Agremon blog / the galician Pitas page

Pensamentos dixitais / Digital thinking

Dende / From Ribadeo, Galicia, 43º30'N, 7º05'W

Recuncho da lectura / Galician reading coin

Pensamentos / thinkings

A páxina adicada a Hernán / Hernan's page

Weblog de Mariano / Mariano's weblog

Weblog de Santi / Santi's weblog

Vieiros - buscador galego


pitas
hotbot
yahoo

Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).Free rigth of copy, with orige quotation, with copyleft license (see the galipedia, wit link in this page).


Unha nota máis: Os arquivos van sendo numerosos, os pasados poden visitarse coa ligazón la beira dereita
A note: The nombre of archives is crescent; because of that, past articles can visite clicking the link in right up side. ----

Anulada a folga de fame /No English version
O personal que se ía poñer en folga de fame anulouna ó pouco gtempo: pola tarde. Veremos o desenvolvemento do tema.

Wednesday, August 18, 2004 02:41 p.m.

Calsificación olímpica / Olimpic classification
Martes 17 de agosto: clasificación para a seguinte fase do catro lixeiro de remo de Carlos Loriente nos xogos olímpicos de Atenas 2004. Ánimo!
Tuesday august 17: classification to next phase of the skiff 4 light with Carlos Loriente in the Olimpic Games Athens 2004. Go!

Wednesday, August 18, 2004 02:35 p.m.

Unha nova de Ribadeo (en castelán) / A Ribadeo's news (in Spanish)
SE HARA HUELGA DE HAMBRE MIENTRAS NO FUNCIONE A las ocho de la tarde de ayer el alcalde de Ribadeo, Balbino Pérez Vacas, remitió la citación a los portavoces de los grupos municipales a una comisión que tendrá lugar el martes para formar la comisión de investigación sobre las denuncias por supuesto acoso laboral en el Concello. En esta reunión también se deberá aclarar cuál va a ser su funcionamiento. De este modo, Pérez Vacas accede a la petición de su socio de gobierno, el BNG, y cumple con el acuerdo plenario de crear esta comisión.
Huelga de hambre
Sobre este escabroso asunto las noticias se sucedieron ayer. Por la mañana, Soledad Rodríguez, uno de los tres empleados del Concello de Ribadeo que denunció que supuestamente había sido acosada en el trabajo, anunció que el martes iniciaría una huelga de hambre en el consistorio si el alcalde no convocaba la comisión de investigación para analizar las denuncias por supuesto acoso laboral y psicológico, en las que el concejal socialista Santiago Fernández Reinante es el principal implicado. Soledad Rodríguez apuntó que en el caso de que otro de los denunciantes, Antonio Cuadrado, recibiese el alta médica la próxima semana, con toda probabilidad también se sumaría a la huelga. Por la tarde, Pérez Vacas convocó la comisión, de lo que se puede deducir que finalmente no habrá huelga de hambre.

Tuesday, August 17, 2004 07:24 p.m.

Maxia en Ribadeo / Ribadeo magics
Esta noite tivemos maxia en Ribadeo: Maxia no Camiño. E si, foi unha noite máxica, que acompañou o tempo e o público a un espectáculo.
This night we was have magic in Ribadeo: Magic in the St. James way. and yes, we have a magic night, with an appropiate wheather and public ans spectacle

Monday, August 16, 2004 01:09 a.m.


Noite e ruído en Ribadeo / Night and racket
As 5 (da mañá) O ruído dos bares e xente na rúa non me deixa durmir. Cándo rematará este suplicio? Ata cnado o permitirá o alcalde?
Five o'clock (in the morning) sound of pubs and people in the street don't permet that I could sleep. How many time (hours today and years all the mime) could continue this suplicy? How many time will permit this level of decibels the Mayor of Ribadeo?

Saturday, August 14, 2004 05:06 a.m.

Datos para a Xunta Local de Seguridade de Ribadeo. / No english version
Unha vez visto pola prensa o resultado da última xunta local, na que que se valora moi positivamente as propias accións do Concello, algún dato para mellorar cousas pendentes:
Leva xa case un mes aberto un local nouturno que comezou a súa actividade sen licencia, saída de urxencia, doble porta ou illamento. O Concello sábeo dende o mesmo día da apertura.
Volven a repetirse os anuncios de locais nouturnos abertos ata horas nas que non teñen permiso. Os carteis están colocados por todo o povo e non se retiran.
Parece que seguen a cerrarse establecementos fora de horas. Non son necesarios carteis, á xente habitual non lle fai falta.
Despois de rematado o prazo para facer reformas nos locais, segue a haber reformas pendentes, téñense feito medicións nas que se seguen a sobrepasar os decibelios permitidos, e hóuboos que foron avisados para cerrar a porta. Polo que parece, todo sen efecto. Esquecíaseme: tampouco se coñecen os criterios ou as accións pedidas: ó mellor se entende que non hai reformas pendentes.
Co anterior listo, poderase valorar no futuro un pouco mellor o cumprimento da normativa sobre actividades nocivas e lograr máis importantes avances na solución da polémica sobre os ruídos; alomenos, máis e mellores que os logrados ata agora.

