Agremon blog / the galician Pitas page

Pensamentos dixitais / Digital thinking

Dende / From Ribadeo, Galicia, 43º30'N, 7º05'W

Recuncho da lectura / Galician reading coin
Pensamentos / thinkings
A páxina adicada a Hernán / Hernan's page
Weblog de Mariano / Mariano's weblog
Weblog de Santi / Santi's weblog
Weblog do proxecto europeo Uniting in knowledge, United in Europe (só en inglés)/ Weblog of European Project Uniting in knowledge, united in Europe
Blog do Depto. de Física e química do IES Porta da Auga de Ribadeo / Blog of Dept. of Physics and Chemistry of the IES Porta da Auga (Ribadeo), only in Galician Language

Vieiros - buscador galego

pitas
hotbot
yahoo

Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).Free copyright, with orige quotation, with copyleft license (see the galipedia, wit link in this page).


Unha nota máis: Os arquivos van sendo numerosos, os pasados poden visitarse coa ligazón la beira dereita
A note: Number of archives is crescent; because of that, past articles can be read clicking the link in right up side. ----

Algunhas novas dende Ribadeo/Some news from Ribadeo
1. Dende o pasado día 4 de xuño ata o próximo día 15, na oficina de Turismo de Ribadeo está exposta a mostra 'A ciencia ten nome de muller'. A exposición está adicada ás mulleres científicas ó longo da historia. cosnta de unha introducción ó tema, un listado de biografías tratadas, as propias biografías agrupadas en diferentes apartados e dentro de cada un ordeadas por datas, e un apartado de conclusións en relación coa ciencia e as mulleres. A Exposición ten sido exposta con anterioridade en Ribeira, Narón, Ferrol e Noia, e está previsto que continúe o seu periplo no outono en A Coruña e outros lugares. A mostra, realizada no IES Porta da Auga a raíz dun proxecto Comenius 1, está organizada polo colectivo de mulleres 8 de marzo e o CIM de Ribadeo. A entrada é gratuíta. 2. O sábado 11 de xuño, ás 12 horas no Salón de Plenos do Concello de Ribadeo terá lugar a presentación do libro 'Ribadeando. 2004. Ribadeo de 1X a 31-D' de Antonio Gregorio Montes, quen será acompañado na presentación de Amadeo Arango e José Mª Rodríguez. O libro é unha crónica de Ribadeo ó longo do 2004 narrada dende o punto de vista do autor. Invítase á asistencia ó acto.

Thursday, June 9, 2005 02:49 p.m.

Nota de prensa da AVV O Tesón / No English version
A Asociación de Veciños “O Tesón” de Ribadeo, ante a proximidade as eleccións autonómicas, e en liña con iniciativas mantidas por outros colectivos, envía esta nota a nivel Galicia a todos os medios de comunicación da nosa comunidade e a os partidos políticos máis votados para solicitar unha definición clara destes respecto ó ruído. É ben sabido que o ruído é unha fonte de diminución clara da calidade de vida, producindo diversos efectos negativos que chegan a atentar contra a saúde. A pesar dese coñecemento e da normativa existente para atallalo, a administración moitas veces permite que os niveis sonoros que se acadan sexan netamente perxudiciais, e en algún caso toma aínda medidas que poden agravalos.
Atopámonos así con situacións probadas de ruído nouturno reiterado a través dos anos nas mesmas zonas de movida, pese as queixas e denuncias dos veciños, os datos sonoros obtidos e a falta de regularización de locais respecto á normativa. Tamén noutros casos atópase unha acumulación de ruído diurno, incrementada con medidas como o uso de bandas inadecuadas para evitar velocidades non permitidas. Non entramos a discutir outras medidas supostamente novedosas e en apariencia beneficiosas pero que poden supoñer unha subvención para actividades nocivas e o consumo de alcohol, como ocorre coa subvención a liñas de transporte nouturnas, nominalmente dirixida a evitar accidentes e que non dispón da base dun estudo completo sobre os seus efectos.
Actuacións como as mencionadas teñen requerido por exemplo a atención do Valedor do Pobo, que ata onde chegan as súas posibilidades e medios, ten condenado a diversos concellos. Nembargantes, tamén é histórica a postura de moitos políticos que representa un 'deixar facer' que beneficia ós infractores da lei. Para xustificala, por exemplo, tratan de instaurar na mentalidade da xente un erróneo conflicto de intereses entre veciños e sector hosteleiro/movida, mentras se permite a vulneración de dereitos fundamentais. Algo semellante pasa coa complacencia manifestada co funcionamento do sistema, minimizando ou tapando situacións anómalas.
Nesta orde de cousas, actuacións como o aumento de horario de apertura de locais nouturnos ou a promoción de turismo de movida significa un auténtico bofetón na cara da xente que sufre noite a noite os seus efectos.
Por eso, para tratar de minimizar esta situación que perxudica non só a calidade da vida, senón tamén a saúde da xente, esta Asociación de Veciños solicita ós partidos políticos en campaña unha definición clara sobre o tema, acompañada de propostas de medidas a tomar.
En Ribadeo, maio de 2005.

Tuesday, May 31, 2005 03:48 p.m.

