampliado, destaca pola súa amplitude tanto como pola súa luminosidade, funcionalidade, robustez ou dotación de material, en competencia co coidado no seu mantemento ou o illamento acústico que o convirte nun lugar cun silencio só roto pola gallaroufa nas saídas das clases dos alumnos. Os que, unha vez chegado un tempo máis ou menos apacible, fan uso masivo das súas bicicletas para achegarse ata as clases. De xeito semellante pódese ver que está construído o Grund und HauptSchule Happurg, escola primaria e de secundaria obrigatoria dun pequeño pobo veciño, que non ten dous ximnasios como o centro anterior, pero si unha pequena piscina usable pola comunidade. Todo, nun entorno que entre un regato artificial ou unha 'serpe' que serve de asento para os rapaciños, ten construída unha cabana de xogos feita de xeito voluntario por unha agrupación, se ben foron os pais e os mesmos alumnos os que traballaron na serpe e resto de xardín. Esa foi tamén a dinámicapara o regato artificial, no que os pais foron axudados (nos aspectos técnicos) por unha empresa de xeito gratuíto. Todo tras pasar, nas mesmas aulas do GHSH e coa mesma xente nova que as frecuenta, por todas as fases de ideación, deseño e maquetado.
Hersbruck está levantada a partir dun núcleo antigo con casas de estructura de madeira e rehabilitadas, extendéndose como calquera outro pequeño pobo da zona con vivendas unifamiliares e algo de verde a partes iguais con edificios de pisos, compartindo en calquera caso un illamento que contrasta coa cantidade de zonas diáfanas das que dispoñen. As tendas están limitadas ó centro, limpas, ordenadas e ben coidadas; non son unha exposición, pero en moitos caso parécenno dende as rúas peonís adoquinadas do centro. Igual de coidadas que as tres igrexas de outras tantas confesións (algunha, edificio histórico) nesta vila industrial e ó tempo pequena cidade dormitorio de Nuremberg.
Enamorado de Hersbruck? Non, mais é un lugar cunha calidade de vida moi alta, e envidiable en moitos aspectos, pode que precisamente aqueles nos que é máis doado de aprender. Non ten fallos? Ó escribir pasábame pola cabeza: estame quedando unha imaxe demasiado bonita, das que non se creen... pero estouno vendo agora mesmo e atópolle poucos e pequenos peros: seguramente se vivira aquí atoparíalle máis.

Tuesday, October 26, 2004 08:47 p.m.

Despois dun periodo de inactividade/After an inactivity period
Despois dun periodo de inactividade no gueblo (razóns de traballo e outras), recomezo paseniño, espero que por cousa dun mes longo... Vémonos.
After an inactivity period in the weblog (because of work and other), I re-beguin with calme, I hope that by more than a month... We will see.

Tuesday, October 26, 2004 09:43 a.m.

Setembro: festa e resaca en Ribadeo / No English version
Comezou setembro como tódolos anos coas festas patronais. E, como tódolos a nos, despois de rematalas, quedamos aquí só a xente de tódolos días, coa conciencia de que o verán xa se foi aínda que o tempo pareza desmentilo e se poda aproveitar a praia ata fin do mes. É dicir, cunha especie de resaca de moitas facetas diferentes, onde algún aínda descobre cousas non tan novas como as rotas en Sta. Cruz ou o escudo constitucional da Aduana.
Culturalmente, entre outras moitas manifestacións, destaca R que R, que deu vida á expresión de novas formas de ver o son e a imaxe 'estilo Ribadeo'. En clave de cultura tamén tivo lugar o comezo de actividade na Escola de Música, tras unha elección de director que foi invalidada polo mesmo elixido ó non querer o posto e unha reelección que fixo que viñera á vila o que moita xente ve como un esprito renovador.
De calquera xeito, a noticia do mes foi o encallamento do Marja, mercante que ó quedar sen máquinas hábiles foi dar contra as rochas e constituiu unha atracción turística tanto de día como de noite. Relacionado tamén co tema marítimo, segue o xa case sempiterno dragado na ría, acompañado por máis obras cada vez. Agora non só está cheo de escombro o antigo recheo, senón que os bloques ocupan o máis recente peirao pesqueiro.
E, para compensar as obras na beiraría, as pasarelas de goma seguen no centro da vila, aumentando a pesares dos accidentes, mentras comenzou a chamada peonalización e 'humanización' da rúa Reinante, que voltou a interferir no tráfico e aparcamento, alongando a polémica sobre o tema. Pasou setembro e os plenos seguen sen ter intervención popular, e non me refiro a intervención do partido que leva ese nome, senón das asociacións do povo. Por exemplo, O Tesón, que mantivo unha asamblea na que ó final, os viciños pediron máis intervención para tratar de atallar o ruído nouturno e a merda que o acompaña á mañá seguinte. Nese ruidoso tema, Ribadeo segue os signos dos tempos: cara ó fin do mes, case coincidente co anuncio dunha guerra ó turismo etílico en Cataluña, aquí lanzouse a iniciativa de fornecer actividades alternativas ás típicas da movida, rematando ás tantas da noite e coa esperanza de evitar os efectos nocivos que acompañan a celebrada movida: as demasiadas veces que se acada nas vivendas a viciñanaza dos 50 decibelios ás tres ou ás cinco da mañá, alto consumo de alcohol, vidros rotos, mexadas, devoltos, ... O anterior, a pesares dunha normativa municipal que non o permite. Claro que hai que aplicala e non aplazar a súa posta en marcha ano tras ano para que non suceda como en tantos outros sitios: este mesmo mes sonou a alarma polo despoboamento do centro histórico de Viveiro, no que actúan non só a maior dificultade de acceso ou o custe de rehabilitación das vivendas, senón tamén unha movida que está íntimamente relacionada co ruído e dificultades de adaptación social doutro xeito.
Todo, cousas menores fronte á movida en norteamérica preparando as eleccións, e no globo enteiro seguindo os movementos para saber quen mandará a nivel político no mundo os próximos catro anos. Pero cousas menores que nos afectan na nosa viciñanza e que determinan a nosa vida aquí e agora.