Tuesday, August 10, 2004 11:30 p.m.

Feminismo e ciencia /Feminism and science
Estou rematando unha serie sobre as mulleres e a ciencia. Pronto estará na gl.wikipedia.org e se poderá ver como exposición e como presentación. ... se hai alguén que quera colaborar con ideas....
I'm finishing a serie over women and science. Is near the time that sill be in gl.wikipedia.org and will be see as a exposition and presentation. ... if someone have a idea to collaborate...

Tuesday, August 10, 2004 04:37 p.m.

Sen novas / Whitout news
Sen novas? Coa cantidade delas que hai no mundo?
Si, hoxe non coñecín ningunha boa nova de entidade abondo... Malas novas, as que se queiran
Whitout news? It exist a great quantity in the world.
Yes, but today I don't have knew no good new of some entity... Bad news, all that you will

Tuesday, August 10, 2004 12:26 a.m.

Un novo libro de Susan George/New book of Susan George
Susan George remata de ver o seu derradeiro libro, "Autre monde est possible si..." traducido ó castelán (Otro mundo es posible si...). Quen teña lido o "Informe Lugano" seguramente quererá velo e aprender algo máis sobre o mundo que nos espera e como facelo máis noso.
The new book of Susan George was translated into Spanish, "Autre monde est possible si..." (in French) translated as (Otro mundo es posible si...). If you've read the "Lugano's Dossier" probably will read this new book and know something more about the future of our world and the possibility of make it more to you.

Sunday, August 8, 2004 07:55 p.m.

Benvida ó sr. marqués /Wellcome, Mr. Marquis (no english version)
O martes 27 de xullo de 2004 foi presentada a nova imaxe escultórica do Marqués de Sargadelos. En bronce, policromada en vivas cores, baixa o tramo alto das escaleiras da Casa do Concello ribadense, da que foi súa casa, facendo ó tempo un xesto coa man esquerda a quen queda dentro como quen di: vaites! deixádeme en paz! Esperemos que cando esto saia á luz a estatua esté ben, pois puiden ver o mesmo día da inauguración como se meneaba a pouco que se empuxaba, e nas noites ribadenses ás veces hai seres con máis mala idea que os trasnos, ó tempo que un pequeño desconche na pintura non presaxia moito bó nese sentido. A imaxe, que parece gustar en forma, é criticada pola policromía rechiscante e situación, que contrasta co fondo do Pazo e que lembra á estatua das Marías á entrada do parque santiagués. Estatua esta derradeira co mesmo autor e cores semellantes, pero nun entorno e significados farto diversos e polo tanto cunha apreciación artística tamén diferente.
De calquera xeito, teño moi presente aquelo de 'sobre gustos non hai nada escrito', e aínda que non sexa certo, pois si hai abondo escrito, limítome a facer patentes algunhas características da estatua e paso a considerar algo que me chamou a atención: nas palabras que antecederon ó acto de descubrir o bronce en ningún momento se tratou de inferir o comportamiento do marqués a día de hoxe, tirar da súa vida para aproveitala na actualidade ou outro xeito de recuperar algo máis que unha estatua. Certamente, non había por que facelo, e podía dar lugar a usalo de xeito partidario, pero creo era unha oportunidade que non se aproveitou. Por eso, con tódolos riscos que representa o facelo descontextualizado, arrisco un xeito de interpretación actual en tres campos de alguén que foi morto fai case dous séculos.
O primeiro, en política. Sufriu dous linchamentos (un, só intento, o outro o que rematou coa súa vida), tal parece que porque o seu xeito de 'facer ben' non se axeitaba ó das 'forzas vivas' da época. É dicir, dalgún xeito este home ilustrado non ía cos tempos e lugar que lle tocou vivir. Era un adiantado, e os adiantos poden pagarse moi caros. Non é extrano que diga adeus de xeito displicente a unha casa onde na actualidade segue a haber enfrontamentos, as veces tamén desleais e duros.
En economía, parece que foi un impulsor de novos negocios. Contemplando o panorama ribadense, farían falta hoxe persoas como el nese mundiño. Xente que aproveite o que hai e o faga un ben disfrutable por todos de xeito compatible co beneficio propio. Dito o anterior, cabe axustar que haber, hai persoas para recoller o testigo por el deixado, como o amosa a recreación de Sargadelos e o empuxe de algún novo negocio. Nembargantes, parece non ser abonda a cantidade, á vista do nivel de paro e nivel dos empregos.
A nivel social, é curioso que o seu nacemento non fora en Ribadeo, sendo quizais o persoeiro relacionado con esta vila que máis sona a través do tempo. Era de fora e vigorizou aquel Ribadeo que se atopou, podendo establecer un certo paralelismo con que boa parte dos ribadenses actuais non sexan nacidos aquí. Este mestizaxe vigorizante tivo un desenlace non moi prometedor: rematou sendo machacado a instancias das forzas vivas locais. É evidente que sempre hai ese risco, pero tamén que debe evitarse, e nese sentido lévase falado moito en todo o mundo para tentar de, ó tempo, aproveitar e impulsar a convivencia. O Ribadeo actual en forte cambio e crecemento debe telo en conta.
Xa á marxe, unha pregunta de persoa pouco informada: din que detrás de todo gran home hai unha grande muller. Como tópico, non creo na súa xeralidade. De calquera xeito, chamoume tamén a atención que non se mencionara para nada a muller: feitos e inimigos, si foron citados; amigos e muller, non. Caeme simpático D. Antonio Raimundo Ibáñez, pode que por eso sinta curiosidade por eses detalles: saber algo da persoa con que compartiu a vida e as axudas que tivo nunha sociedade antecesora da nosa e que con el tamén nos debera vir á memoria, porque sen ela (muller e sociedade) el non sería el.
Ó fin, benvido de novo, sr. marqués, porque tróuxoselle, pero aínda non foi saudado de xeito público... o que fai pensar que non, non é extrano o xesto que ten, de despedida e 'deixádeme en paz', se se mira por detrás, pero tamén de saúdo amigable a quen se lle achega dende lonxe por diante, ó descuberto.