Invitación a Conferencia pública internacional / International Public Conference invitation
Programa da International Public Conference dos proxectos HeLPS e ISLES, a celebrar no IES Porta da Auga de Ribadeo o 28 de maio.
HeLPS e ISLES son dous proxectos Leonardo da Vinci conectados a partir dun proxecto anterior compartido por varios dos socios destes dous proxectos.
Ambos actúan en relación co e-learning. Pode verse como información a páxina web do proxecto ISLES, http://www.leonardo-isles.net/ (a correspondente ó proxecto HeLPS non está aínda operativa).
A conferencia será en inglés con traducción ó castelán.
Inscricións gratuítas do 18 ó 25 de maio (límite de prazas, preferencia personas con relación coa ensinanza e/ou internet) .
Para máis información, chamar ó IES Porta da Auga, 982 128 894. Antonio Gregorio
---- 28/5/2005 - 9.00-14.30
"*VOCATIONAL TRAINING AND E-LEARNING.** WHAT RELEATIONSHIP?*"
9.00-9.30 - Reception
9.30-10.30 - Welcome speechs
10.00-10.30 - Prolusion (Giuseppe D'ANGELO)
10.30-12.30 - Round Table
12.30-13.30 - Presentation of the HeLPS and ISLES Projects
13.30 - 14.30 Casual Lunch

Monday, May 16, 2005 10:25 a.m.

Para o PXOM /To the PXOM (without English version)
transcríbese o documento de alegacións ó Plan xeral de Ordenación Municipal de ribadeo feita pola AVV O Tesón:
Quen abaixo asina, D. Antonio Gregorio Montes, Secretario da asociación de Veciños 'O Tesón de' de Ribadeo, en representación da mesma, segundo o acordado en reunión mantida o 25 de abril, presenta as seguintes
ALEGACIÓNS ó PXOM.
Tendo en conta a documentación presentada como avance do PXOM, o acordo entre o Concello e diversos grupos empresariais para establecer varios convenios urbanísticos, as actuacións en pro da difusión do PXOM e ditos convenios, a legalidade vixente e o parecer da directiva da AVV, expoñemos:
1.Que o actual documento que se presenta como PXOM ten notorias deficiencias en canto que non establece un modelo de desenvolvemento e futuro para o conxunto do Concello nin para as entidades de poboación por separado. Asemade, non contempla tampouco criterios ou obxectivos que poideran favorecer a construcción futura de dito modelo, e deixa por tanto as accións planificadas no mesmo como feitos illados dentro do conxunto, tendo en común pouco máis que o estar recollidos nun mesmo documento,
2.Que presenta tamén deficiencias no detalle miúdo. A este respecto pódense citar a modo de exemplo (e por suposto non de xeito exhaustivo):
2.1.a falta ou o trazado erróneo de camiños, como entre O Somo e a Cabana, en Cubelas,
2.2.o trazado do Camiño de Santiago, que non se axusta ó recoñecido en moitos puntos, resultando arbitrario,
2.3.non están recollidas a modificacións xa habidas na ría, como o novo recheo da dársena N de Mirasol,
2.4.diversos erros ben ortográficos, ben de nomenclatura ('O Kostal') ou semellantes,
entre outros moitos que poñen en evidencia a falta de cuidado na realización do documento,
3.Que o PXOM non considera diversa normativa municipal. O anterior pasa por exemplo co RAMINP, que é ignorado citando só normas máis xerais, e aínda é contradito xunto con algunhas destas en aspectos concretos como no art. 153 (p.130, normas de protección ambiental, que tamén contradí outras normas de maior rango en Galicia),
4.Que polo contrario, a redacción actual do PXOM presentado integra dentro da súa literatura unha maioría de temas de lexislación ou definición por normas de rango superior, e polo tanto, substraíbles a citas e anexos. O anterior produce confusión ás persoas que acceden o Plan, soslaiando os temas que son diferenciais, específicos ou susceptibles de variación por non ser de obrigación legal de cumprimento do Plan ribadense. Dificúltase así porlo tanto a comprensión xeral do mesmo e fórzase á persoa interesada a encararse só coas particularidades ou intereses particulares en contra da visión de Ribadeo como comunidade; esto vese incrementado por outros detalles que inducen a confusión (así, a presentación de documentos consecutivos relativos a zonas anexas e aínda solapadas mantendo diferente escala de presentación; vg., fichas 31 e 32)
5.Que consideramos que os convenios urbanísticos tal como foron acordados non favorecen un crecemento harmónico de Ribadeo nin dos seus núcleos rurais. O anterior, a máis de axustarse na práctica ó límite inferior en canto a favorecer ás institucións públicas e ós seus administrados (axustándose aínda en ocasións a lexislación que deixa de ter vixencia no período actual), ademáis de ter unha ubicación inadecuada nalgúns casos e tamén a máis de incidir en contra dos criterios manifestados con anterioridade pola Xunta de Galicia na análise do Plan,
6.Que en particular en 'O Costal' o convenio impide tratar a área da ría como é debido ambientalmente, e como é convinte para o seu aproveitamento sostible en óptimas condicións económicas, é dicir, limitando ó futuro Ribadeo nos dous aspectos de calidade de vida e estructura económica,
7.Que ditos convenios favorecen a segunda vivenda de persoas alleas a Ribadeo, a quenes os afincados deberemos subvencionar as infraestructuras a máis de soportar o aumento de custes das primeiras residencias (tanto en compra como en mantemento) sen unha contraprestación clara en canto a crecemento comercial ou noutros sentidos. E, polo tanto tamén neste aspecto, e unha vez excluídos os posibles beneficiarios direitos pola venda de terreos, perxudicial económicamente para Ribadeo,
8.Que a oferta de solo para construcción neses polígonos, guiándonos pola resposta previamente dada pola Consellería e pola lóxica de crecemento posible de Ribadeo, influirá na falta de solo para a primeira vivenda dos xa afincados e dos que poden representar o crecemento futuro do censo ribadense,
9.Que nos convenios que trata de recoller o plan hai asemade pequenos erros en cantidade, que se suman ós referidos antes do PXOM,
10.Que o plan só se tratou de consensuar con empresarios, e esto en plena polémica e demostración de que alcaldía e empresarios forzaron e desvirtuaron no mellor dos casos o plan anterior, e non con veciños, que só tiveron oportunidade de enterarse das circunstancias e condicións neste mesmo mes. Hai que referir que tanto o sentido común tanto como unha adecuada xestión municipal esixiría un tempo abondo maior e unha difusión do plan e contrastación de pareceres abondo máis amplas das que se están a dar.
11.Que a mesma alcaldía refusou a participación en actividades onde se pretendía realizar unha crítica constructiva dos convenios, deixando en calquera caso a técnicos a posible explicación de convenios e PXOM, pero non a discusión sobre a finalidade, obxectivos, criterios ou implicacións sociais dos mesmos ou do Plan, que queda orfo neste sentido,
12.Que se botan en falta estudos de acompañamento ou laterais como un necesario informe independente sobre a sociodemografía no futuro próximo de Ribadeo, previo a un tratamento serio dos aspectos urbanísticos.
Facendo unha recensión dos puntos anteriores, podemos considerar que hai entre eles tres tipos. No primeiro grupo, as alegacións que implicarían só unha revisión pormenorizada do articulado e planos. O segundo grupo, constituído por aquelas outras que implican unha variación de aspectos parciais do plan. O terceiro por fin, por aquelas que fan necesario unha nova redacción do plan. En función destos grupos citados, pedimos unha nova redacción do plan que deseñe un futuro razoado para Ribadeo, contemplando tamén a nivel particular un conxunto de actuacións cohesionado nas diversas zonas adicadas á construcción e realizado cun cuidado que elimine boa parte deses detalles, erros ou omisións que fan en conxunto inválido o plan para o futuro ribadense.
En Ribadeo, a 28 de abril de 2005.

