Agremon blog / the galician Pitas page

Pensamentos dixitais / Digital thinking

Recuncho da lectura / Galician reading coin

Pensamentos / thinkings

A páxina adicada a Hernán / Hernan's page

Weblog de Mariano / Mariano's weblog

Weblog de Santi / Santi's weblog

Vieiros - buscador galego


pitas
hotbot
yahoo

Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).


Unha nota máis: Os arquivos van sendo numerosos, os pasados poden visitarse coa ligazón la beira dereita
A note: The nombre of archives is crescent; because of that, past articles can visite clicking the link in right up side. ----

Para os meus alumnos /Without translation in english
Esta é só unha proba para que os meus alumnos vexan como se fai a introducción dunha nova aquí. :)

Thursday, June 24, 2004 11:51 a.m.

Visita nº 600 / 600th visit
Hoxe foi feita a visita nº600 a estas páxinas...
Today was realized the 600th visit to this site...

Wednesday, June 23, 2004 11:07 p.m.

Unha boa nova / A good new
Remato de ler: os EEUU non presentarán un ano máis a exención de que os seus cidadáns podan ser sometidos ó Tribunal Penal Internacional. Hai marexada detrás, pero parece que nos aproximamos un pasiño miúdo ó principio de igualdade entre as persoas, sen distinción de pertenza a un ou outro estado.
I have read: U.S.A. won't go another year with exemption of jurisdiction in the International Penal Tribunal to their citizens. Reasons are only political equilibrium, but it seems that we go into the equality principle between people, without distinction by cause of nationality

Wednesday, June 23, 2004 10:55 p.m.

Unha nota de prensa sobre música e Ribadeo / A sheet to the press about music and Ribadeo
Asociación de pais e nais da Escola Municipal de Música de Ribadeo
Nota de Prensa

A ANPA da EMM de Ribadeo manifesta que onte, martes 22 de xuño, se pasou unha folla a asinar entre os asistentes ó Concerto de fin de curso da Escola. A folla dicía o seguinte:

“A Asociación de pais e nais da Escola Municipal de Música de Ribadeo, visto o funcionamento actual da Escola, pretende solicitar ó Concello:
A extensión de actividades durante o verán
A existencia de guías rectoras da escola, como o Proxecto Educativo de Centro ou o Regulamento de Réxime Interno
A comunicaicón institucionalizada entre representantes dos pais e representantes da Escola, como xa está establecido de xeito común polo Consello Escolar
A tendencia a parar a rotación do profesorado, evitando que en cursos sucesivos un mesmo instrumento esté impartido por sucesivos profesorado
Polo que, como mostra dos desexos dos pais e nais, solicita para a súa presentación a sinatura entre os asistentes ó Concerto de fin de curso (22/06/04)”

O escrito e as 127 sinaturas recollidas, como foi manifestado, son para ser entregados á sra. Concellal de Cultura, continuando o proceso de contactos para mellora da escola. Queremos manifestar asemade que xa se mantiveron diversos contactos con anterioridade na mesma vía que expresa o escrito, e que se teñen noticias dalgún paso dado xa nese sentido tanto polo Concello como polo persoal da Escola. Nese sentido, esperamos que en relativemente breve tempo sexan atendidas a práctica totalidade das nosas peticións.
Aproveitamos este escrito para, dende a Asociación, animar a tódolos pais e nais dos alumnos e alumnas a unirnos para non só ser capaces de facer máis forza, senón tamén de intercambiar máis opinións e aportar máis ideas para o mellor funcionamento da institución.
Ribadeo, 23 de xuño de 2004.

Tuesday, June 22, 2004 11:59 p.m.