Sunday, August 8, 2004 07:50 p.m.

algo que me pasaron para difundir /No english version
ANTES DE NADA aclarar que nosoutros estamos defendendonos dos abusos cos nosos cartos, mentras que o Concello utiliza os de todolos veciños para ir contra nosoutros (mesmo os nosos) E expresar a satisfacción que sentimos ante as mostras de aliento que recibimos dos veciños.
Conocemos polos medios de comunicación que se van a levar a Pleno os recursos que plantexamos dez traballadores do Concello contra o convenio aprobado o pasado 19 de maio, , e pedimos ós que veciños asistan a esa sesión plenaria, TAMEN estamos informados de que a suba que establece o convenio vai a ser cobrada xa na nomina deste mes. Si ustedes observan Fernando e o seu grupo dan un paso para arreglar a problemática laboral do Concello e os que representan o PSOE, socialista non é a política que levan a cabo, actúan por outro lado deixando sen efecto os acordos plenarios adoptados a instancia do seu socio de goberno.
Queremos deixar unha cousa tamen clara nin Vicente, nin Antonio, nin Soledad pretendemos que se nos suba. Para nosoutros o convenio e unha indignidade, e si ustedes examinan este acordo veran que é certo. E para nosoutros foi a gota que colmou o vaso, un insulto, un trato de inferioridad que se nos da a casi todos con respecto dunhos poucos, censurado en todolos convenios da Organización Internacional de Traballo, é unha vergüenza para todo-los asalariados de Ribadeo.
O noso obxetivo si se reparten cartos e que sexa entre os traballadores desfavorecidos, eliminar desigualdades salariales (dentro das mesmas categorías discriminanse a unhos con respecto doutros), creación de empleo estable ( muitos compañeiros levan traballando anos e non teñen todavía plaza fixa e darlles esa praza non supon un esfuerzo para o Concello que xa está desembolsando e non supondría un incremento do gasto en materia de persoal), xornada completa para todos…
Neste convenio aumentan as desigualdades retributivas e incumplense as recomendacións en canto a politica salarial, ó incluir discriminación no emprego e nas condicións de traballo, legalmente ese Convenio non ten razon de existir
De donde se decia que non habia cartos surxen 155.000 €. Cantos de Ribadeo teñen familiares que pasaron polo Concello e pedindo so que se os contratase un mes más, se lles dixo que non había cartos. Co que lles suben os da CSIF , pasarian a traballar un ano 4 persoas .
Neste acordo aparece unha praza de coordinador medioambiental para un conductor de desbrozadora, que deixa sen efecto as funcións do Xardiñeiro Xefe, Vicente, e de Antonio o capataz. (crease unha plaza con funcións que competen a outras xa existentes) e sin pasar por ningún tipo de oposición pasa un traballador, contratado temporal, de ser conductor a coordinador de medioambiente.
Esa praza, como o resto do convenio, é a mostra do favoritismo, amiguismo hacia certos funcionarios que se traduce nun beneficio para eles, a costa dos fondos públicos.Descuidanse temas como son a seguridade e hixiene no traballo, a estabilidade no emprego, o disminuir as diferencias salariales … Esperamos de Ribadeo e dos compañeiros que nos animan a seguir e que nos dicen que contamos co seu apoyo, que deixen atrás o medo, e asistan a ese Pleno para conseguir que se anule este convenio, Estamos nunha democracia e a lexislación vixente danos a razón, e debemos loitar por eso, e unha loita pola dignidade, pero no os dez do noso grupo, todos. O de José María de “deixar as garfelas” ten razón, non é cousa nosa e de todos, o non lles subiron a ustedes a auga, a basura, a contribución, a parada os taxistas? Que se nos explique si ese diñeiro procede da subida das taxas, porque si e asi, debemos exigirlles que as baixen, o fin primordial dun Ayuntamiento e conseguir o bienestar de todolos veciños. E subir os imposto para sanear a economía do Concello e despois repartir entre unhos cantos casi 30.millois de Ptas non se pode permitir.
En Ribadeo, a 19 de julio de 2004.
Sres. Delegados de Personal del Ayuntamiento de Ribadeo: Hasta el momento no hemos obtenido respuesta en lo referente a las actuaciones en nuestra defensa en los casos de acoso que hemos denunciado ante la empresa y cuya copia obra en su poder. Los hechos constitutivos de acoso ya eran conocidos por ustedes previamente a la denuncia ya que estos tres trabajadores los habíamos puesto en su conocimiento.
Les hemos pedido informe sobre la evaluación de riesgos en nuestros puestos de trabajo, y no nos han contestado. Les recordamos que las denuncias por infracción de la normativa de riesgos laborales debe ser presentada por los representantes de personal (funcionario) ante la Inspección de Trabajo (R.D. 707/2002, art.3), y la obligación que ustedes tienen de vigilar el cumplimiento de las normas vigentes en materia de condiciones de trabajo (L.O.R.S artículo 9.7). Deseamos que nos indiquen el nombre de los delegados de prevención en el Ayuntamiento de Ribadeo.
En espera de su declaración sobre los puntos anteriores, les pedimos, además, información sobre la plaza de coordinador medioambiental: sistema utilizado por el Ayuntamiento para ascender al conductor de la desbrozadora (personal laboral eventual) al cargo que desempeña en estos momentos de coordinador medioambiental, funciones (competencias detalladas) de esta plaza y si el jardinero jefe y el capataz están subordinados a este cargo, y si deja sin efecto algunas de sus competencias.
También queremos conocer los criterios utilizados para que nuestros puestos de trabajo no fueran valorados en el convenio de 19 de mayo (copia de nuestros recursos obra en su poder) y porque se nos ha abierto una información reservada (expediente disciplinario) cuando nosotros no hemos incurrido en ninguna falta y si ha incurrido la Administración que nos pretende juzgar.
Como saben la información que les pedimos es crucial para nosotros en este momento en el que estamos tratando de solucionar graves problemas laborales.
Sin otro particular, les saludan atentamente

Sunday, August 8, 2004 07:43 p.m.