Saturday, April 30, 2005 10:36 a.m.

Vender fume, vender ruído /No English version
En datas recentes, un edil dun pobo da Mariña acusaba a outro de vender fume respecto ós ruídos. Noutra poboación mariñana, onde o mando político está invertido respecto da anterior, os edís da oposición calan respecto ó problema porque xa o tiveron eles antes, preferiron non solucionalo e non saben moi ben que facer.
O que se está a vender nas noites mariñanas non é fume, é ruído. O fume é o que empregan uns e outros para alonxar o tempo da solución, coa creencia falsa pero arraigada que vender ruído nos locais sae a conta non só para os mesmos locais senón en xeral. Xa houbo quen amosou que as ganancias atribuídas ó ruído non eran tales, que o ruído é innecesario económicamente ademáis de inconvinte socialmente...
Pero a vida segue, e o mesmo que costou erradicar da mentalidade de moitas persoas que a Terra era plana, hoxe hai xente que se aferra a un modelo económico errado na xestión do ocio nouturno. Xente que prefire en xeral facer que fai a facer a secas. Que prefire anunciar medidas máis que levalas a cabo. Que ten medidas abondo para demostrar os feitos, pero que segue medindo para tratar de obter algunha que lle sexa algo máis favorable á política que xa ten na actualidade. Que considera que un euro é un euro sen importar a procedencia ou o que hai que pagar por el. Que non se decata totalmente de que o modelo de ocio nouturno vai máis aló do sinxelo perxuizo contra o sono ou os bens. Que trata de fomentar ese modelo aínda a pesar dos seus perxuizos, maioritarios respecto a calquera beneficio. Que non aplica as leis para favorecer a algúns en detrimento de outros. Que considera os problemas asignándolles unha calificación como a que levan os célebres 'danos colaterais'...
Coido hai temas nos que moitos políticos practican no mellor dos casos a dialéctica, non a política. E o anteror non se cinxe ós que teñen carné dun determinado partido, pois en todos se poden atopar mostras significativas. Parece que na Mariña e neste campo do ruído e en xeral do ocio nouturno aínda estamos a esperar un político que solucione e non faiga só dar palabras, fume ou aínda máis ruído. Un único exemplo do anterior, só para lembrar outras moitas situacións asemellables: collido de A Mariña/El progreso do 25/02/04, L2, podemos ler os títulos, “El Concello de Ribadeo revisa las licencias de varios pubs” “Los propietarios que no se ajusten al permiso deberán ejecutar mejoras”; na foto, o edil e o sarxento da policía local ribadenses. A realidade, máis dun ano despois: continúan as queixas por ruídos, apertura de locais incontrolada en horario e condicións, problemas de convivencia nouturna, descoñecemento público da finalización do proceso iniciado fai ano e medio, descoñecemento de imposicións de sancións ou outras actuacións do Concello, congratulación governo municipal porque todo marcha ben (remítome á reunión da xunta de seguridade algúns meses despois da noticia) ... sen máis comentarios.

Sunday, April 24, 2005 09:15 a.m.

Asina e contribúe a liberdade na cultura / Sign and contribute to the liberty in culture

Thursday, April 14, 2005 09:21 p.m.

