|
Recuncho da lectura (''Galician reading coin'')
Pensamentos (''thinkings'')
A páxina adicada a Hernán (''Hernan's page'')
Weblog de Mariano (''Mariano's weblog'')
Weblog de Santi (''Santi's weblog'')
Vieiros - buscador galego
pitas
hotbot
yahoo
Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego
|
Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).
----
Voda! (2)
Por certo, voda en checo é auga, algo abondo máis necesario, mañá e tódolos días que a voda (real ou irreal...)
Friday, May 21, 200411:27 p.m.
Voda!
Non podo evitalo: Teño que escribir algo porque mañá terei outra razón máis para non ver a tele. Non son monárquico nin antimonárquico: sinxelamente, paso. Deséxolle ben a todo o mundo, os da voda incluídos, igual que outras moitas que se celebran en todo o mundo ese mesmo día. Eso non é ser monárquico: é ser persoa (eso creo) ;)
Friday, May 21, 200411:24 p.m.
Sobrepasado
Outra vez en clave só ribadense, vexo o rápido que poden pasar as cousas e calquer intento de seguilas vai lento. O artigo anterior sobre a banda, que sairá aínda en La comarca o fin de semana (sábado, pasado mañá) xa está hoxe desfasado.
Por que? É moi longo para o tempo que teño hoxe. O caso é que comezou o tiroteo entre os implicados direitos na banda. Novas variables que non tiran polo momento para arriba da formación. Mentras, a diretiva vai mandar unha carta ós socios non para anunciar unha asamblea, como esba previsto, senón para explicar a súa nova postura, que, segundo noticias, será o negar o novo convenio, despois de pedir unha solución ó Concello, que respostou con dito deocumento (...o certo é que, vivindo esto dende fora, seguramente haberá quen discrepe: nestes momentos, todo o mundo discrepa sobre alto, como se os feitos foran opinables, como se os feitos foran equivalentes a opinións ou posturas particulares ou colectivas, ...) en fin, continuará.
Thursday, May 20, 200411:05 p.m.
Un tema particular sobre Ribadeo: A banda e o seu momento actual
Negra
con puntiño
Vai de
música. Non se trata de ir coa música a outra parte,
senón concervar e cultivar o que xa hai, sen desperdicialo sen
vir a conto: música celestial en momentos de rock duro.
1.Introducción
1.0.Poñámonos
en situación. Deixando á vista, achegada, pero a unha
beira, a historia dunha formación que Hernán levou ó
pano internacional, collamos a actualidade. Que temos en cada unha
das partes implicadas?
1.1.Un
convenio vello de dez anos entre Amadores e o Concello que estipula
que a banda levará o nome de 'Municipal' e que actuará
10 veces ó ano para o Concello. A cambio, os músicos da
Banda alumnos da Escola Municipal de música teñen
matrícula gratuíta e o director será pagado polo
Concello. O convenio leva unha cláusula de rescisión:
cunha antelación de tres meses pode denunciarse e deixará
de ter validez.
1.2.O
Director da Escola é, segundo recolle o convenio e marca o
contrato correspondente, Director da banda e dependente do Concello.
Tras pasar un período de baixa, non se reincorporou aínda
como Director da Banda (si está a facer as funcións
correspondentes na Escola), estando outra persoa desenvolvendo ditas
labores. Esta persoa remata o contrato o próximo mes.
1.3.A
principios de curso establécese un contencioso co Concello por
parte dunha exprofesora da Escola no que se reclama o pago de
actuacións coa banda, dándolle a razón o xuíz
en base a que tanto ella como o director dependían do Concello
laboralmente, e a Banda ten asemade unha relación asimilable á
contractual (o convenio) co Concello, levando o nome d eMunicipal.
Non é a única persoa que actuou en circunstancias
semellantes nos últimos tempos.
1.4.O
estado da banda. Dende o fenecemento de Hernán, a banda tivo
un director no verán, un director provisional o curso
seguinte, un director definitivo (coincidente co anterior, o actual
titular), un período sen director, substituído por un
vello participante da banda, e outro curso que está a piques
de rematar co director substituto xa citado. Os músicos
parecen responder ó Director substituto e boa parte deles
estar en confrontación co Director titular.