Xullo: a reconquista de Ribadeo / No english version
Xullo, un mes político. Ese podería ser tamén o título desta breve narración do transcurso mensual en Ribadeo. O mes que marcou a nivel estatal os cen días de governo socialista, foi político tamén a nivel de Ribadeo ata o seu derradeiro día, por obra e gracia dun pregón, si, de festas populares, un pregón popular.
O pregón foi antecedido só por un día da noticia de que ¡por fin! haberá polígono. Algo que pasou case desapercibida, pode que pola incredulidade despois de décadas de dicir que estaba xa conseguido. Unha data orientativa pode ser 2006, aínda que despois do tempo de espera, calquera se atreve a dar con precisión o día en que o solo industrial deixe de ser un colo de botella para o desenvolvemento da vila. O día antes lembrábase a José Couso, cun libro, “José Couso:La mirada incómoda”. E dous máis, o martes 27 retornou á súa casa, a Casa do Concello, un Ibáñez non bronceado, senón polícromo e saudador, baixando as escaleiras camiño ... segundo din os agoreiros, do seu terceiro linchamento calquera noite destas.
A segunda parte do ano comezou con este mes longo que hai que acortar en noticias das que segue a producir Ribadeo en cantidade. Deu comezo a invasión temporal de Ribadeo polos turistas, e ó tempo, a reconquista de Ribadeo polos mesmos ribadenses. E non me refiro á sorpresa de que o circuíto urbano de ciclismo lograra o que non puido a igrexa no Corpus: fixo retirar a Alfombra de Goma da Pasarela Catro Calles. O que non logrou foi que despois de retirada non fora reposta en parte e noutra parte, almacenada in situ.
Todo o mes á espera do primeiro pleno municipal con intervención veciñal, o Concello segueu a dar sorpresas e foi novamente de xeito literal o centro do povo. Noticias como que está previsto prolongar ata as aceas o paseo pola beiraría, despois dunha recuperación da enseada da Vilavella que se promete próxima, compiten coa adhesión a E-RUS, unha asociación para lograr cartos da UE para o desenvolvemento da sociedade da información, neste caso, no rural, e parecen chocar coa maior dificultade de tránsito na zona portuaria. Tamén de xeito interno foi noticia, coas secuelas do convenio de persoal. Polo medio, un seminario de xeración e maduración de ideas tentou de animar o tecido empresarial do povo cara á súa diversificación e á xeracion de emprego, e competencia nutrida entre cursos e xornadas (patrimonio, medio ambiente...) con todo tipo de actuacións, entre as que son de salientar as varias e aplaudidas que ofreceu a banda ó seu público.
Ribadeo segue a salientar noutros campos. Así, neste mes no que os turistas se reparten a beirarúa cos anuncios de obras e valados ou aparcamento collido ó vóo, ou no que pinchou a policía local debido ós vidros da movida, coñeceuse a nota de selectividade cun balance que deixou a catro alumnos ribadenses entre os mellores de Galicia nesta reválida, multiplicando así por nove os resultados medios xerais.
Un pequeño comentario máis: como dende fai anos, Ribadeo albergou as xornadas medioambientais, coincidindo esta vez coa presentación do Plan Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión de gases de efecto invernadoiro para cumprir o Protocolo de Kioto. Nembargantes, a temática ribadense era máis prosaica que a salvación da saúde ambiental do planeta: Bioterrorismo. É dicir, outra máis das secuelas do 11S, mantida esta vez sen aporte da Xunta.
E ben, ¿que son todas estas novas fronte ó xenocidio en curso no Sudán, ou mesmo que Médicos sen Fronteiras se vexa forzado a marchar de Afghanistán porque a guerra, oficialmente finalizada, é terca na súa determinación de seguir?
Antonio Gregorio Montes

Thursday, August 5, 2004 01:54 p.m.


Perdon / sorry
... Perdón: non podo acceder a internet dende a casa de fai unha semana. Non sei aínda cando voltarei á normalidade.
... sorry: I can't access to internet from home (all last week) and I don't know when I will continue editing normally.

Friday, July 23, 2004 12:47 p.m.

Bioterrorismo: unha constatación / Bioterrorism: a note
As xornadas de Medio Ambiente de Ribadeo rematan mañá co tema 'bioterrorismo'. Non vexo ningunha referencia ó bioterrorismo de estado: afundimento do Prestige, contaminación ambiental legal ou permitida, productos transxénicos, ...
The Congress over contamination in Ribadeo finish tomorrow the thematic over 'bioterroris'. I couldn't see references to state's bioterrorism: Prestige, contamining permitivity, transgenic prducts, ...

Thursday, July 15, 2004 02:09 p.m.

Obras! / At work!
Levan hoxe dous meses con obras na rúa á beira da miña casa. A cortadora de pedra é tremenda. Están rematando. A alternativa era a loucura, aderezada co ruído da movida polas noites...
Today they are two monts with works in the street, just near my home. The cutter to stone is horrible. They are finishing. Alternative was to be crazy, with this sound and the sound of the happy nights...

Wednesday, July 14, 2004 06:25 p.m.