O Ribadeo que queremos/No English version
Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non é abondo -necesitas escoller un método que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser «pragmático»(*)
O futuro, antes de vivilo, e se queremos ter algún poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un repaso para contrastalo coa súa posibilidade. Logo aínda, traballar para extender a idea para poder levalo á práctica. Tendo en conta o anterior, parto con estas liñas para unha aterializar unha proposta ambiciosa e concreta: tratar de afrontar un Ribadeo futuro mellor que o actual, intercambiando opinións con tempo antes que o futuro nos alcance.
En certa forma, é o que fan os partidos políticos antes das eleccións coa proclamación dun programa electoral, pero só en certa forma: os programas electorais están feitos en xeral de xeito rápido e buscando non tanto a mellora do conxunto senón máis ben facer anuncio dunha mellora de cara a contar con máis votos, así como dende unha única visión e ideoloxía, sen deixar entrar na discusión outras posibilidades.
Co anteror e a comparación, creo que queda craro o que pretendo con este artigo máis outros que lle seguirán (meus, doutra xente ou mesmo facendo un ataque á pretenciosidade, amplitude, ideas ou liña seguida nos anterioriores):
- Un estado de contrastación de ideas e proxectos cara o futuro, que ilumine as decisións a tomar sobre todos nós, que faiga imposible cousas como as variacións repentinas de opinión, como algunha tristemente perpetrada hai non tanto tempo, ou proxectos que se indicou que van crear unha morea de postos de traballo e crearon só unha diminución de ría, ou o aumento do chamado 'feísmo' que se suma ó acogotamento na construcción, ou ... pon ti nos puntos suspensivos todas esas cousas que estás a pensar.
- Un Ribadeo máis informado que poda controlar o seu futuro, que se vexa máis involucrado nel. Din que a información é poder. Alomenos, da unha visión para tratar de influír no poder. E de aí, ó ceo. Depende de todos os cidadáns. Depende, por exemplo, que os políticos queiran asociarse dalgún xeito a este movemento para levar ventaxa en recoller o contacto coa xente, simpatizar cos votantes posibles na spróximas eleccións ou para tratar de conducilo.
- Pero sobre todo, un pobo que pense no seu futuro. Pensar... pode que alguén vexa como un perigo para algúns que é unha oportunidade para todos.
En caso contrario, e como sucede moitas veces dun xeito ou outro, remataremos dando paos de cego ou tendenciosos boa parte do tempo. Dun xeito ou outro, a nós mesmos.
Collido de “Software libre para una sociedad libre”, editorial Traficantes de sueños, 2004

Saturday, April 2, 2005 09:52 a.m.

información con retardo: Mesa de asociacións en Ribadeo (decembro 04) / No English version
Nota de prensa sobre a mesa de Asociacións de Ribadeo
O pasado venres 17 de decembro, ás 20:00 horas no Parador Nacional de Ribadeo celebrouse a primeira xuntanza de asociacións de Ribadeo.
Participaron 14 persoas de 9 asociacións: a parte da convocante, O Tesón, participaron representantes das asociacións de veciños de Ove, Vilaselán e Vilaosende, de ACISA, a Plataforma de Defensa da Ría de Ribadeo, Amas de Casa de Ribadeo, Familias Separadas e Divorciadas Solidaridade e Asociación de Minusválidos ?A Mariña?.
Na reunión, tras unha breve introducción para organización, pasouse á presentación dos temas que cada asociación consideraba activos e máis resaltantes na actualidade, así como nalgúns casos á presentación da propia entidade.
Rematou a reunión co acordo de presentar cada asociación das presentes un tema para desenvolver máis profundamente nunha xuntanza prevista para o mes de febreiro. Mentras, para unha comunicación máis fluída, encheuse unha ficha con datos de cada asociación.
Unha relación de temas expostos (non exhaustiva e sen considerar a importancia relativa de cada un) é:
Participación das asociacións nos plenos e falta doutras reunións co Concello.
Falta de informacións sobre a circunvalación e a autovía. Descoñecemento da actualidade do PXOM.
Obras no contorno da ría, como as indicadas para a Vila Vella, o novo clube na zona, extensión do paseo marítimo cara a esa zona, cegado dos camiños ó porto, etc.
A realización de obras de xeito respectuoso cos veciños, algo do que se nota moita falta.
A protección social, tanto no relacionado ó apoio á familia como en relación ó centro de día ou hospital, coa necesidade dunha residencia para unha povoación prevista de 20.000persoas.
O polígono, como tema recurrente dende hai moito tempo. A especulación urbanae outros problemas derivados. A accesibilidade a lugares para xente con problemas de mobilidade.
Obradoiros necesarios para xente con necesidades particulares e enfrontamento a solucións de adorno e non prácticas. Reuído e problemas nouturnos relacionados.
Combate da pasividade da povoación para a solución de problemas comunitarios.
Ditos temas foron desenvoltos en diferente orde, alg´ns de xeito repetitivo, polos representantes, sendo un xeito de pulsar a actualidade de cada asociación por parte das demáis.
Algunhas das asociacións convocadas non asistiron, incorporándose polo contrario algunha que non se avisara en principio.
Espérase que esta 'Mesa de Asociacións' sirva no futuro para unha confrontación permanente de ideas e accións comúns, e para superar a actual insatisfacción coa realidade ribadense, propiciando unha mellora a todos os niveis da vida en Ribadeo.
Algunhas das asociacións convocadas non asistiron, incorporándose polo contrario algunha que non se avisara en principio.
Espérase que esta 'Mesa de Asociacións' sirva no futuro para unha confrontación permanente de ideas e accións comúns, e para superar a actual insatisfacción coa realidade ribadense, propiciando unha mellora a todos os niveis da vida en Ribadeo.

Saturday, March 26, 2005 12:01 p.m.