Hip hip hurra! / No English version
Copiado do gueblo de Mariano Grueiro:

codigo de busquedas para a galipedia
on 20/06/2004

Escribin un pequeno anaco de codigo para o Mozilla , se o pos na barra de direccións, faiche unha busqueda directa dun termo (podes deixalo como favoritos). Fíxeno baseandome noutras cousas que vin pola rede.
So hay que copiar e pegar:

javascript:Qr='';if(!Qr){void(Qr=prompt('Wikipedia en Galego. Teclea a palabra que queiras atopar',''))}if(Qr)location.href='http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Search?search='+escape(Qr )+'&go=Ir'


Na barra das direccións.
O pegas, daslle a retorno e sairá unha ventaniña preguntando a palabra, so hay que poñela, e levarache directamente a ese termo da Wikipedia en galego. E se non aparece nada,sempre podes editalo e poñer o que poidas ;-)

Tamen podes acceder a el premendo aqui

Agardo que lle seña a alguen de utilidade.
(recoñezoo, sei que este pequeno anaco de codigo vai cambiar a historia galega contemporánea. Calquera pode poñelo como ligazón, comezará a poñerse en páxinas persoais, logo en comerciais e por ultimo nas da administración, co tempo a xente animarase máis e mais a encher termos, a granenciclopediagallegoqueporfinengallego perdera lectores e aumentarán os da galipedia, e a nova rapazada seralle dificil entender que houbo un dia no que existian so unhas ducias de termos na galipedia, e preguntaranse que que se facia neses tempos cando non había galipedia. Ride ride, que sabedes que é certo, e non pretendo recoñecementos -o recoñecemento teria que ir os que colaboran co que poden coa galipedia, e este codigo e un xeito de que todos poidan aproveitar todo ese esforzo. Precisamente irase pasando isto anonimamente, de xeito social -cantos weblogs había hay catro anos?- , e chegará -ogalla!!!- a normalizarse :-P )

Monday, June 21, 2004 11:09 p.m.

De novo a draga / Dredge, another time
De novo está actuando a draga na ría. Agora, pola canle das Figueiras. E logo dirán que a ría a teñen ben coidada...
Another time is working the dredge in the Ribadeo's ria. Today, by Figueras channel. And after, they will say that the ria is maintained with care...

Monday, June 21, 2004 10:52 p.m.

Derradeira versión de 'Tres festas' /No english version

Tres festas e máis

Vai anos que, traballando sobre outro tema, comecei a cavilar sobre varias cousas relacionadas coas festas. Naquel momento, pareceume lóxico pensar en dividilas en tres tipos, considerados así en relación ó que senten as persoas que as viven ou as viviron: as incomparables, as comparables e as que non admiten comparación.

Festas incomparables serían as que senten os máis pequenos. Non teñen comparacion posible porque carecen de referencia e de interese en comparar. É pouco a pouco, cando se van vivindo máis e máis festas diferentes, cando vai perdendo o sentido o encadrar nesta categoría o que as persoas sentimos por unha festa particular.

Así, ó ir abandoando as festas a primeira categoría, van pasando a ser comparables e comparadas: entran ó mesmo tempo na segunda. Este grupo corresponde maioritariamente coa xente dunha idade media, con toda a elasticidade deste termo. Son os que lembran as festas pasadas, pero véndoas e sentíndoas dun xeito aínda próximo, de forma que se aplican máis ou menos os mesmo criterios para xulgar o pasado e o presente. Nembargantes, co paso do tempo, o pasado váise idealizando, distanciando, transformando nas nosas lembranzas e chegando a ter un vago parecido coa realidade transcorrida. É neste proceso no que se van identificando cada vez máis as características do terceiro grupo de festas.

As que non admiten comparación non teñen ese título pola imposibilidade de comparar, somo ocorría coas incomparables,senón porque dun xeito ou outro pasaron a formar parte de nós e non podemos establecer relacións entre ellas e outras sen deixar de ser obxectivos.

Vése que os tres tipos non son 'puros', é dicir, que normalmente estamos a cabalo entre dous dos tres grupos anteriores, ou mesmo entre os tres, aínda que predomine un ou outro. Nembargantes, o dármonos conta desta clasificación das festas segundo os propios sentementos despregados respecto a ellas, lévanos a entendelas mellor, incluíndo a influencia das circunstancias (as propias da persoa, as da sociedade, etc) ou o disfrutalas mellor, pasando tamén pola mellor comprensión dos organizadores ou dos propios animadores dos actos festivos e as obras que realizan para as festas.