Bioterrorismo / Bioterrorism
Hoxe comezan en Ribadeo as xornadas de medio ambiente sobre ... Bioterrorismo! E sen aporte de cartos da Xunta! Non se ían meter eles no terrorismo cando xa se meteron no Prestige o ano pasado...
Todai beguin the 'Bioterrorism' congress ... without the collaboration of the Xunta of Galicia. Xunta made no apportation to terrorism after made the Prestige last year...

Monday, July 12, 2004 09:09 a.m.

Que é a humanidade? /What is the humankind?
Se consideramos o conxunto da humanidade como un ser vivo, un subconxunto da Gaia de Lovelock, entón non é comprensible que os seres humanos actuemos de xeito tan contradictorio uns dos outros. E, sobre todo, que en conxunto actuemos a modo dun cancro, crecendo en desmesura e consumindo recursos do corpo total tamén en desmesura...
If we consider the humnakind at all as a entity alive, a subelement of the Gaia's of Lovelock, then isn't comprehensible that the person act in a form so contradictory between us. And, that in all we act as a cancer, growing more and more and eating resources of all the entity also without mesure.

Sunday, July 11, 2004 10:44 p.m.

É anarquista a tecnoloxía actual? / Is anarchist technology today?
A respostas é non, pero facilita a implantación das ideas anarquistas se non é usada precisamente para machacar á xente...
Answer in no, but it made easier the implementation of the anarchist ideas, if isn't used to combat the people...

Saturday, July 10, 2004 10:03 p.m.

Unha oferta / An offer
Como estou a retrasar a posta na rede do artigo completo sobre o Camiño de Santiago no entorno de Ribadeo, se alguén me envía un correo de petición, alí irá...
As I'm delaying hang in the web tha complete article over the Saint James Way around Ribadeo, if somone send me a petition by e-mail, will receive the complete article...

Wednesday, July 7, 2004 11:15 p.m.

Nota de prensa de O Tesón / No english version
Nota de prensa enviada o 5/06/04 á prensa a raíz do convenio do persoal do Concello e a resposta dos sindicatos a unha carta da asociación de veciños ó Alcalde de Ribadeo.
Tendo chegado ás nosas mans por diversos medios o escrito dos representantes sindicais dos traballadores do Concello, a A directiva da Asociación de Veciños O Tesón queremos facer algunhas precisións sobre o tema.
En primeiro lugar, sentímonos extrañados de que, pedindo explicacións e amosando a nosa preocupación á Alcaldía, sexan os sindicatos quenes respondan. Este motivo fai que teñamos considerado non responder, consideración que desestimamos ó ser acusados de 'mentir descaradamente' e ser emprazados a 'no decir tonterías'. Por eso, esta resposta.