4000
Semana Santa 2005. Coincide o inicio da primavera. E lémbrome de hai poucos anos, cando se lanzou a campaña Mil primaveras máis coa tradución de Alba de gloria de Castelao do seu orixinal galego a moitas linguas diferentes de tódalas partes do globo. Esta Semana Santa de 2005 será lembrada por moitas cousas. Entre estas, contarase un feito que entronca coa primaveral campaña: a Galipedia acadou e sobrepasou os catro mil termos. De novo hai que explicar que é iso da Galipedia, que importancia teñen esas catro mil entradas, ... Digo de novo porque non é a primeira vez que a Galipedia sae como nova na prensa, pero como xermolo que é e como novidade continua, necesita de aclaracións. É unha enciclopedia libre e colaborativa en galego que medra en internet. O seu enderezo, http://gl.wikipedia.org. A nosa póla da maior enciclopedia a nivel mundial, con máis dun millón de termos, algo menos da metade deles na versión inglesa (a versión castelá anda só por algo máis de dez veces o volume da galega) que naceu hai aínda non ben dous anos e na que teñen colaborado de xeito desinteresado xa centos de persoas. É de acceso libre: calquera que entre na Rede pode ter acceso á súa consulta. Tamén é de creación libre: tódolos internautas poden tamén engadir termos, aumentar ou corrixir o contido dunha entrada, engadir fotos, ... coa única condición de que o material que se estea a introducir sexa libre de dereitos por parte de terceiros.
Así, o material queda a disposición de todo o mundo cunha licenza que permite o seu uso tamén libre, restrinxindo só a posibilidade de apropiación de contidos por outra xente á que se lle puidera ocorrer a privatización do seu manexo.
Unha enciclopedia libre que procura unha sociedade libre. A versión galega está crecendo, cos seus máis e os seus menos, dun xeito suavemente acelerado. A mesma Galipedia permite acceder a estatísticas, e vese que cada vez tárdase menos tempo en aumentar un determinado número de artigos, que cada vez as entradas teñen maior contido, que o número de arquivos gráficos aumenta, que o número de colaboradores tamén, o número de usuarios, ... catro mil entradas representa un 'número redondo' que está lonxe dos acadados por outras enciclopedias clásicas en Galicia. Nembargantes, xa non lle cae ben o adxectivo “insignificante”. E cada vez menos, tendo conta do seu crecemento e de que hai xa na súa base de datos algunhas entradas con mellor información que as correspondentes nesas enciclopedias ou inexistentes nelas, a parte de ser unha sementeira doutros proxectos.
Parabéns a tódolos colaboradores na Galipedia, e parabéns a todos os galegos porque é de todos. Non quero resultar triunfalista, esa, a súa maior virtude, é tamén a causa dos maiores problemas que ten hoxe por hoxe: como pode colaborar calquera, ás veces a colaboración non é axeitada e debe corrixirse. Nun sistema para evitar os erros ou minimizalos, ó xeito dos que se pode atopar nunha publicación dunha enciclopedia clásica, hai colaboradores con privilexios e un sistema de seguimento das variacións que sufre cada termo, asegurando así o mellor posible a bondade da información.
Parodiando un anuncio de non hai tantos anos, tendo en conta a gratuidade e aupándome no traballo de moitos colaboradores voluntarios, podo dicir “mira, compara, e se atopas algo mellor, dínolo!” Dedicado a ós Prevert, Xelo, Rocastelo, IaRRoVaWo e todos os que están a construír un alba de gloria para a lingua.
Antonio Gregorio Montes.

Friday, March 25, 2005 06:03 p.m.

A ciencia en Galiza / Science in Galice
Estou comezando un traballo. Espero facer unha exposición sobre "A ciencia en Galiza". Na ligazón tes máis información...
I'm beginning a work. I hope made an exposition over "Science in Galice" (in Galician lenguage). In the link you've more information...

Friday, March 11, 2005 07:47 p.m.

Xa imos chegando / We are arriving
Vos lembrades de Fahrenheit 451? Non se permitía ter libros e había xente (perseguida) que os aprendía de memoria e os trasmitía de xeito oral. Co tema de pago por todo, incluídas as bibliotecas, xa imos chegando. aínda que a iniciativa seguinte non parte dese presuposto, vai nesa liña:http://www.maratondeloscuentos.org/maraton/maraton.htm
Para saber máis sobre a gratuidade nos libros das bibliotecas, tema que creo que nos interesa a toda a sociedade, ver por exemplo, http://traficantes.net/libreria.htm
Remember Fahrenheit 451? We go to this situation, paying to loan in libraries... Well, you can go into two sites that can give you an approximation to the actual status of pay-per-nothing in book culture:
http://www.maratondeloscuentos.org/maraton/maraton.htm
http://traficantes.net/libreria.htm

Friday, February 25, 2005 12:46 p.m.

Non hai versión galega / Software patents, corsair patents.
When kings were giving a corsair patent, they were allowing attack boats to other kings interessed by taxes generated. Actually, this situation will be compared to software patents: it was no great combats with guns and murdered persons, if not combats without guns and little enterprises that can't support pressure, and correspondingly, no great taxes. But liberty is suprimed except for corsairs, and captured people will be more and more comparable to corsair's captured: freedom only thru money.

Wednesday, February 23, 2005 07:51 p.m.

Non hai versión en galego / Freedom for software, free software for freedom.
This will be a slogan. Tis is a reality: is need freedom to software to permit freedom thru digital world.

Wednesday, February 23, 2005 07:49 p.m.

Que se pode facer contra a taxa de biblioteca?/What can made against tax for read in libraries?
Canto máis o penso, dame máis medo. Ter que pagar por ler na biblioteca, que as bibliotecas teñan que pagar por cada libro que teñen e por cada préstamo que fagan. Pagar e pagar, aínda que non se saiba ben a quen, nin se saiba ben por que. Aínda que os libros non teñan xa dereitos de autor ou os teñan caducados (como ocorre coa maioría dos da biblioteca de Ribadeo) Aínda que os autores leven mortos centos de anos e ningún descendente vaia a cobrar eses dereitos, aínda que se diga que a cultura é libre.
What can made against tax for read in libraries? More thinking, more I'm afraid. To pay to read in library, that libraries will pay for each book that they have and each lend of book. To pay and pay, without know for what or to when, without know why. Pay included books that don't have copyright because were writed long time ago (as occurs mostly in Ribadeo's library), or author use copyleft. Also for books with authors dead more than a century ago and without sons or other descents to make cash, also that its said that culture is free.

Friday, February 18, 2005 10:20 a.m.

Contra as Patentes de software, gracias a Polonia / Against software patents, thanksgiving to Poland
Asina dando as gracais a Polonia pola súa defensa actual do software libre:
Thank you, Poland!
Contribute in thanksgiving to Poland for their defense of free software:
Thank you, Poland!

