Agremon weblog (the galician Pitas page)

Pensamentos dixitais (Digital thinking)

Recuncho da lectura (''Galician reading coin'')

Pensamentos (''thinkings'')

A páxina adicada a Hernán (''Hernan's page'')

Weblog de Mariano (''Mariano's weblog'')

Weblog de Santi (''Santi's weblog'')

Vieiros - buscador galego


pitas
hotbot
yahoo

Bivir, Biblioteca virtual en galego
Edugaliza, materiais educativos en galego

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

----

Protesta constructiva
Vexamos: protestar é un dereito.
Pero facelo porque si, por un quítame aló esas pallas, xa non o vexo conveniente. Esto ven a que en Ribadeo na última tempada estáse dando o fenómeno da protesta pola protesta, para ocupar prensa, sen máis.
Critico con esto a postura dun partido político, que agora protesta por facer obras nas rúas do povo. Evidentemente, sería mellor facer obras sen sufir as consecuencias, pero, dentro dunha orde, é o normal e obrigado. Por exemplo, hai alguén que sexa capaz de sufrir obras na propria casa sen literalmente, sufrilas? É preferible que se fagan no verán? É preferible que non se fagan? Xa entramos noutros razoamentos, pero as obras na rúa non se poden facer sen que se vexan e se note.
Outra cousa é que o xeito de facelas sexa bó, que tarden demasiado, etc. Sobre eso, si que se pode falar, o mesmo que sobre a conveniencia dos seus obxectivos, por exemplo.


Friday, May 28, 200409:14 p.m.





Sen noticia
Faigo un descanso noutras labores para escribir unhs liñas. Hoxe nin leín o periódico nin escoitei a radio, nin vin a televisión... estou fóra das noticias. Esta é unha das cousas que pode ser boa ou mala, segundo como se mire. Pero, en calquera caso, fai que a vida se mire nun entorno menos inmediato.


Friday, May 28, 200405:49 p.m.


Un novo problema
Pode que o título non esté demasiado ben posto, pero a realidade é que en Ribadeo están a crecer os problemas como fungos, en particular os problemas para o equipo de governo do Concello. Senón, mirade esta web:
http://www.usuarios.lycos.es/discriminadosunidos/
E, todo, segundo parece, por 'peccata minuta': aumentos selectivos de 600euros/mes e outras aínda máis mequenas cuestións...


Thursday, May 27, 200404:59 p.m.


Hoxe
Hoxe saiu nos xornais unha noticia: o concelleiro de medio ambiente deu unha charla (a escolares) sobre a axenda local 21 e o municipio turístico sostenible. Despois de ver dúas noticias antes desta, pode chamárselle a Ribadeo 'municipio turístico sostenible? Non será máis ben 'municipio turístico dispoñible'? Que axenda teñen localmente para este século? Foi feita pública en algures? Foi consensuada, ou ó menos atendidas as opinións dos veciños?


Wednesday, May 26, 200411:24 p.m.


Unha pregunta para ti, lector
Parécevos ben como tema para un artigo en Ribadeo 'Ribadeo dixital: webs, blogs e news/Ribadeo en internet: páxinas na rede, cadernos de apuntes e noticias'?
espero as vosas opinións polo correo electrónico (ver parte superior dereita...)


Wednesday, May 26, 200411:01 p.m.


Unha visión. Negativa?
Poño o seguinte con medo de ser moi negativo, negativo de máis... tentarei compensalo noutro momento; tómese como un estado de ánimo... e, se hai algún lector coñecedor desta realidade ribadense e opina que algo non é certo (sempre nos podemos equivocar, e gustaríame que fora así) por favor, que mo comunique por correo-e para facer a corrección inmediata.