Permítaseme citar a Xesús: 'só os que sexan como picariños entrarán no reino dos ceos'. Fagamos agora unha semellanza: 'só os que sentan como nenos disfrutarán das festas'. Ligo o anterior coa clasificación que fixen antes: por grupos, eu diría que os que en xeral máis disfrutan das festas son os pequenos, porque se mergullan nelas sen prexuizos, nin comparacións, senón vivindo o día a día. ¿Vése a relación entre a clasificación e o desfrute das festas?

Ben, seguindo outros criterios, as festas poden clasificarse por exemplo en tradicionais e de novo cruño, abrangueno istas a proliferación de festas gastronómicas que se da na actualidade, ou as xunguidas á recuperación dunha suposta memoria histórica, como as medievais de Mondoñedo ou o recente 'Arde Lucus'. As tradicionais estarían asociadas ó santoral, como as patronais, ou a algunha atadura histórica máis ou menos desfigurada pola imaxinería popular e misturada con outros elementos, como a de As Cruces en A Ponte. Ou tamén podemos clasificar as festas segundo a súa interioridade: festas para o exterior, para os visitantes, mesmo para incrementar os turistas no pobo, e festas para o interior, máis familiares.

E hai máis, moitas máis, clasificacións posibles, dependendo dos criterios que se tomen para facelas. Pero unha vez presentada a primeira que cito neste artigo, basada en sentementos, e tratando de deixar a unha beira momentos especiais que todas as persoas temos e que asociamos con feitos que nos sucederon e que polo tanto non se poden englobar a nivel xeral, as outras divisións dentro da familia das festas podemos deixalas sen citar e centrarnos nestas festividades nosas. ¿De que tipo son? Como dixen, a clasificación varía de persoa a persoa: a festa é nosa, e a cada un lle toca facer o propio xuizo. Pero, para eso, antes, hai que vivila. E iste é o momento de facelo. De calquera xeito, a cánta xente lle interesa facer unha clasificación das festas máis que desfrutar delas?

Antonio Gregorio Montes

Monday, June 21, 2004 06:15 p.m.

Unha noticia sobre investigación / A new into research
Hoxe lin un artigo e entereime: en España gástase máis en lotería que en I+D. Naturalmente, menos que o que gasta Intel. Remataremos xa con aquelo de 'que inventen eles'? (debida a Miguel de Unamuno e incomprendida)
Today I have read an article in newspaper and I know that in 'Spain' we spend more money in lottery that in I+D. Less than intel. We will finish with the celebre sentence 'that they invent'(due to Miguel de Unamuno and misunderstanding)

Sunday, June 20, 2004 11:40 p.m.

Lei de Stefan-Boltzmann / Stefan-Boltzmann Law
Gracias ós físicos de principios do século pasado sabemos que a cantidad total de enerxía emitida por un corpo é proporcional á temperatura (absoluta) elevada á potencia cuarta, o que se coñece como Lei de Stefan-Boltzmann. Gracias a ela, sabemos que se a terra quence por termo medio un grao, emitirá algo así como 1,5% máis de enerxía... o que gracias a Deus fai que o efecto invernadoiro se mitigue un pouco. Chegará para salvar o planeta e de paso, a nós?
Physicists of beguin of XX century say us that the total amount of energy tha a body will give si proportional to the (absolute temperature)4 knew as Stefan-Boltzmann Law. Merci that, we knew that if Earth heat one degree (ºC), go give 1,5% plus energy into space. Merci Good, because this law can mitigate the greenhouse effect. Can be enough to save Earth and we?

Sunday, June 20, 2004 11:09 p.m.

Non temos constitución europea / Don't have European Constitution
Non, non temos constitución europea a pesares do que dicen as novas. O acordo debe ser refrendado polo pobo. É o pobo, nós, quen temos o poder para dotarnos de Constitución. É alarmante que se terxiversen cousas como esta.
No, we don't have a European Constitution, against news diffused. The agreement obtained is necessary to be authentified by people. Is people, we, who has power to assume the Constitution. Is object of alarm a so variation of things as this in the mentality of press

Saturday, June 19, 2004 07:57 p.m.