1.5.A
Directiva de Amadores convoca unha xuntanza para propoñer un
cambio no convenio, de xeito precipitado e misturado cunha proposta
tardía e que sábese de antemán que terá a
unanimidade: o nomeamento de Hernán como socio de honra. Na
convocatoria non se da máis explicación da actualidade.
2.Hoxe
2.0.Nesta
situación, o Concello bota os seus cálculos parece que
a raíz da decisión xudicial e para evitar futuros
problemas, e suxire o cambio do convenio.
2.1.O
novo convenio proposto deixaría a obriga de 10 actuacións
ó ano para o Concello e a Escola de Música paga para os
músicos. Cambiaría o período de tempo necesario
para a denuncia, pois é renovable de ano en ano. Cambiaría
que a banda xa non levaría o nome de 'Municipal'. E cambiaría
que en troques do pago directo do director, o concello asume o pago
de 15.000 euros (2.500.000pts) ó ano a Amadores. De onde sae
esta cifra? Básicamente dun cálculo polo alto de
dividir en dous o costo do posto de bidirector e engadirlle unha
porcentaxe para englobar posibles subvencións e aumentos, ou,
de xeito alternativo, do cálculo das necesidades de presuposto
para un horario de dirección de banda e ensaios, e un aumento
por subvencións.
2.2.O
novo convenio é apoiado pola Directiva de Amadores e a
Concellería de Cultura, e nese sentido se presenta na asamblea
de Amadores do pasado día 8 de maio.
2.3.Previsiblemente,
o actual director en funcións da banda continuaría polo
momento, tras estar en acordo coa Directiva de Amadores. De calquera
xeito, o posto non sería fixo no sentido que non dependería
do Concello e previsiblemente (aínda que non ten por que ser
así) tería un carácter de contrato entre
Amadores e unha persoa considerada autónomo.
2.4.O
Director de Escola e Banda pasaría a ocuparse só da
Escola. O seu trato pasaría a ser polo tanto de xeito único
co Concello, coa súa variación de contrato
correspondente ó cambio de funcións como algo no que
non ten incumbencia Amadores, aínda que poda ser de interese
xeral do pobo como contrato co Concello suxeito a un convenio de
traballadores públicos.
2.5.Apréciase
unha dificultade de comunicación entre as partes implicadas,
de xeito que á Asamblea non asiste o Director titular da Banda
nin o Director en funcións, persoas implicadas nas longas
discusións que se manteñen e que fixeron que o pasado 8
de maio se tivera a Asamblea máis longa de Amadores.
3.E
despois...
3.0.Poden
estimarse varias posibilidades para o futuro segundo a aprobación
ou non do novo convenio pola Asamblea de Amadores, ou mesmo de outras
novas posibilidades de convenio.
3.1.De
calquera xeito, e dado que ata o momento tanto a información
previa como os tratos sobre o novo convenio son polo xeral
escasamente coñecidos, sempre caben interpretacións
diferentes da que eu faigo, se ben intentei poñer o exposto
aquí en xeito de información o máis obxectiva
posible.
3.2.E,
antes de chegar a calquera consideración posterior, hai xente
que trataría de presionar tanto ó Concello
(principalmente) como a Amadores (por eso de que unha directiva de
asociación, mentres non se amose o contrario, nunca fai
abondo) para lograr deixar as cousas tal como ata agora, ou parecido.
Nembargantes, parece que está pedido e a falta de ultimar
trámites, concedido, a separación do posto de Director
da Banda do de Director da Escola. Esto introduce un factor legal a
considerar en calquera negociación, a parte das causas e
situacións que se deran para ter chegado a esa división,
e tendo en conta que por outra parte pode considerarse normal dita
separación debido á carga de traballo de ambos postos.
3.4.Por
último, é necesario un par de precisións: sendo
socio de 'a pé' seguro que hai datos que descoñezo,
máis outros que terán lugar entre o momento no que
estou a escribir e a publicación, polo que sería
convinte que quen teña máis datos que os de a coñecer,
ou as explicación pertinentes, para ter unha visión
completa da situación. E segundo, creo que eso debe ser o
lóxico: a apertura dun debate do que esto só sería
un prolegómeno escrito a voapluma.
Por
certo, o de negra vai por como ven algúns a situación,
e o de puntiño porque moitas veces son as pequenas cousas as
que permite a solución para as grandes, ás que lle dan
o 'puntiño' e que non hai que confundir con 'dar a puntiña'.