Monday, February 7, 2005 04:39 p.m.

cousas persoais / own things (No English version)
este blog non está concebido como anunciador de cousas perosais, senón de pensamentos cara a fóra. Nembargantes, hai veces que me sinto propicio a facelo, a dar difusión a cousas eprsoais, aínda que me corte eu mesmo. Hoxe non me corto.
É difícil botarle pirpos á propia muller, porque témese non dicir nada novo, por exemplo, ou por temor a que non o crea ou non lle de importancia: a convivencia ten tamén esas partes negativas.Nembargantes, tras ver unha película, non precisamente de amor, nótome capaz de expresar algo do que sinto, só algo, e eso copiando en parte algunhas cousas escoitadas.
Gústanme as mulleres. Gústame disfrutar. Pero estou libremente acompañando a Goyi, e é que as comparacións non resisten o órdago que se pode botar cunha muller como Goyi.
Posiblemente esterelato pequeno sufrirá revisións. Quero que quede pulido. E non o está. Pero serán revisións caviladas, como cando tomei a decisión de estar á beira de Goyi.

Monday, February 7, 2005 09:22 a.m.

Comezando a educar / Beginning education
É curioso o comportamento educativo tanto de educandos como de educadores. Non está normalizado (a Deus gracias) o que provoca que se podan ver situacións raras. Hoxe, só sinalar que hai xente que cree que se está a educar e polo contrario, non o está a facer (ou se está a mal-educar) e outra que non o sabe, pero está a educarse. De aí a importancia de saber cándo comeza (e se remata) a educación. E onde. Pero deso falaremos outro día. Polo pronto, estáste a educar? Agora mesmo? Que é a educación (para ti)? Que finalidade persegue (e debe perseguir)?... Tes unha copia en http://enderezo.com/blog/blogs_educacion.php

Friday, February 4, 2005 10:03 a.m.

Convocatoria de Asamblea / No English version
Valaí a convocatoria da asamblea de veciños de O Tesón de Ribadeo...
Asociación de Veciños “O Tesón” de Ribadeo
Convocatoria
A directiva da asociación de Veciños "O Tesón" convoca a tódolos os seus asociados a unha Asamblea Xeral Ordinaria nos locais da Casa Sindical (Avda. Galicia) o día 2 de febreiro, mércores, ás 20:00 horas en segunda convocatoria (media hora antes, en primeira). Terá como puntos na orde do día:
- Lectura e aprobación se procede da acta anterior
- Memoria económica 2004
- Memoria de actividades 2004
- Orzamento ano 2005
- Plan de actividades 2005
- Informes da directiva
- Rogos e preguntas.
En Ribadeo, a 17 de xaneiro de 2005.
A Presidente,
Concepción Redondo

Wednesday, February 2, 2005 06:31 p.m.

Adri, o fillo de Portos / No English version
As cousas hai que chamalas polo seu nome. Pero ás veces, os nomes sufren inflación e non serven tan ben á súa función. Eso é o que pasa en Ribadeo cos recheos, nos que podemos chamar recheo 1 e recheo 2, recheo novo e recheo vello ou outras variantes. Para simplificar, nembargantes, pódese inventar un novo nome que quede de referencia. Como no recheo novo no que se leva traballando todo o mes, o da dársena norte do porto de Mirasol, o volume máis importante váino levar a area que alí se está a botar direitamente sacada do frente do mesmo porto pola draga de nome complicado Adri..., propoño chamar ó novo recheo 'Adri'.
Adri, o fillo de Portos, progresa adecuadamente, que poñería nas notas da avaliación parcial un profesor a un alumno da clase dos pequenos, dos que medrean rápido. Adri está progresando sen que en Ribadeo nos enteremos aínda do plan de portos máis que por aquela maqueta con engadidos de última hora que estivo exposta no Concello e polo que imos vendo a obra feita. Naturalmente, eso podémolo dicir os que non nos enteramos de nada, porque hai xente que si está enterada e outros que parece que tras un ano non damos entrado en contacto coa persoa correspondente de Portos de Galicia (pode que a mesma que nos dixo no seu momento que nos ía enviar o material, de palabra, claro).
Co revoltillo dos últimos tempos na Casa do Concello, a parte máis importante e contestada do plan de Portos para Ribadeo (ata que xa sexa evidente o que se gasta en dragado sen un resultado adecuado, por exemplo, e se teña que facer outra obra máis) está variando a fisonomía do peirao e da ría en silencio.
Pode que no antroido vaia alguén disfrazado de caixa de morto con xeito de peirao, por exemplo, e se comece a falar algo máis do tema. Pero o máis probable será que a curiosidade polas obras vaia calando na xente e se faigan visitas nostálxicas a algo que non se puido parar. Quen sabe, aínda pode haber unha manifestación para 'celebrar' a boa marcha das obras, un concurso fotográfico sobre a realización do recheo, visitas colectivas tódolos domingos ou outras moitas accións.
Non se trata xa de parar as obras: trátase de que a memoria perdure e non se volva a producir algo semellante. Que no Concello se saiba que o pobo non esquece de xeito doado e que hai que defendelo. Que en Portos sexan conscientes que aprenderemos lento, pero aprendemos e cada vez seremos adversarios máis duros de roer. Que o pobo necesita información e non se lle pode negar, e buscarémola cada vez con maior precisión e mellores resultados. Que no mesmo pobo de Ribadeo sexamos máis conscientes de que a nosa forza é a nosa propia unión. Que a organización é necesaria, e vexamos cómo organizarnos aprendendo do que fixemos mal.
Por como naceu Adri, o fillo de Portos, tamén podemos aprender a comportarnos se queremos que non teña irmáns.

Wednesday, January 26, 2005 09:18 p.m.