Unha nota breve / A short note
Rematou a selectividade por este fin de curso. Ben ida vaia. Agora, a tomar un pouco de descanso...
end of the selectivity to entry in the University. O.K. It's the moment to have joy to live!

Friday, June 18, 2004 06:03 p.m.

Hoxe / Today
Hoxe... sinxelamente non teño tempo para poñer o que querería. Esperemos que sexa mañá.
Today... only I don't have time to hang that I will... I hope tomorrow will be.

Thursday, June 17, 2004 11:58 p.m.

Esbozo para o libro das festas
Tres festas e máis
Vai anos que, traballando sobre outro tema do curre, comecei a cavilar sobre varias cousas das festas. Naquel momento, pareceume lóxico pensar en dividilas en tres tipos, considerados en relación ó que senten as persoas que as viven ou as viviron: as incomparables, as comparables e as que non admiten comparación.
Festas incomparables serían as que senten os máis pequenos. Non teñen comparacion posible porque carecen de referencia e de interese para facela. É pouco a pouco, cando se van vivindo máis e máis festas diferentes, cando o encadrar nesta categoría o que as persoas sentimos por unha festa particular vai perdendo o sentido.
Así, cando as festas van abandoando a primeira categoría, van pasando a ser comparables e comparadas: entran ó mesmo tempo na segunda. Este grupo corresponde maioritariamente coa xente dunha idade media, con toda a elesticidade deste termo. Son os que lembran as festas pasadas, pero véndoas dun xeito aínda próximo, de forma que aplican máis ou mens os mesmo criterios para xulgar o pasado e o presente. Nembargantes, co paso do tempo, o pasado váise idealizando, distanciando, transformando nas nosas lembranzas e pasando a ter un vago parecido coa realidade transcurrida. É neste proceso no que se van identificando cada vez máis as características do terceiro grupo de festas.
As que non admiten comparación non teñen ese título pola imposibilidade de comparar, somo ocorría coas incomparables,senón porque dun xeito ou outro pasaron a formar parte de nós e non podemos establecer relacións entre ellas e outras sen deixar de ser obxectivos.
Vése que os tres tipos non son 'puros', é dicir, que normalmente estamos a cabalo entre dous dos tres grupos anteriores, ou mesmo entre os tres, aínda que predomine un ou outro. Nembargantes, o dármonos conta desta clasificación das festas segundo os propios sentementos despregados respecto a ellas, lévanos a entendelas mellor, dende a influencia das circunstancias (as propias da persoa, as da sociedade, etc) ata o disfrutalas mellor, pasando tamén pola mellor comprensión dos organizadores ou dos propios animadores dos actos festivos.
Permítaseme citar a Xesús: 'só os que sexan como picariños entrarán no reino dos ceos'. Fagamos agora unha semellanza: ' só os que sentan como nenos disfrutarán das festas'. Ligo o anterior coa clasificación que fixen antes: por grupos, eu diría que os que en xeral máis disfrutan das festas son os pequenos, porque se mergullan nelas sen prexuizos, nin comparacións, senón vivindo o día a día. ¿Vése a relación entre a clasificación e o disfrute das festas?
Ben, seguindo outros criterios, as festas poden clasificarse por exemplo en tradicionais e de novo cruño, abrangueno istas a proliferación de festas gastronómicas que sa na actualidade, ou as xunguidas á recuperación dunha suposta memoria histórica, como as medievais. As tradicionais estarían asociadas ó santoral, como as patronais, ou a algunha atadura histórica máis ou menos desfigurada pola imaxinería popular e misturada con outros elementos, como a As Cruces en A Ponte. Ou tamén festas para o exterior, para os visitantes, mesmo para incrementar os visitantes do pobo, e festas para o interior, máis familiares.
E hai máis, moitas máis, clasificacións posibles, dependendo dos criterios que se tomen para facelas, pero unha vez presentada a primeira que cito neste artigo, basada en sentementos, e tratando de deixar a unha beira momentos especiais que todas as persoas temos e que asociamos con feitos que nos sucederon e que polo tanto non se poden englobar a nivel xeral, as outras divisións dentro da familia das festas podemos deixalas sen nomear e centrarnos nestas festividades nosas. ¿De que tipo son?
Como dixen, a clasificación varía de persoa a persoa: a festa é nosa, e a cada un lle toca facer o propio xuizo. Pero, para eso, antes, hai que vivila. E iste é o momento de facelo.