Thursday, October 7, 2004 10:42 p.m.

Máis sobre discriminados en Ribadeo / No English version
Recibín esta tarde este correo electrónico que supoño que sairá na prensa próximamente. Non está en galego, que é a lingua deste sitio, pero por ser un tema de interese no que levo posto xa varias cousas e non remata, aí vai tal como a recibín:
" En el semanario “La Comarca” de 11 de setiembre me involucra un tal “Pepe Jones” en una serie de comentarios vomitivos en los que también aparece El Tesón , La Plataforma por la Defensa de la Ría y José María Rodríguez y yo digo: 1) La gente que forma esas asociaciones da la cara y no se esconde, José María y yo no nos escondemos, usted verá si tiene “pepe jones” para no esconderse tras un seudónimo y dar la cara, pero lo dudo. 2) Mi huelga de hambre duró 12 horas pero podría haber durado 12 días si no saliera José Carlos Rodríguez Andina con el calendario de la comisión, y si, después de 8 años con él como Alcalde y jefe de personal y siendo mis ideas de izquierdas confió en su palabra. 3) Para contentar a los de su calaña y por ser de izquierdas debo dejar que se pisen mis derechos y libertades (derechos y libertades por los que murieron y sufrieron tantos españoles, entre ellos mi familia) 4) Israel escalofría y España también porque ni partidos ni sindicatos se ocupan ya del trabajador y de ahí que las asociaciones de vecinos, la gente del pueblo tenga que hacerse oír para que se respeten los derechos y libertades. 5) No mezcle la política con el trabajo, yo lucho por unas condiciones dignas y si usted tiene valor, aunque lo dudo mucho, encantada le pongo al corriente de lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de Ribadeo pese a que estoy segura de que ya lo sabe o bien porque forma parte de los que nos están gobernando o de los que salen beneficiados con esa forma de gobernar, que son pocos y muy bien elegidos. Y finalmente en realidad no miente porque todo lo que dice sale del banco de las mentiras. "

Saturday, September 11, 2004 09:45 p.m.

