Agremon weblog (the galician Pitas page)

Recuncho da lectura

Pensamentos

A páxina adicada a Hernán

Weblog de Mariano

Weblog de Santi

Vieiros


pitas
hotbot
yahoo

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).
----


folga de websites polas patentes de programacións en Europa.
Clica eiquí:Non ás patentes de software!

outra volta
Outra volta estou na rede. De novo cun sorriso, escribindo. Xa non importa tanto por que a conexion fixo crac. Amañado (gracias, Mariano) e en forma, ata outra.
Mariano, amañando cousas. Santi, accesit nos premios Rua nova (creo que se chama así), eu... co de todos os días, aínda en vacacións. Felicidades a ambos. Ó estar próximo, a min tamén me toca algo (digo eu). Pero bo, visitade os ueblos que tedes os enlaces preto.

Marzo, o pobo elixe
Marzo, o pobo elixe. - Antes de citar o comezo do mes ou o seu final, antes que referirme ó título, está o 11M, unha data para lembrar á hora de batir marcas macabras, que dende Madrid trascende o noso pobo e abrangue a todo o estado nunha especie de doloroso caer da burra colectivo antecesor da Semana Santa: pó somos e en pó nos hemos converter. Noutro nivel, algo como un 98 moderno sen perda de colonias pero co seu Maine civil e autóctono, algo que deu comezo efectivo ó novo milenio por estas terras. Algo que sucede, non por non ter coñecido o terrorismo, senón pola dimensión súbita que manifestou, número de víctimas e tamén ampliación na variedade de posibles verdugos, e, de xeito subsidiario, polo tratamento dado ó tema, que propiciou un cambio na política a nivel español e máis aló, cambio que parece aínda non ter rematado. Pode haber análise, pero non palabras. -
O mes comezou nestes lares cunha primeira pedra política polémica, a do tramo da autovía que agora ten outra relevancia por pasar a vella carretera á beira dunha pedra branca coa testa dun azul que rememora o partido protagonista. Tras preparar unha terra para a celebración, a prensa asistiu ... e o alcalde tamén. Estábase a punto para unhas eleccións estatais das que non se prevían os derradeiros días e que parecía que ían permitir ó daquela partido gobernante seguir séndoo. Seguramente eso pesou na asistencia ó acto, que se veu contestado tamén nos días seguintes ó 14 M por quen quere cambiar o trazado.
Sobre as eleccións? O día 20 en Le Monde apareceu un artigo no que se poñía de manifesto unha explicación do transcurso dos próximos anos en España e tamén na nosa zona: Aznar, cronoloxía dunha manipulación. Mentras, na entrada de Ribadeo, segue un cartel: 'Juntos vamos a más': Eso esperamos, ir xuntos, ir a máis. Todos. Agora.
En Ribadeo, o día da árbore pasou sen celebración. Foi celebrado días despois: as árbores son pacientes e o tema está en acostumar a xente. O que foi puntual foi o mesmo 19 de marzo, día do pai: o PP trata de dividir o goberno de PSOE e BNG no Concello atacando ó primeiro e eloxiando ó segundo, tamén a modo de celebración da renovada oposición a outro nivel que o local. Pregunta na prensa: Resistirá a entente no Pazo de Ibáñez? E por que non?
O que segue a ser puntual diante da Casa do Concello é que segue a lembrarse a Xosé Couso. Non só é lembrar: é pedir outro mundo con insistencia seguindo sen un prantexamento estricto unha versión atóctona do dito de 'pensa globalmente, actúa localmente'.
Mirando a vella compañeira de Ribadeo, vese que continúan as obras en Porcillán. Xa está rematado o piso do espolón sur, e vense apilados os novos pantaláns. Pode que en correspondencia, a draga segue a rascar o fondo (mesmo deixando a area ás portas da ría (*) en marea baixa) mentras que os tesóns teñen unha vista magnífica dende Mirasol. Menos pesca na ría (eso lle teño oído dicir a xente que pesca), pero máis beirarúas diante dos armacéns (curioso, velos en Mirasol e sen saída para camións).
A zona alta tamén cambia: beirarúa branca na Atalaia... limitando a herba como adiantada da invasión urbanística que xa comezou. E mellores beirarúas, pavimento, ... eso se espera, baixando do Cantón. Tamén foi progreso o aparcamento aberto, aínda que sexa (ou pode que mellor por eso) con un querer/non querer meios de comunicación na apertura/inauguración.
Tras un aviso en falso na prensa para a reunión sobre ruídos, houboa. Resultado? Informe de que remataron as inspeccións de ruídos. Criterios? Non son públicos. Resultados da inspeccion? Tampouco. Mentras, o lema de Ribadeo parece ter cambiado de novo: segundo un cartel á entrada, a antiga 'Porta norte' parece ser agora Ribadeo, 'tu AS de COPAS'.
Antonio Gregorio Montes
(*) a un setecentos metros da punta da Cruz e algo máis da Pancha.
----

Algo máis
Vai para unha semana das eleccións.
Vai unha semana de intoxicacións diversas.
A política parece voltarse sinxela intoxicación neural.
Nembargantes, parece que as cousas van ó seu cauce de novo, pouco a pouco. O caso é saber cal é o seu cauce.