Thursday, June 10, 2004 12:57 a.m.

Nubes de varias cores
Hoxe, vindo de Lugo por Vilalba atopeime unha nube diferente, moi bonita, con tonaidades dende o laranxa suave ata ese bermello obscuro e impenetrable da sangue seca, pasando polo bermello vivo, a través do que se vía o sol xa preto da posta desfigurado, relocendo nalgunhas direccións pola refracción a través das nubes... un espectáculo merecedor dunha tirada de fotos. Parece mentira que a contaminación poda dar lugar a unha beleza tal ... porque a nube, que se extendía por todo o horizonte cun grosor variable, contrastaba coa brancura das outras trazas de nuvbes visibles e tiña o seu nacemento na cheminea da Central térmica de As Pontes, sendo empurrada cara ó sur por o vento dominante nunha situación de alta presión na zona.
Dende que, á saída de Lugo imaxinei o que era, ata a confirmación visual preto de Vilalba, deume tempo a pensar sobre outras cousas coas que me atopei na mesma tarde. Unha, na radio, naqueles mismos instantes, había nun programa de economía no que se expoñían diversos razoamentos en torno ó petróleo, citando dende a guerra desatada por Bush ata o aumento do precio dos plásticos na actual situación de aumento de precio da materia básica, pasando pola comparación entre a crise petroleira dos anos 70 coa actualidade. Así, dicíase, que os 34 dólares que se chegou a pagar de aquela polo barril de petróleo serían hoxe uns cento catro, é dicir, máis de 85 euros. Ou que as multinacionais téñenos dependendo do petróleo porque lles interesa, por razóns do seu porpio benestar económico, non do noso.
Ese mesmo día, na prensa puiden ler un artigo que aparecía sobre o cambio climático, no que se aseguraba que era parable e ó tempo que era necesario nun século deixar de botar á atmósfera máis dióxido de carbono. E tamén se lle poñía un prezo á substitución das fontes enerxéticas non renovables: un 3 ou 4 % do producto nacional bruto, é dicir, o crecemento dun ano. Non me parece que sexa moito, parar de crecer un ano para solucionar unha boa parte do futuro común da humanidade, pero á vista está que non se levará a cabo tal transofrmación polo momento. Pouco importa que se prevea que en poucos anos desaparecerán illas enteiras baixo as augas, incluído algún país, ou que se poda cambiar o clima mundial de tal xeito que Galicia pase a ser un deserto como unha canción dos sesenta pregoaba.
A cuarta cousa relacionada foi unha exposición que visitei de pasada pouco antes de saír de Lugo: 'Genes y alimentación', así, en castelán e a correspondente traducción inglesa aínda a nivel sonoro. Era na Deputación lucense, patrocinada por unha multinacional alimentaria na que se podían observar, entre outras cousas curiosas, a seguinte: no primeiro panel aseguraba que as artelladas xenéticas tiñan necesidade de unha normativa de verificación de seguridade moi estricta; era o único sitio onde aparecía algo sobre normativa, adicándose o resto da instalación, nun local público, a facer propaganda non xa sobre a multinacional, senón sobre a bondade das técnicas de manipulación xenética. Naturalmente, as contraindicacións dos productos, non aparecían por ningún lado.
Se no transcurso como moito de dúas horas puiden observar a nube e aprender os tres documentos, estando adicado a outra labro completamente diferente, pensei chegando a Vilalba, é que na realidade hai moito máis. E estámolo sufrindo todos. O que non sei é ata cando.

Thursday, June 10, 2004 12:55 a.m.

Go, Michael Moore
En protesta pola páxina 'stop Michael Moore', levanto a miña pequena contribución ó seu favor.