Ribadeo
Estamos en Ribadeo. Rúas levantadas, en aras do futuro que representa o gasto duns fondos europeos para reparar unhas rúas. Ribadeo, onde polo momento van cinco meses preguntando polos criterios de revisión dos locais nouturnos (e que si queres arroz, Catalina). Seguimos en Ribadeo: un devolto á porta dun garaxe segue hoxe, mércores, dende o sábado noite 'fever' sen baldear e cheirando (vai diminuíndo, cheiraba máis o domingo). En Ribadeo, si, onde despois de sachar por séculos un pedazo pequeño de terra descúbrese por casualidade un retazo da antiga muralla. No mesmo Ribadeo no que días despois de encabezar unha manifestación multitudinaria contra o recheo, o Alcalde pasa a apoialo, mentres outro punto fundamental do apoio, o Patrón Maior, pasa a calar e seis meses despois recibe unha axuda/subvención... (a forma non importa moito) de 12000euros (2.000.000 das antigas pesetas). O mesmo sitio onde os 900millóns de pesetas que deixaron de débeda os populares pensan ser reducidos diminuíndo as festas en cantidade (suponse que tamén en calidade), ó tempo que pasa a haber dúas liberacións por adicación ó Concello, subidas de máis do 50% nalgunhas taxas sen mellorar o servicio e aumentos de 600euros para algúns funcionarios (que non para todos) que quedarán cristalizadas a pesares de ser calificadas en función da productividade. O mesmo Ribadeo no que de pronto aparecen máis pisos nos edificios e máis casas, pero parece que as rúas seguen tan estreitas coma sempre e máis cerradas que nunca. O Ribadeo dos ruídos nouturnos, que xa cumpriron o decenio de protestas no medio dun aumento de vigor de xeito continuado. O Ribadeo onde unha discoteca leva anunciado todo o mes de maio 'aberto ata as 8 da mañá' sen que pase nada aínda que se salte á torera os horarios de peche, aínda aumentados este ano. O Ribadeo onde se retirou uns meses unha alfombra esvaradiza de goma para voltar a poñerse de novo. O Ribadeo que protesta pola externalización de servicios e vai externalizar máis. O Ribadeo que se ve dende a cúpula do observatorio de Sta. Cruz, pechada e sen amañar dende fai máis de seis meses. O mesmo Ribadeo que ten ordenadores ó servicio do público desaparecidos á vista do mesmo dende fai anos sen ou con internet. O mesmo Ribadeo que non ten polígono industrial e di que o vai ter... o mesmo que se dicía fai máis de vinte anos. O Ribadeo onde se propón que os plenos se rematen con preguntas dos asistentes e hai posibilidades de que se faga antes do próximo século. Si, o mesmo ...
Xa abonda. Lector, podes seguir ti, que a bon seguro no maxín tes cousas polo estilo que eu descoñezo. E, se non sabes abondo, pregunta. E lembra, lembra para o futuro, ese que pretendemos que sexa de tódolos ribadenses.
Mentres, lector, por se hai dúbida, quero que quede craro que quero a Ribadeo e que faigo por el, por nós, o que creo que podo.


Wednesday, May 26, 200404:23 p.m.





Saúdos
Hoxe, indo por nedstat atopei un salto nas estatísticas da páxina. Por averiguacións (contactos sucesivos dende R) atopei a resposta á orixe dos contactos: un curso para profesores que se da no IES Porta da Auga, en Ribadeo. Aínda que sexa saírse da liña do blog, saúdos para todos eles.


Tuesday, May 25, 200409:06 p.m.


Amañado
Parece que está amañado e se pode ver dun xeito decente (non digo artístico) en calquera navegador. Se houbera problemas, 'please', enviádeme un correo.
It seems me that is allready to shown in all browser (I not says ' with art'...). If someone continue with problems, please, send me an e-mail.


Tuesday, May 25, 200407:32 p.m.


en obras / at work
Esta é unha mensaxe para indicarvos que sigo con problemas de visualización nalgún navegador. Procurarei amañalos pronto... This is only a message to indicate that I continue with problems to visualize the page in some browser. I expect solve it in less time than possible...


Tuesday, May 25, 200407:20 p.m.


Help! (Axuda!)
Hoxe, por azar, atopei que a páxina (esta) da problemas con Explorer, reducíndose a só dúas columnas e facendo dificultosa a lectura. Prego, se alguén ten algún problema de lectura, se comunique comigo por correo electrónico explicando as dificultades. Graciñas.
-
Today, occasionally, I've know that this page isn't easy to see with Explorer, shown only 2 rows and making very dificult the reading. Please, if someone has problems as so, send me an e-mail explaining the dificulties. Thanks.