1.Existe unha negación gratuíta e imputación de mentira sobre da nosa afirmación dunha aparente suba ó persoal segundo a súa sindicación. Calquera que colla o convenio entre mans pode apreciar que a suba asignada ós representates sindicais é netamente superior á media, por non referirnos só en relación ó persoal ó que lle corresponden os menores incrementos. É pois unha evidencia, a parte de que poda estar xustificada doutros xeitos, que é a razón pola que, en ausencia e petición de explicacións, nos remitimos a sinalar o que indican apariencias. E repetimos: non hai explicacións e os veciños temos dereito a coñecelas, porque os empregados municipais son pagados polo Concello, é dicir, por todos nós e a todos nós teñen como misión atendernos. Os tempos de vixencia da sentencia 'todo para o pobo, pero sen o pobo' pasaron a mellor vida coa revolución francesa. Dicir que son empregados de todos nós soa moi forte, pero así é, ó igual que calquera funcionario é empregado público do grupo correspondente: local, provincial, autonómico ou nacional. Polo tanto, e mentras non sexa explicado, quen minte non somos nós, e si somos os destinatarios dun insulto gratuíto.
2.Díse no escrito sindical que se acadou o acordo sobre o convenio por unanimidade (destacado en negriña) de tódolos presentes (esto xa non está en negriña).Eso non xustifica nada máis que ós que alí estaban lles pareceu un bó acordo. Á vista dos feitos, é evidente que non a todos os empregados municipais llelo parece, e tampouco moitos outros ribadenses.
3.Estamos seguros que a unanimidade de acordo sería maior se as prebendas concedidas ós que asinan o convenio se extenderan a todo o persoal. Así a 'inmensa maioría' que se alude no escrito sindical sería aínda máis 'inmensa' ¿Significaría eso que o convenio sería mellor? Para os novos agraciados, por suposto.
4.O noso escrito non nega nin a liberdade sindical, nin a bondade da existencia dos sindicatos, que noutras actuacións, algunhas mesmo xa históricas, amosaron unha defensa do ben común á que non se lle deben regatear louvanzas. Nembargantes, o telas merecido noutras ocasións, lugares ou tempos, non os fai acreedores delas en tódolos casos, como está demostrado. Por suposto tampouco se trasladamos a actuación colectiva ás persoas que a dirixen
5.Sobre o dereito da adicación da Asociación O Tesón a uns ou outros temas só temos que remitirnos ós nosos estatutos, en man de tódolos socios. Por certo, que o dereito de saber dos temas municipais nos asiste a nós e a todo o pobo ribadense. E quen dubide do que é non só opinión senón 'comidilla' en Ribadeo, que fale coa xente e pulse a súa opinión. Claro está, sen actitudes como tratar de intimidar ou botar a bronca a ninguén: neses casos non se fala, porque non se escoita.
A Asociación segue á espera dunha explicación do convenio, que é o que se pide, dando a razón nesto ós sindicatos: seguramente necesitamos máis información, por eso a pedimos. Nese mesmo sentido, sería un bó xesto por parte dos sindicatos deixar a ironía da que tratan de facer uso e ser serios. Ou repetir o que fixo a CIG fai tres anos: poñer o convenio en internet a disposición de todo o pobo, seguramente porque o considerou lóxico o interese sobre o tema, como se pode ver aínda hoxe na rede.
Damos por finalizado este escrito facendo un chamento á defensa dos intereses de Ribadeo, sen partidismos políticos, sindicais ou persoais que podan confundir o todo coa parte interesada nunha determinada cuestión. Ribadeo somos todos.