Tuesday, June 15, 2004 11:17 p.m.

Unha nota biográfica/A biographical note
Hoxe souben que aprobei o exame libre do primeiro ciclo de francés (equivalente ó terceiro curso)
Today I've know that I've passed the exam to 1st grade of French Language (equal to have 3rd course)

Tuesday, June 15, 2004 10:50 p.m.

Selección para camisetas universitarias/Selection to have a 'universitary T-shirt'
Mañá comezará en Galicia a 'selección para camisetas universitarias', ou sexa, as PAAU. Cada ano con menos xente, por eso do descenso da natalidade, pero tamén con menos profesores per cápita para atendelas...Sorte a todos os alumnos!
Tomorrow will beguin in Galice the 'selection to have an universitary T-shirt', called PAAU. Each year, less number of students go to the selection, because less natality, but also less number of teachers per capita to put attention in... Good luck to all people!

Tuesday, June 15, 2004 10:43 p.m.

'El turismo clama por una reconversión'/Tourism claims for reconvertion
Ese é o título dun artigo que leín a fin de semana. '...planes de inversión en los destinos costeros más degradados'. O colmo! Resulta que primeiro arrasan con todo, construíndo a borde do mar, contaminando todo, exprimindo a natureza ó máximo e logo piden fondos de todos para seguilo a facer, unha vez que xa obtiveron abondos beneficios económicos. Pois algo parello opino que está a ocorrer a nivel planetario, que pode producir algo semellante ó que pasou na illa de Pascua... (Teño un artigo en papel sobre o tema, pero tereino que atopar para pasalo a formato dixital para explicar esto que poño)
Is the title of an article read in the newspapers this weekend. 'planning to put money in the coast destinations more carefully traited'. First, the enterprise has arrased the coast, and after, the enterprises claim for help to continue make money. I think that something similar is occurring at planetary level. And could produce something similar a that what is passed in Pascua Island... (I've an article publied in a newspaper to explain this, but I don't have much time to search the article and put it in digital format...another day will be)

Tuesday, June 15, 2004 09:21 a.m.

Sensacións /Sensations
Hoxe funme examinar. Non ven a conto de que. O resultado, creo que bó, pero xa se verá. O caso é que fun distendido, aun día de que milleiros de estudantes comecen as probas de acceso á Universidade. É unha diferencia grande facer as cousas por gusto a facelas obrigado... e os resultados, en xeral, tamén diferentes. Unha regra didáctica a repensar.
Today, I have made an examination. Isn't importan the matter. The result, I think O.K., but I will see the note. The question is that I have made the exam placid, a day before that thousands of students beguin the examinations to acceed into University in Galicia. Is a big difference made things because the person will or compulsory... the results, most of times, also differents. A didactic rule to remind.

Tuesday, June 15, 2004 12:20 a.m.

A Unión Europea e Turquía
Hoxe normalizáronse polo que parece as institucións da EU dos 25. Nembargantes, segue a estar fora Turquía, e non entendo ben por que. Se alguén entende que é por algo máis que por política, ó ser tan grande como Alemaña en poboación, por favor, que mo explique. (Gracias anticipadas...)

Sunday, June 13, 2004 11:47 p.m.

Promoción, matrícula e camisetas / Promoting, inscription and t-shirt
Remato de enterarme: as Universidades de Galicia regalarán camisetas como promoción ós novos alumnos. Sen comentario.
I have know recently: the Galician Universities will make a gift of T-shirts as promotion to new students. Without more comments...

Sunday, June 13, 2004 11:41 p.m.

Para beneficios e servicios, en Ribadeo e no mundo / To benefit and service, in Ribadeo and around the World
En Ribadeo lévanse privatizando a xestión de siversos servicios un certo tempo. E, digo eu: se hai que pagar a empresas privadas para que teñan beneficios ó tempo de ofrecer servicios, non sería máis barato e rendible facelo de xeito público, sen necesidade de obter beneficios? Se esto non é así, a palabra só pode ser ou ben mala xestión ou ben corrupción...
In Ribadeo, athorities have privatized several services time ago. And I say: if is necesary pay to have benefit to an enterprise, I think is more easy and better make this form public administration... Is isn't so, is because a bad management or corruption...