décimas de segundo
Botemos contas. O paro de son de hoxe, venres, ás 12, deume que pensar: un cuarto de hora de silencio. 192 víctimas nestes momentos. Eso representa uns poucos segundos por víctima. Se sumamos xa non os feridos, senón as víctimas mortais do terrorismo en España, saen a décima de segundo por cada unha. Eso é o que podemos ofrecer? Décimas de segundo?
Á tarde, diante do Concello de Ribadeo, a maior concentración que lembro en Ribadeo,maior que nas festas ou no discurso de reis. Todos mirando á Casa do Concello, como observando as institucións, ó tempo que apoiándoas. Cómo funcionan as institucións? Que resposta deron? Que resposta nos están dando a todos?
En momentos tan turbios como os de hoxe, é difícil pensar con claridade. Que alternativas tiveran evitado o atentado de Al Quaeda? E de ETA? Ante a masacre, pouco máis da o feito polo governo, aínda que se poda sinalar como culpable subsidiario. O caso é que despertamos a un mundo salvaxe. E que mundo sexa salvaxe non quere dicir nin que nós actuemos de xeito semellante, nin que nos impoñamos uns, restriccións nas liberdades, outros, mans libres para crear un estado policial. Eso, xa está visto noutros casos e aínda avisado antes de que sucedera, non é a solución, senón o xérmolo de máis violencia.
Mentras botamos esas contas, pouco nos queda máis que facer, a parte de ser persoas.
---------xxx---------
--------x---x--------
--------x--x---------
---------xx----------
---------x-x---------
--------x----x-------
--------x-----x------
--------x------x-----

Farto
Estou farto. A tecnoloxía lévame a sitios, cousas, actitudes, que poden resultar magníficos, pero tamén destrozan o tempo e o control propio sobre o mundo e sobre a mesma persoa. Fallos de luz, do ordenador, internet, ... descompoñen o tempo e o espacio como Einstein non descrebeu, porque non é unha cuestión física, senón humana.
...
Con todo, espero manter este sitio con novidades alomenos unha vez por semana, salvo deuses menores como os descritos, cando queran facerse maiores. Máis, xa sería cousa de adicarlle un tempo que non teño.
Por certo, para poñerse en contacto comigo, por favor, na wikipedia poderédesme atopar, por exemplo.

Probas e máis probas
Poñer un ueblog a funcionar pode ser máis ou menos complicado, pero o resultado normalmente é mellorable. E eso é o que pretendo. Mellorar esta páxina pouco a pouco. Por eso remato de engadir unha foto, poñer enlaces a weblog de amigos (o que non quita que estén ben, como comprobaredes se sodes ousados), quitar lixo de enmedio, etc.
Por certo, un artigo anterior meu foi publicado no Progreso. É este:
Antonio Gregorio
Febreiro desde a Atalaia
Nun ano, os meses van detras uns dos outros sen discontinuidade. Continuando en Ribadeo ('Xaneiro en Ribadeo'), despois de Xaneiro, ven Febreiro, que comezou como se de Maio se tratara (temperatura, ceo, frores...), co que dar unha volta pola Atalaia permitía disfrutar á vez dun bó tempo, unha vista magnífica e o progreso das obras no porto deportivo, chamémoslle de Porcillán. Lentas pero continuadas (as obras...), como este mes parece pedirlle ó corpo en medio dun inverno normal, que non neste con temperaturas dun xullo no que a xente foi á praia, e de Siberia, con neve á man e retraso na queima do antroido, que se alternaron de xeito rápido.
O tempo inestable tamén parece unha sinal, algo que fixo marcar unha diferencia con Xaneiro: saíu á rúa un boletín do PP onde se fai queixa de exactamente catro cousas, pero que significa algo que o mes anterior non quedaba claro e que abriu a porta na vila ás eleccións xa próximas para Congreso e Senado: o dereito da oposición ó pataleo, sexa con base ou feito pensando en fume. E parece que cara a esa cita electoral pasaron moitas cousas no mes: dende o antroido, onde penetrou moi debilmente en comparación coa boda real, pasando polo Sergas, que anuncia na prensa (... algo é algo) a disposición do posto de pediatra, ó comezo de campaña, con dous mítins xusto ó comezo da movida campañera. Pode que por eso tamén estivera presente o (segundo algúns) fracaso da zona en Fitur, aireado na prensa do mes.
Rematou febreiro cun derrubio por sorpresa que a algún deixou branco para todo o día: o do edificio onde se atopaba a Farmacia de Nieto. Para evitar males maiores rematouse a golpes retrasando o mítin do BNG e cortando a rúa, que din as malas linguas que fora cortada xa na viciñanza por intereses partidarios pouco antes.
¿Marcha Ribadeo? Andan as augas revoltas pola avaliación preelectoral. Trátase de voltar ó revés aquelo de que en augas movidas péscase ben: neste caso, axítase a auga para pescar, e, ás veces, péscanse... botas ou calquera lixo, e se non, bótase. A curiosidade que citei ó principio de observar as correntes no remate da obra do Porto Deportivo sería unha alternativa ó tedio dese manexo de lixo. Ou dar un paseo polo aparcamento mentras non se ocupa. Ou pensar no subterráneo mentras se esquece aquela multa impagada ou incomprensiblemente incobrada, ou aquel edificio que aparece cun piso máis así, de pronto. Noutra orde de cousas, xa se puxeron en marcha as escolas municipais e estase a desenvolver a 'Oferta Cultural' do Concello, e así temos curtos, actividades para nenos, teatro, práctica deportiva... E rematamos sen música máis que electoral, a pesares que precisamente co gallo das eleccións fora lembrado Hernán Naval como antigo candidato. Esto, esperando Marzo e os resultados, o que da un certo formiguillo ó ambiente. Verase.
09/03/2004


----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Recuncho da lectura

Pensamentos

Arquivos vellos deste ueblo

A galipedia, enciclopedia en galego libre

open directory
altavista
google