É dicir, unha alusión a que pretendo non ver 'negra' a
situación, senon 'clara', e que non está rematada,
senón esperando ser rematada por ese tempo extra que fai a
nota ocupe xusto o necesario, nin menos, nin máis.
Wednesday, May 19, 200411:31 p.m.
Outras letras galegas
A lingua recebeu un pequeno agasallo o Día das Letras Galegas: a 'galipedia' pasou ese día de 1300 entradas. Coa colaboración de moitos, de cada vez máis, seguiremos cumprindo centeas primeiro, e logo milleiros e deceas de milleiros de entradas nesta enciclopedia que é de todos e para todos.
Wednesday, May 19, 200409:45 p.m.
Día das Letras Galegas
Cómo avanzaría a web en galego se cada unha das persoas que ten escrito algo algunha vez o publicara na web? E se só o fixera a décima parte? Entroncade isto coa facilidade de métodos como a [[http:gl.wikipedia.org wikipedia]] ou sinxelamente enviar por correo electrónico o escrito a Bivir, e teremos un renacemento cultural (craro, habería que poñer un pouco de criba, porque se nón, ía colarse de todo... ;) )
Monday, May 17, 200404:43 p.m.
Para os lectores
Estiven practicando ese vicio de pensar.
Estiven pensando e ... decidín interactuar.
Contigo, lector. Por eso, establezo o agremon-arroba-senfios-punto-com para recibir as vosas mesaxes.
Por...
*saber que opinades
*evitar o non ter unha posibilidade de resposta da vosa parte
*saber que sodes, como sodes
*... e moitas cousas máis.
Ah! Esquecíaseme! o emu compromiso inicial de postear algo cada un mínimo de 15 días, rebáixoo/auméntoo a un mínimo de 1/semana (excepto 'vacacións'... :) ) e tenderei a sacar algo cada dous días, pero... sen compromiso.
Ata pronto.
Sunday, May 16, 200411:34 p.m.
La mejor forma de mirarse el ombligo
O mellor xeito de mirarse o embigo, que diriamos nós. Coido que, excepto solucións particulares, o mellor xeito é empregar o espello ou facer que alguén o mire por nós e nos transmita os resultados, sexa persoa ou aparello.
O día das letras galegas, 17 de maio, Galiza en xeral é unha festa, a festa da lingua. Tal parece como se ese día de especial tratamento ó galego fora adicado precisamente a festexar o que se pode calificar de avances da nosa lingua. É dicir, facer un exercicio equivalente a non mirarse o embigo porque o embigo está ben. A sabendas de que estou simplificnado, e polo tanto, deixando a unha beira excepcións, pódese contradicir o anterior con algo como: e, cómo se sabe que o embigo está ben se non se mira de xeito adecuado? E, se só se mira o embigo, como ter unha referencia para enxuiciar se está ben ou non?
Sunday, May 16, 200411:32 p.m.
Este é o meu marco para esta páxina
Decidín poñer esta información na rede: o marco que uso para a páxina, como informaicón introductoria para quen lle poda interesar...
'' Agremon weblog (the galician pitas page)
Agremon weblog (the galician Pitas page)
|
''
Monday, May 10, 200412:24 a.m.
votacións na rede
... Resulta que a wikipedia estará de eleccióna a fin de mes. Antes da Europeas, as libres. :)
É algo bó, a democratización dunha liberdade...
Sunday, May 9, 200411:50 p.m.
As noites decrecen: abril en Ribadeo
En abril o día xa predomina sobre a noite, e a puxanza da primavera implica unha actividade patente; non é extrana a abundancia de referencias para este mes no que a derradeira noite un local convocaba á festa preguntando ¿de quién es la noche? Esa poderia ser unha metáfora deste abril ribadense en moitos temas: Quen é o protagonista? Quen é o autor do 'ordeo, mando e faigo saber'? O vandalismo nas Catedrais ou na carretera do faro, ou en comunidades de viciños, coa descarga de extintores, roubo de cadros, devoltos no portal, ... dan sentido á pregunta: de quen é a noite? Non é pregunta vana, alomenos se contamos unha visita a reseñar neste período: a dos participantes do Congreso Galicia-Irlanda, catedráticos irlandeses e outros participantes recibidos... con alcohol, nouturno e na rúa: a 'cultura' promovida neste caso parece contradictoria con outras, como as charlas periódicas para mulleres promovidas pola Concellalía de Cultura. Contraste parello ó dunha pranta de reciclado de lixo e cúmulo de bolsas e demais lixo que observa calquera visitante (por exemplo, os do Transcantábrico) na traseira do Eroski. Por certo, punto emerxente de reunión en Ribadeo, ó estilo dos centros comerciais ou os mall americanos, que sería aínda máis duro de roer polo comercio local se disfrutara de accesos peatonais que convertiran nun paseo o achegarse alí.