Nota de prensa da Asociación de veciños O Tesón de Ribadeo /No English version
Por alusións. Días pasados dende unha emisora de radio lanzouse a pregunta sobre onde estaba a asociación de Veciños O Tesón, ó non pronunciarse sobre o tema das urbanizacións.
Queremos aclarar polo tanto ó respecto varias cousas: 1.A asociación ten un xeito de funcionamento que en xeral non inclúe a resposta inmediata as cousas que van saíndo, senón meditada tras a reunión correspondente.
2.Mentras non teñamos máis datos, pouco se pode opinar con coñecemento de causa, como quedou patente a calquera que asistira ó pleno do pasado día 17. Podemos ter opinións con poucos datos, pero non se trata de opinar á lixeira. E está claro que nós non somos as persoas ás que se aludiu no pleno como poseedoras dun acceso privilexiado a información.
3.De calquera xeito, de forma extraoficial por parte de directivos da asociación, xa foron redactados e publicados escritos sobre o tema, documentación que debera estar en coñecemento dos informadores, denunciando a falta de información, a inclusión do tema no pleno despois da realización das preguntas a que teñen dereito as asociacións (xa que ó estar previsto pleno para o día 10 foi necesario preguntar por escrito antes do día 8), reflexionando sobre causas e efectos, etc.
4.O anterior, a pesares que todos os núcleos previstos son externos ó núcleo urbán que constitúe o motivo de atención de O Tesón, e seguindo a liña da asociación de non descuidar tampouco cousas que poden afectar de refilón ó núcleo urbán.
Noutra orde de cousas:
5.Aínda que a título individual e informal varios directivos da asociación foron preguntados sobre o tema, tampouco ata o momento se nos pediu unha entrevista formal para expresarnos, onde podiamos ter dito o anterior e facer máis comentarios, entendendo que serían eso, comentarios e non unha postura oficial polo momento.
6.Queremos deixar moi craro tamén a diferencia entre uns feitos (votación das urbanizacións para a súa inclusión posterior no plan) e a polémica ou polémicas que deles poidan xurdir (crise de goberno municipal ou acusacións de existencia de comisións), distinción que nós temos moi crara aínda que algunha xente que non a fai. De xeito natural, nós non contribuiremos a enturbiar a vida no concello meténdonos en polémicas de tipo político ou persoal, e centrarémonos polo tanto nos feitos, non nas descalificacións a persoas. Dito esto, que quede como comentario que rexeitamos as actitudes amosadas na confrontación entre partidos no pleno do pasado día 17, feito sinxelo de observar e xulgar e que preferimos polo momento non ilustrar máis.
7.Lamentamos que se nos chame a atención unhas veces por non manifestármonos, e outras por facelo. En calquera caso, actuamos como mellor sabemos e sendo conscientes de que cando stratan de darlle a un paos por varios lados diferentes é porque se está centrado.
Tras as acusacións entre persoas e partidos, tanto de xeito interno ó Concello como externamente, non creemos que sexa para esquecer ou minusvalorar o tema que lles deu orixe, a construcción dun número de chalets e nunha situación cuantitativamente e cualitativamente difíciles de dixerir, pero tampouco o tratar de afondar nunha situación complicada e que se segue acomplicar sen unha investigación previa.

Monday, January 24, 2005 05:34 p.m.

Ideas sobre Ribadeo /Ideas about Ribadeo (no English version)
Tras o último pleno da corporación municipal en Ribadeo, asáltanme varias ideas. Si, refírome a ese pleno no que foron presentados cinco proxectos de urbanizacións tras sabelo os cidadáns tres días antes e que foi anunciado para que as asociacións, que presentaban ese día preguntas por escrito por primeira vez, as fixeran o día 7 a máis tardar porque estaba anunciado para o 10 e non para o 17 no que se celebrou.
Unha das ideas é a procura da resposta á pregunta quen vende Ribadeo? E é que causa estrañeza que se constrúa lonxe dos núcleos como un novo núcleo, lonxe dos veciños con privilexios que non ten calquera veciño, con concesión de urxencia próxima a un cambio normativo que reduciría grandemente as posibilidades de construcción, con concesión de terreo edificable nunha cantidade que probablemente afecte ó resto de construccións que se pretendan nos próximos anos, con informes negativos de quen tería que revalidar finalmente o permiso (e polo tanto debera opoñerse a dalo), incidindo na calidade de zonas turísticas, ... sen máis ventaxas aparentes que contribuír ás arcas municipais cos dereitos correspondentes. Unha cousa máis: os constructores trataron pola mañá cos grupos políticos, só algún se veu no pleno; os veciños ateigaron o pazo municipal. Ribadeo véndese. Por quen e para que?
En canto á urbanización industrial, a idea é sobre a capacidade de xestión pública en Ribadeo: váise a dar adiante a un minipolígono privado que palie deceas de anos de inexistencia de solo industrial público precisamente cando o ano pasado foi anunciado que iste teriamos polígono?. Tal parece que fora para paliar a carencia de solo industrial na Veiga, non en Ribadeo. Farase o polígono industrial previsto en Ribadeo este ano?
Ó fin, que non pase como cos postos de traballo anunciados do recheo (vello) e o previsto co recén comezado recheo (novo) sobre o que o concello variou de idea tras promesas de obras en Ribadeo prometidas xa con anterioridade.
Ninguén falou no pleno dos estorninos, e é que aínda non se foi o olor e parece que están voltando tras a eficaz espantada despois de todo o outono ribadeando. Ribadeo segue, e é que, como di un amigo aplicado a toda Galiza, que boa terra e que carallo de xente!

Thursday, January 20, 2005 05:52 p.m.