Unha xira por agosto en Ribadeo /No English version
Comezou agosto coa xira e sen novidades, o mesmo que días despois, o Emma Cuervo. Si, a auga tentou de afectar as celebracións pero sen conseguilo, respectando os momentos principais. Esa foi a tónica do tempo no mes: ameaza de chuvia máis que chuvia (que tamén houbo), e temperaturas que facilitaron o suar entre tantas actividades que tiveron lugar. Despois do premio Daniel Cortezón, este mes voltou a ter dende Mar por Medio, cun tema pouco relacionado co título xenérico, ós campamentos infantís desenvoltos tanto no pobo como no medio rural. Entre ambos, moitas outras actuacións como o concerto homenaxe da polifónica a Carlos Álvarez Fernández-Cid ou as exposicións diversas de pintura. Tampouco se escapou que por fin abrira a biblioteca en horario de mañá e tarde. Completou o panorama o pregón das festas, no que Carlos Álvarez Lebredo oficiou de pregoeiro.
No medio do mes, unha xuntanza da 'Xunta local de seguridade' certificou que 'Ribadeo marcha ben', segundo parece, razón que pode que levara a destinar efectivos da Guardia Civil á protección de Calvo Sotelo polas noites, deixando as chamadas dos veciños a este corpo sen ser atendidas de xeito directo.
Na mesma vertiente oficial do mes, renaceron as queixas de persecución no Concello, aínda co funcionamento da comisión. Anunciouse a peatonalización da rúa Reinante, cando os coches ocupan por completo o tramo anterior, Viejo Pancho, 'semipeatonalizado'. O caos circulatorio segue, con ou sen reformas, agudizado pola ocupación das beirarúas polas obras, e nalgún caso, valado de viales enteiros. E seguiu adiante (sen tirar polo momento) o dificio na rúa S. Francisco, xa longamente pasados os dous meses que deu o xuíz para diminuír esas alturas de máis que foron recurridas polos veciños de enfrente. E o ruído... non só en Sta. Cruz, tampouco se evita no pobo, a pesares de levar un ano de promesas, prazos incumplidos ...
Por actuación do Concello, as críticas e apoios á estatua do Marqués víronse superpostas ós comentarios pola aparición de novos Cocos de metal en S.Roque, en competencia cos que só poden saír uns poucos días ó ano.
As relacións de Ribadeo no entorno próximo foron cambiantes: mentras en sitios web da Xunta pódese ver como toda a ría é considerada afectada polo convenio de Ramsar, anúnciase a licitación por Portos de Galicia por 582.793 euros do proxecto de construcción dun edificio multiusos en Porcillán, de baixo e tres plantas, segue a haber vertedeiros incontrolados en Ove, e pódese ver que o recheo feito hai anos, hoxe é usado na súa maioría como eso, un vertedeiro. Na ría, as augas andan revoltas, e así pospóñense as eleccións no náutico tras unha polémica e coa excusa de non ter actualizados os estatutos.
Fóra de Ribadeo, foi o mes dos xogos olímpicos, co renacemento do tigre chinés ('cando a China esperte, o mundo tremerá') e a participación en remo de Carlos Loriente. Foron noticia a nivel internacional o referendum en Venezuela apoiando a Chávez e a entrada en campaña para as presidenciais nos EEUU, e a nivel nacional a aprobación da regulación do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro. Máis preto estivo que o ribadense Miguel Pérez fora ouro en 200 e 400m e prata en 1500 libres no campeonato de Galicia en natación celebrado en Ourense e a aparición de medusas nas praias.

Saturday, September 11, 2004 01:30 a.m.

Maís novas de Ribadeo / More news on Ribadeo
Agora xa hai dúas estatuas metálicas máis: as estatuas son dos Cocos, en S.Roque, onde a fonte (en troques de)... ( a verdade que me gustan abondo máis eles nese sitio e pinta que a cor do Marqués de Sargadelos do mes pasado)
We have two more statues. They are the 'Cocos', the typical Ribadeo's puppets. The statues are in S.Roque, in the fountaine (in the site of...). Certainly, I like more these statues in this site, colour and situation that the statue of Sargadelo's Marquis inaugurated last month

Thursday, September 2, 2004 10:05 p.m.

Máis información sobre Psalmus / More information on Psalmus
Ver en foula/psalmus
See in foula/psalmus

Thursday, September 2, 2004 09:54 p.m.

Estreno de Psalmus / Premiere of Psal
Venres 3 de setembro 2004, auditorio municipal, Ribadeo. Estrea unha nova película de Mariano e Santi
Friday september 3, 2004, auditorium Ribadeo. Premiere of the new film of Mariano and Santi

Thursday, September 2, 2004 01:57 p.m.

Traducido culturalibre / Freeculture, traslated in Spanish
Foi traducido ó castelán un libro sen desperdicio: cultura Libre. A por el! (merece a pena)
Free Culture was traslated in Spanish, Go! (it's very interesting!)

Thursday, September 2, 2004 12:09 a.m.

Novo chamamento para a galipedia / A new call from galipedia
1570 entradas. Esa é a tarxeta de presentación da galipedia, a wikipedia en galego. Está chegando a un punto no que para manter o ritmo e facer dela unha enciclopedia de uso frecuente necesita de máis colaboradores. Apóntaste?
1570 articles. This is the presentation of the galipedia, the galician wikipedia. Can you collaborate to continue growing?

Friday, August 27, 2004 09:01 p.m.