Mentres, pasaron 365 días dende que fixeron que Couso nos deixara, un ano no que seguiu a ser lembrado periodicamente ata agora, a piques do regreso de Iraq dos destacamentos que noitos pensamos que nunca deberan de ter ido. E tamén parece que a pouco tempo de que outros ribadenses, os irmáns Moreno, volvan á terra, á sombra do edificio que lembra o seu nome dende 1911.
Comezou un 'Plan de calidade' para a hostelería, que pode significar moitas cousas diferentes para todo o pobo, incluídas unha percepción distinta do xeito de facer negocio e o posible aumento de ganancia, esperemos que tamén para o medio ambiente. Contrasta esa iniciativa coa xa vella falta de polígono industrial que se segue a sufrir e que ten afogada a posibilidade dunha base industrial, e tamén, na mesma liña, coa posible emigración da única empresa aeronáutica en abondos quilómetros á redonda.
Foi o mes da autovía, do seu comezo efectivo. Anunciouse o inicio da construcción da A8 entre Vilar e Vilaframil para fin de mes o mesmo día que se dixo que os pagos dos terreos serían o 19 e o 20, asi, sen máis. Ámbalas cousas foron adiante, como as primeiras fixacións na dársena de Porcillán para a ampliación de postos de atraque no peirao deportivo, nun empuxe que contrasta nos mesmos días coa unión das confrarías de pescadores de Rinlo e Ribadeo en busca da súa supervivencia.
Tamén foi o mes da Semana Santa, foi procesións, libro 'das festas' (da S.S.) ... e un ano máis, de destemporización. Que é senón ver confrontados os anuncios de procesións e bares, en competencia os uns cos outros? Está craro, en Ribadeo vívese o fenómeno da globalización, neste caso en xeito de substitucións de festas ... con cartos polo medio.
Sinalando xa maio moitos ribadenses recibimos un sobresalto coa convocatoria dunha asamblea extraordinaria de Amadores da Música, a entidade societaria que ten maior número de afiliados locais e soporte da banda, para prantexar de xeito apresurado unha variación no futuro da agrupación musical. O porvir musical marcou así o fin de mes de moitos que, de pronto, sentiron a necesidade de exercer como amadores, e non só para votar unha tardía atribución de socio de honra á persoa de Hernán Naval. E, en cultura tamén, unha reseña con nome propio: Santiago Sanjurjo achégase ós Premios Nova 33, de grata lembranza para os ribadenses por mor de Eva Moreda.
Para rematar, poñamos a este mes ribadense dúas pinceladas de paisaxe externa: foi anunciada a recuperación de fuel do Prestige para maio, curiosamente, por unha subcontrata. Fará posible que a natureza se recupere de xeito adecuado (sen subcontrata para limpeza extra)? Pode que fora tamén un mercenario subcontratado o que fixo posible que rexistraran ó Príncipe nun aeroporto dos EEUU, dun xeito que trae á memoria o trato dado a calquera sospeitoso de colar bombas ou droga nun avión. Predisporá a D. Felipe un incidente tal a unha visión da vida máis parella á do pobo que 'está chamado' a rexentar? En caso de respostas afirmativas, benvidas sexan ambas noticias
Thursday, May 6, 200409:51 p.m.
Pedíronme que contestara un par de preguntiñas sobre o ruído, as asociacións, as normas de reclamacións e a resposta das administracións, sen demasiado prantexamento. Esta foi a resposta (en castelán, como a pregunta):
Hola, Xxxxx. Paso a contestarte sintéticamente desde Ribadeo (Galicia)
Las administraciones procuran no tratarnos: simplemente retrasan el
reconocer que existimos, y cuando lo hacen, forzadas, dan largas, evasivas,
... y soluciones en falso, y más plazos...