Tuesday, July 6, 2004 12:05 a.m.

Continúa a baixar / Is continued the down
Continúa a baixar a porcentaxe de visitantes españois neste gueblo... Algún día comezarei un estudo sociolóxico do tema.
Is continued the down of the percentage of Spanish visitors in this web log... Sometime I will beguin a sociological study about this item.

Saturday, July 3, 2004 01:43 p.m.

Este verán, ven á wikipedia! / this summer, went into wikipedia!
...Hai algo de tempo, algo de ganas de coñecer cousas novas, de facer algo diferente, ... é tempo de asomarte pola galipedia, a wikipedia en galego, curiosear, colaborar, difundila, ... é de todos e está mellorando; contigo tamén o fará: mellorará e mellorarate.
...We have some time, some wish for new things, to make some differnt,... it's time to go into galipedia, the galician version of wikipedia (or the english version) be glance, collaborate, diffuse it, ... and it's going improve; with you can made this: improve it and make better to you.

Thursday, July 1, 2004 09:55 a.m.

Contraataque sindical ... (II) / No English version
Nesta páxina pódese ver o Convenio do persoal do Concello de Ribadeo ... correspondente ó ano 2001.
Polo momento, o convenio recién asinado non está colgado.

Tuesday, June 29, 2004 09:24 p.m.

Contraataque sindical / Without English version
Hoxe contraatacan os sindicatos sobre o tema do convenio no Concello de Ribadeo. ...só faltaría que non defenderan a súa sinatura. Pero é só eso: contraatacar dicindo que non se menta a xente no seu 'territorio'. Voltamos ós gremios cerrados da idade media? Non son cartos de todos? Acaso non hai queixas de traballadores que se consideran traicionados? Acaso non hai faladurías en Ribadeo? Acaso foi explicado o convenio ó pobo? Pois esto derradeiro era o único que se pedía, dicindo que a Asociación O Tesón estaba preocupada co tema. Por outra parte, o grupo maioritario parcial no Concello votou en contra...

Tuesday, June 29, 2004 08:20 p.m.

Consellería de Familia /Dept. of family. Galicia Gvt.
Recibín unha carta por ser familia numerosa. Motivo: oferta de compra 'favorecida' dun Citroen. Agora a Xunta promociona empresas privadas con cartos públicos e poñendo o seu nome como colaboradora...
I have received a letter because we are a familiy with a lot of members. Cause: an offer to by a car 'Citroen'. The Galician Govt. promote private enterprises with public budget and with the named collaborative...

Sunday, June 27, 2004 01:30 a.m.