Sunday, June 13, 2004 11:29 p.m.

Facendo o camiño de Santiago
Comezamos o Camiño de Santiago. Fixemos a segunda etapa, neste caso Cubelas - Lourenzá, case 18km. Imos facéndoo pouco a pouco, de xeito que cada semana facemos unha. Non é a mellor forma de facelo, polo menos segundo eu coido. Nembargantes, cada un faino como pode.
... por eso puxen o outro día na rede o tramo Ribadeo - Cubelas ...
Seguiremos.

Saturday, June 12, 2004 07:51 p.m.

... Collido do blog de Mariano
... e en experimentación neste...: '''Atopei na rede unha firma ben curiosa no blog dunha moza:'''


Friday, June 11, 2004 11:07 p.m.

God save Mr. President! A reflection about death of Mr. Ronald Reagan /Deus salve o sr. Presidente! Reflexión...
As God save America, we can say God save Mr. President. I have the idea that all people have with same rights and same obligations: human rights and human obligations between.
If we take this idea and extent at society as subsidiary of the individuals, countries have the responsabilities and rights derivatives. So, if we can say God save America and God save Mr. President, we can say God save Earth and God save each person. God hasn't one 'elect' country or one elect 'people'. If is so, isn't God, is an idol as for instance, money, that make distinction between countries and also, between people...
O mesmo que se di 'Deus salve América', podemos dicir 'Deus salve o sr. Presidente'. Teño a idea de que toda a xente ten os mesmos dereitos e obrigas. Dereitos humáns e obrigas humanas. Se tomamos esta idea e a extendemos á sociedade como formada por individuos, os países teñen as obrigas e dereitos derivados. Así, podemos dicir tamén 'Deus salve a Terra' e 'Deus salve cada unha das persoas'. Deus non ten un país elixido ou un pobo elixido. Se é así, non é Deus, é un ídolo, como por exemplo os cartos, que fan distinción entre países e entre xente...

Friday, June 11, 2004 09:26 p.m.

Nota breve sobre estatísticas deste blog
Non entendo aíndo moi ben a socioloxía baixo dos accesos ós blog. O caso é que sigo cunha porcentaxe de acceso dende España por baixo do 85%, o que me congratula. Dos EEUU ven máis ou menos a metade do resto, 7,5%, e logo veñen outros lugares como Canadá ou Singapur... Evidentemente (conclusión apresurada, sen dúbida) o galego está en expansión.Ver estatísticas

Friday, June 11, 2004 06:32 p.m.

Microsoft compra futuro
Hoxe vin un anuncio na tele. Non sabía de que ía, e pareceume interesante ata o final, onde se descubreu o pastel: Microsoft está invertindo no seu futuro porque o ve algo peor que ata agora. Non lle chega con forzar ó governo irlandés a unha falta de respeto a Europa co tema das patentes de software, senón que agora trata de convencer á educación (o mundo da) de que é o futuro. ...polo menos a xente da tele sácalle algún dos cartos que ó tempo MS nos saca a todos nós. O caso é que con esas compras, se consigue parar o software libre, vai poder ganar moito máis despois e impoñer a súa vontade máis aínda que agora...

Thursday, June 10, 2004 11:09 p.m.

Onde foras, fai como vexas
A conto de 'onde foras, fai como vexas', hai que pensar que hai unha razón práctica de adaptación á maioría para maximizar o beneficio propio (non o beneficio social). É a teoría de xogos, mirada dun xeito individualista. A cuestión é que as persoas non somos cousas, temos sentementos, ideas... e polo tanto, moitas veces (menos das que debéramos) negámonos a actuar como cousas. Eso fai que no século de ouro moitos cavaleiros foran ó tempo auténticos pordioseiros con estilo e moitas cousas máis.
A parte, claro, que fora mellor para todos os individuos por termo medio e para o conxunto social o facer as cousas colaborativamente. 'Errare humanum est'...
A 'filosofía', en pastillas pequenas... (ou ...'continuará'...)