Normas sobre procedimientos? Ninguna explícita. Si hay división de
competencias y peloteo para pasar los problemas de uno a otro, no
'extralimitándose' nadie, no vaya a ser. Las asociaciones van haciendo
camino al andar, camino que se cierra una y otra vez detrás de su surco,
como si fuera en la mar. Los intereses económicos, más aún, los intereses de
los poderes fácticos hacen las circunstancias.
En fin, Xxxxx, si necesitas algo más...
Antonio Gregorio
Tuesday, April 27, 200410:50 p.m.
Feira!
Hoxe comezou a X edición da Feira da ciencia e Tecnoloxía. Cando deseñei a primeira edición, fíxeno para perdurar, e o tempo está dándome a razón.
Pero, Que é a Feira? É unha mostra de ensino feita por e para xente que quere aprender. Máis... Si, moito. Pero non é cousa dun paseo rápido. As noticias de hoxe na edición da Mariña de Progreso e La Voz de Galicia.
Por que non navegas procurando a 'Feira da Ciencia e Tecnoloxía'?
Tuesday, April 20, 200410:53 p.m.
Ensinanza, para que?
Ensinanza, para que?
Nestes tempos de intercambio de poderes, a cousa educativa deu abondo que falar. Parece que o control da educación é fundamental para o poder social (cousa nada nova, por outra parte) e non só para formar os individuos.
Facendo un pouco de memoria, agora que xa Z xuntou ben o P para converterse no ZP dos carteis, dende que a educación se xeralizou no sentido que a entendemos agora, a súa dependencia do estado (antes, da igrexa), ou de quen ostenta o poder na estructura estatal (antes, da estructura eclesiástica) soe ser crara. E non falo no sentido presupuestario, senón en relación ó intento de control social. Hai que lembrar, por exemplo, que neste estado que tempos, o movemento pedagóxico máis valorado en varios séculos foi a 'Institución Libre de Enseñanza', fundada a partir de persoas ás que se lle enaxenou a cátedra por parte dos poderes establecidos en base a cousas como a defensa do Darwinismo en contra da postura oficial da igrexa. Por que se valora dito movemento? Precisamente polo entronque libre da xente, a súa vida, o seu tempo, e as ideas, ensinando a pensar e subministrando unha base para partir nos pensamentos, o que convirte a intelixencia en instrumento propio e non subordinado a unhas ideas impostas por interesados poderes sociais previos.
Moito se pode dicir do tema, pero voltando ó párrafo inicial, hai certas cousas que sobresaen nas discusións destes tempos. Pode que a que vou remarcar non sexa a que ocupa os titulares da prensa, peo en boa parte da o apoio ós mesmos. En España padecemos certa titulitis, enfirmidade certificada con diversos nomes, de diagnose doada no corpo educativo pero de solución non crara aínda no corpo social. Por dicilo con outras palabras, é unha versión a nivel educativo daquel 'Ter ou ser' co que Erich Fromm tratou de poñer o seu grao de area para que as persoas non deixaramos de selo.
Dende a xeralización do ensino, o número de títulos é cada vez máis numeroso, ó tempo que aumenta o número de persoas que teñen cada un deles. Aplicando a típica lei de oferta e demanda, ó aumentar a oferta, a demanda cada vez é máis esixente e valoriza menos eses papeliños que certifican a titulación. Mentras por circunstancias non se daba enchido a demanda, non se observou o proceso dun xeito craro, pero unha vez que boa parte da demanda estivo comprida, foi evidente o proceso. Pode que por eso a 'élite', unha vez controlado o poder dos cartos, se volcara no control do poder da titulación tratando de voltalo de novo ó seu favor, é dicir, regulando títulos de primeira e segunda ou desfavorecendo un ensino público que non serve ós seus intereses como o facía antano.
Relendo de xeito crítico o párrafo anterior, poñéndome na cabeza de xente de diversas ideas, admito que para algunhas poda ser motivo de escándalo o que para outras non é senón unha traslación a palabras craras dun debate levado con grandes frases e posturas teatrais, pero dun xeito máis ben obscuro, como mandan os intereses creados (véxase a obra de Jacinto Benavente) e que tende a resolverse en base a eses mesmos intereses.
... Como o mesmo debate, continuará.
Antonio Gregorio Montes
Saturday, April 17, 200408:34 p.m.
----
Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).
|

Recuncho da lectura
Pensamentos
Arquivos vellos deste ueblo
A galipedia, enciclopedia en galego libre
vieiros
open directory
altavista
google
|