Publicado en A Mariña-El Progreso o 19-08 / News in A Mariña-El Progreso 08/18 (no English version)
Xullo: a reconquista de Ribadeo
Xullo, un mes político. Ese podería ser tamén o título desta breve narración do transcurso mensual en Ribadeo. O mes que marcou a nivel estatal os cen días de governo socialista, foi político tamén a nivel de Ribadeo ata o seu derradeiro día, por obra e gracia dun pregón, si, de festas populares, un pregón popular.
O pregón foi antecedido só por un día da noticia de que ¡por fin! haberá polígono. Algo que pasou case desapercibida, pode que pola incredulidade despois de décadas de dicir que estaba xa conseguido. Unha data orientativa pode ser 2006, aínda que despois do tempo de espera, calquera se atreve a dar con precisión o día en que o solo industrial deixe de ser un colo de botella para o desenvolvemento da vila. O día antes lembrábase a José Couso, cun libro, “José Couso:La mirada incómoda”. E dous máis, o martes 27 retornou á súa casa, a Casa do Concello, un Ibáñez non bronceado, senón polícromo e saudador, baixando as escaleiras camiño ... segundo din os agoreiros, do seu terceiro linchamento calquera noite destas.
A segunda parte do ano comezou con este mes longo que hai que acortar en noticias das que segue a producir Ribadeo en cantidade. Deu comezo a invasión temporal de Ribadeo polos turistas, e ó tempo, a reconquista de Ribadeo polos mesmos ribadenses. E non me refiro á sorpresa de que o circuíto urbano de ciclismo lograra o que non puido a igrexa no Corpus: fixo retirar a Alfombra de Goma da Pasarela Catro Calles. O que non logrou foi que despois de retirada non fora reposta en parte e noutra parte, almacenada in situ.
Todo o mes á espera do primeiro pleno municipal con intervención veciñal, o Concello segueu a dar sorpresas e foi novamente de xeito literal o centro do povo. Noticias como que está previsto prolongar ata as aceas o paseo pola beiraría, despois dunha recuperación da enseada da Vilavella que se promete próxima, compiten coa adhesión a E-RUS, unha asociación para lograr cartos da UE para o desenvolvemento da sociedade da información, neste caso, no rural, e parecen chocar coa maior dificultade de tránsito na zona portuaria.
Tamén de xeito interno foi noticia, coas secuelas do convenio de persoal. Polo medio, un seminario de xeración e maduración de ideas tentou de animar o tecido empresarial do povo cara á súa diversificación e á xeracion de emprego, e competencia nutrida entre cursos e xornadas (patrimonio, medio ambiente...) con todo tipo de actuacións, entre as que son de salientar as varias e aplaudidas que ofreceu a banda ó seu público.
Ribadeo segue a salientar noutros campos. Así, neste mes no que os turistas se reparten a beirarúa cos anuncios de obras e valados ou aparcamento collido ó vóo, ou no que pinchou a policía local debido ós vidros da movida, coñeceuse a nota de selectividade cun balance que deixou a catro alumnos ribadenses entre os mellores de Galicia nesta reválida, multiplicando así por nove os resultados medios xerais. Un pequeño comentario máis: como dende fai anos, Ribadeo albergou as xornadas medioambientais, coincidindo esta vez coa presentación do Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión de gases de efecto invernadoiro para cumprir o Protocolo de Kioto. Nembargantes, a temática ribadense era máis prosaica que a salvación da saúde ambiental do planeta: Bioterrorismo. É dicir, outra máis das secuelas do 11S, mantida esta vez sen aporte da Xunta.
E ben, ¿que son todas estas novas fronte ó xenocidio en curso no Sudán, ou mesmo que Médicos sen Fronteiras se vexa forzado a marchar de Afghanistán porque a guerra, oficialmente finalizada, é terca na súa determinación de seguir?

Saturday, August 21, 2004 02:41 p.m.

As novas olimpiadas / The new olimpiades
As olimpiadas das multinacionais, cabería dicir... O que elas desvirtúan, que non se volva virtuoso de novo: está desvirtuado. Aconsello un artigo
The Olimpic-enterprise games, we can say... That the multinational enterprise touch, can't put as virtuous: isn't virtuous. An sample new

Friday, August 20, 2004 11:56 p.m.

Noite e ruído en Ribadeo / Night and racket
As 5 (da mañá) O ruído dos bares e xente na rúa non me deixa durmir. Cándo rematará este suplicio? Ata cnado o permitirá o alcalde?
Five o'clock (in the morning) sound of pubs and people in the street don't permet that I could sleep. How many time (hours today and years all the time) could continue this suplicy? How many time will permit this level of decibels the Mayor of Ribadeo?

Wednesday, August 18, 2004 11:01 p.m.

Calsificación olímpica / Olimpic classification
Martes 17 de agosto: clasificación para a seguinte fase do catro lixeiro de remo de Carlos Loriente nos xogos olímpicos de Atenas 2004. Ánimo!
Tuesday august 17: classification to next phase of the skiff 4 light with Carlos Loriente in the Olimpic Games Athens 2004. Go!

Wednesday, August 18, 2004 10:59 p.m.

----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Arquivos vellos deste blog /Old archives

Para e-correo / e-mail: agremon2001 + @ + yahoo + . + es


Recuncho da lectura

Pensamentos

A galipedia, enciclopedia en galego libre

vieiros
open directory
altavista
google