Asociación de veciños O Tesón de Ribadeo - Nota de prensa / No English version
Na reunión da directiva mantida o luns 17 de xaneiro acorduse manter a próxima asamblea xeral o día 2 de febreiro, mércores, ás 8 da tarde no local do salón de actos da casa dos sindicatos ribadense. Nela trataranse como puntos da orde do día a memoria económica e a memoria de actividades correspondentes ó ano 2004, o orzamento e o programa de actividades para 2005 e informes da directiva, a parte dos obrigados lectura e aprobación da acta anterior e rogos e preguntas.
Onte tamén comezou a funcionar o sistema acordado polo Pleno do Concello o pasado 13 de setembro de 2004. A Asociación de veciñós O Tesón de Ribadeo, con tal motivo dirixiu un escrito no que figuraban, como preguntas ó portavoz do grupo socialista:
“1.Dado que cara ó exterior da Casa do Concello extrana que se retrasara dende o 13 de setembro a posta en marcha deste mecanismo de preguntas, aínda incluída a recabación de datos sobre asociacións no Concello para a difusión do acordo, e aínda se aventura a posibilidade de que a causa fora a non conformidade de grupos políticos sobre o tema, solicitamos unha explicación do retardo en poñer en marcha dita iniciativa solicitada pola nosa Asociación.
2.Dada a preocupación do pobo sobre o futuro da zona da beiraría, como se puxo de manifiesto fai máis dun ano, a aparición de carteis prohibindo o paso ó peirao e outras actuacións preocupantes, solicitamos información sobre a posibilidade de uso futuro da zona portuaria por parte dos veciños e visitantes.
A pesares de que a nosa asociación querería facer uso da palabra para participar dun xeito máis activo, consideramos que nesta primeira intervención é convinte ceñírmonos ás dúas preguntas propostas para facilitar a intervención do máximo número de asociacións posible, polo que non plantexamos máis preguntas para acollernos ó punto 3º do regulamento deste sistema.”
A resposta a ditas preguntas, por boca do sr. alcalde, centrouse na primeira en reiterar a procura e actualización de datos sobre as asociacións do Concello e a unanimidade de parecer dos grupos políticos como razón do retardo de catro meses na posta en marcha do sistema. Non sabemos as asociacións avisadas para participar, aínda que parece son as veciñais e as que participaron na mesa de asociacións de decembro pasado. Na segunda, se ben deu información pasada por portos nunha reunión no Bar Mariñeiro xa hai tempo no sentido de que as normas de inmigración tentaban cerrar mais as actividades nas zonas portuarias, remitiu á entidade Portos de Galicia alegando que o Concello non ten competencias nesa parte do seu territorio. A imposibilidade de réplica o intervención direita segundo o sistema aprobado truncou un debate sobre ambos temas.
Ribadeo, 17 de xaneiro de 2005.

Wednesday, January 19, 2005 10:57 p.m.

En lembranza /Remembering (no English version)
Aló, fai uns 29 anos, case 30, caeu nas miñas mans un libriño regalado sobre a obra de castelao. Era impreso polo ateneo ourensán con motivo do días das Letras Galegas daquel ano. Sorprendeume e cambioume. o que ven a continuación é unha homenaxe: " Dende Ourense, David Cortón envíanos esta información urxente que é tamén unha apelación:
A Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia ordenou onte a entrega das chaves dos locais que esta entidade leva ocupando dende hai mais de 25 anos nos que as súas instalacións foron un verdadeiro espazo para a libre expresión de todolos colectivos cidadans. Miles de actos culturais e politicos, exposicións plásticas e concertos tiveron acollida nesta entidade agora condenada ao peche pola Xunta.
Envia correos de protesta ao Presidente da Xunta e a tua solidariedade á xunta directiva do Ateneo de Ourense ao enderezo postal Torre de Ourense 32002 Ourense .
Reenvia a noticia aos teus amig*s e coñecid*s ... en lacozdegalicia.es ... en www.culturagalega.org"

Friday, January 7, 2005 09:28 p.m.

Ruído, Fitur, Ribadeo (Galego/Español/English)
Este mes será a nova edición de Fitur. Ribadeo volverá a estar presente (coa Mariña, de seguro). Seguro que non din nada do ruído que hai que soportar pola noite coa movida. Eso non vende imaxe. Que pasaría se os que sufrimos o ruído fixeramos unha Rutif (=antiFitur) para poñer as cousas en claro, é dicir, para que a xente saiba a verdade antes de vir?
Este mes será la nueva edición de Fitur. Ribadeo volverá a estar presnte (con A Mariña Lucense, seguro). Seguro que no dicen nada del ruido que hay que soportar por las noches con la movida. Eso no vende una buena imagen. ¿Que pasaría si los que sufrimos el ruido hiciéramos una Rutif (=antiFitur) para poner las cosas en claro a los posibles visitantes antes de que vengan?
This month will be Fitur, the tourism international Fair. Ribadeo will be in the stand of the 'Mariña Lucense', probably. But surely, the ads won't say nothing over noise in Ribadeo's night because of the 'movida'. Is the kind of things that don't give a good image to the village. What will pass if people that suffer night noise make a Rutif (=antiFitur) to shown to the possible visitors this noise and its effects?

Thursday, January 6, 2005 10:02 p.m.

Aviso / Ad
Só un aviso: Hoxe pasei tódalas noticias ó arquivo. Podes ver as anteriores novas premendo as ligazóns no lateral dereito, arriba.
Only a little ad: Today I've passed all news to other file. You can see before news clicking into link in upper right hand side.

Thursday, January 6, 2005 08:30 p.m.

----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Arquivos vellos deste blog /Old archives
Páxina principal (arquivos máis novos)

Para e-correo / e-mail: agremon2001 + @ + yahoo + . + es


Recuncho da lectura

Pensamentos

A galipedia, enciclopedia en galego libre

vieiros
open directory
altavista
google