Apartamentos O Tesón / O Tesón Apartments
(Idea de anuncio e comentario a partir dunha suxerencia de Mariano...)
Só accesibles en barco. Se tes cartos e sabes gastalos, íllate nunha paraxe con boas vistas...
- Mágoa, a draga segue a funcionar: non van ter area abonda. E os pantalás pronto chegarán ata alí, fastidiando o illamento.
(ad idea and comment from a Mariano's mail...). Arrival only by boat. If you've money and mange your income, isolate in a site with good views...
- Sorry, but drague continue working: they won't have sand bank. And movable harbour will go from Ribadeo to bank, with loss of isolament

Saturday, June 26, 2004 07:49 p.m.

Lendo a Saramago: Ensaio sobre a lucidez / Reading Saramago: Essay about lucidity
Estame gostando moito. Trato de non deixar escapar ningunha perla das que pon, como non quer a cousa, polo medio.
'Os dereitos merécense ou non'. Unha soa cita. Que fai pensar. Por exemplo: se así fora, que criterios se teñen para ese merecemento? quen os pon? quen os xulga?
I like. Much. I leave no one interesting paragraph, that aparently pose without more relevance.
'Rights will be deserved or not'. A quote. That produce think. For instance: if is so, what criteria exist to merit rights? who has put it? who is the person charged to judge it?

Saturday, June 26, 2004 02:08 p.m.

addenda to probe
only probe

Thursday, June 24, 2004 12:05 p.m.

Para os meus alumnos /Without translation in english
Esta é só unha proba para que os meus alumnos vexan como se fai a introducción dunha nova aquí. :)

Thursday, June 24, 2004 12:02 p.m.

Visita nº 600 / 600th visit
Hoxe foi feita a visita nº600 a estas páxinas...
Today was realized the 600th visit to this site...

Thursday, June 24, 2004 12:01 p.m.

Unha boa nova / A good new
Remato de ler: os EEUU non presentarán un ano máis a exención de que os seus cidadáns podan ser sometidos ó Tribunal Penal Internacional. Hai marexada detrás, pero parece que nos aproximamos un pasiño miúdo ó principio de igualdade entre as persoas, sen distinción de pertenza a un ou outro estado.
I have read: U.S.A. won't go another year with exemption of jurisdiction in the International Penal Tribunal to their citizens. Reasons are only political equilibrium, but it seems that we go into the equality principle between people, without distinction by cause of nationality

Thursday, June 24, 2004 12:00 p.m.

Unha nota de prensa sobre música e Ribadeo / A sheet to the press about music and Ribadeo
Asociación de pais e nais da Escola Municipal de Música de Ribadeo
Nota de Prensa

A ANPA da EMM de Ribadeo manifesta que onte, martes 22 de xuño, se pasou unha folla a asinar entre os asistentes ó Concerto de fin de curso da Escola. A folla dicía o seguinte:

“A Asociación de pais e nais da Escola Municipal de Música de Ribadeo, visto o funcionamento actual da Escola, pretende solicitar ó Concello:
A extensión de actividades durante o verán
A existencia de guías rectoras da escola, como o Proxecto Educativo de Centro ou o Regulamento de Réxime Interno
A comunicaicón institucionalizada entre representantes dos pais e representantes da Escola, como xa está establecido de xeito común polo Consello Escolar
A tendencia a parar a rotación do profesorado, evitando que en cursos sucesivos un mesmo instrumento esté impartido por sucesivos profesorado
Polo que, como mostra dos desexos dos pais e nais, solicita para a súa presentación a sinatura entre os asistentes ó Concerto de fin de curso (22/06/04)”

O escrito e as 127 sinaturas recollidas, como foi manifestado, son para ser entregados á sra. Concellal de Cultura, continuando o proceso de contactos para mellora da escola. Queremos manifestar asemade que xa se mantiveron diversos contactos con anterioridade na mesma vía que expresa o escrito, e que se teñen noticias dalgún paso dado xa nese sentido tanto polo Concello como polo persoal da Escola. Nese sentido, esperamos que en relativemente breve tempo sexan atendidas a práctica totalidade das nosas peticións.
Aproveitamos este escrito para, dende a Asociación, animar a tódolos pais e nais dos alumnos e alumnas a unirnos para non só ser capaces de facer máis forza, senón tamén de intercambiar máis opinións e aportar máis ideas para o mellor funcionamento da institución.
Ribadeo, 23 de xuño de 2004.

Thursday, June 24, 2004 11:59 a.m.

----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Arquivos vellos deste blog /Old archives

Para e-correo / e-mail: agremon2001 + @ + yahoo + . + es


Recuncho da lectura

Pensamentos

A galipedia, enciclopedia en galego libre

vieiros
open directory
altavista
google