Thursday, June 10, 2004 02:28 p.m.

Over science fairs (throughout Europe)
Only an entry in English. Why? Because I've participate (and I will continue participating) in an english-write page, that of 'Science Fairs Throughout Europe Project (Comenius Project, with budget of the E.U.).
Isn't only in English, and participate people of Europe to build an page over education and scientific knowledge. We are beguinning, so you can't see grat things, but things posted with care from work of students of 7 countries. Go, see and ...!

Wednesday, June 9, 2004 11:37 p.m.

Maio, mes das frores en Ribadeo
Seguindo o refrán, 'A primavera, o sangue altera', xurden os primeiros problemas visibles externamente no governo bipartito no Concello. A causa, a votación sobre unha subvención puntual de 12.000 euros (2.000.000 de pts) ó Patrón Maior da Confraría e o convenio dos traballadores municipais. O primeiro fixo que no pobo xurdiran voces (non moi altas, por se acaso) reclamando unha extensión imposible das axudas, a parte dunha división dos votos do equipo de governo. O segundo, tras a aprobación dos sindicatos e refrendo do pleno coa oposición en contra, permite subas de máis de 600 euros/mes nalgúns casos, deixar a vixiancia nouturna como viña facéndose ata o momento ou a división de funcións entre director de banda e escola. Este convenio, que ten tamén descontentos entre os afectados, produxo unha páxina web de protesta que curiosamente foi pirateada a fin de mes.
Esto prodúcese nun maio que deu as súas frores non só na boda do Príncipe e xa Princesa, senón no novo posto de Rato ó timón do Fondo Monetario Internacional. Tamén tivo a súa cara negativa por exemplo na finalización anticipada da tradicional tregua dos cen días do novo governo por mor das eleccións europeas.
Tampouco floreceron neste mes dez árbores no xardín, tras sufrir podas que nalgún caso parecían cortas. En contraposición, Ribadeo segue a crecer, aínda que está previsto que diminúa a altura dalgún edificio por orde xudicial. Pouco que ver coa pensada peatonalización de parte da Avenida Rosalía de Castro (rúa da ponte) cun convenio inédito entre constructores e Concello ou o amaño do piso e subsolo no entorno das catro rúas, preto de onde hai en marcha unhas cantas obras de edificación. Obras que se fan notar, a pesares das subas das taxas (IBI incluído) e as protestas correspondentes, de que volva a saír á luz un trozo de muralla na atalaia ou da falta de obras na cúpula da Casa da Ría en Sta. Cruz, que a mantén inutilizable dende máis de medio ano.
No medio, para algúns o mes foi movido. Por exemplo, Amadores: Hernán como Socio de Honra non evitou que houbera discusións sobre un novo convenio, o Director de Banda e Escola, as relacións entre eles e co Concello... para rematar como comezou, en nada e pedindo o Director unha excedencia de tres anos. No medio, o concerto das Letras Galegas elevou os ánimos de socios e xente interesada. Ou O Tesón, a asociación de veciños, que remata o mes esperando a recepción polo Alcalde mentras se acumulan asuntos sen resolver.
Rematemos de xeito acorde con este mes das frores: novamente o Diadema de Ribadeo acompañou a numerosos actos culturais. Entre eles, destacan por pouco usuais a convocatoria do Premio Daniel Cortezón de teatro ou a presentación do Caderno de Investigación Literaria do IES Gamallo Fierros. Tamén o día da lingua foi celebrado con máis pulo que outros anos, ademais de ter como esceario mariñán a nosa vila cun Correlingua que trouxo 1700 rapaces e rapazas, se ben cun prantexamento do acto que se quedou corto para moitos dos participantes.

Wednesday, June 9, 2004 11:19 p.m.

----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Arquivos vellos deste blog /Old archives

Para e-correo / e-mail: agremon2001 + @ + yahoo + . + es


Recuncho da lectura

Pensamentos

A galipedia, enciclopedia en galego libre

vieiros
open directory
altavista
google