Tuesday, May 25, 200410:52 a.m.


asociación de veciños
Pertenzo (estou asociado e participo) a unha asociación de veciños.
Para que serve? Xogamos á contra. Defendémonos, e reclamamos. É algo no que non pensara antes. Vía as asociacións deste tipo como colaboradoras (tamén sigo a ver ese aspecto, pero con menor importancia) máis que como opositoras. Agora non as vexo como opositoras, senón como veladoras do público, como contrapeso, por exemplo, a uns poderes políticos que velan por interese partidario máis que público, ou fronte a uns intereses económicos fortes pero que só miran para si. As persoas da rúa, quen vela por elas? que porcentaxe son abondo fortes para non necesitar axuda? Sen asociacións deste tipo, os dereitos persoais irían perdendo terreo (de feito creo que o están perdendo) fronte a outras forzas máis poderosas e duradeiras: os cartos, as entidades corporativas, ou sinxelamente persoas máis poderosas. A historia da humanidade marca estas loitas con avances e retrocesos para as persoas correntes, para nós, e sempre, sempre, a costa de moitos esforzos, gáñense ou pérdanse as batallas e as loitas.
Por sorte (e por desgracia, tamén) esa fronteira límite entre os nosos dereitos, as nosas liberdades, e o que poderiamos chamar 'non humano' é móbil, e varía continuamente, co que fáise necesario o estar consciente do límite para defendela. E estar consciente do límite colectivo, por unha beira, e individual, pola outra, para ter consciencia mutua de que somos nós e todos nós.
Filosofar... non é filosofar o que estou a facer: é aplicar á teoría o que é (e debe ser) práctica diaria das persoas sociais, de nós.
Ben, de calquera xeito, comezo a esvarar. Eso significa que é hora de parar. En tal caso, seguirei outro día máis centrado, porque o tema da abodno de si.


Monday, May 24, 200411:27 p.m.


legalización da tortura e a humillación
Eso é o que queren EEUU e UK da ONU: que lles deixen seguir comentendo tropelías. Pretender a estas alturas ter a venia para que as tropas non podan ser sometidas a un tribunal internacional, xusto despois de descubrirse os atropellos ás persoas que cometeron é, outra vez máis, kafkiano. Pretender ser axudados pola ONU e aínda por riba poñer condicións (máis aínda desa índole) é idiota. Pero... o caso é que o mundo ó mellor é aínda máis idiota concedéndlooe o que piden por medio de presións diversas. Tampouco pensa moito esa xente que trata de obter beneficios abominables (políticos, pero tamén económicos, sociais, ...) nos seus propios conciudadanos menso favorecidos ou na propia xeración futura: Que moral lles van ofrecer? Só cabe pensar que lles trae sen cuidado, e polo tanto, o ignoran: son 'os demáis', esa masa que hai en todas partes e que cada vez máis, ó estilo do que pasaba noutros tempos xa lonxanos, importa memos a quen detenta realmente o poder.
Non é xa aquelo que defendía Marx, 'obreiros do mundo enteiro, unídevos!', senón sinxelamente 'os que sexades persoas, defendédevos xuntos porque os van machacar. Nesta guerra, lector, de que lado estás? Crees que está a salvo? Mira ó teu arredor: é moi simplista dicir que só hai dous bandos, pero simplificando para poñer as cousas claras, é así.
Neste bvarco en que estamos, ou nos salvamos xuntos, ou fenecemos xuntos. Hai moita xente que non se decata, ben porque cree que está entre 'os elexidos', porque cree que facéndolle 'a pelota ós elexidos' se librará ou outras razóns, pero se non hai Humanidade, que queda da humanidade? aínda que quedara algo, merecería a mágoa?
Saíume un berro máis que unha idea... parece unha imaxe do mundo: a berros, a paos, sen construcción de ideas, sen convivencia.
En parte, pois, arrepíntome da forma que tomaron as miñas palabras. En parte, pois do fondo algo queda, e eso que queda é desgarrador, e un desgarro non se pode transmitir non momento, non creo que ninguén poida, sen berrar ou estoupar un mesmo.
Quero escribir moito máis, pero non podo: a construcción tamén leva tempo, e unha vida pode marcar o rumbo para a construcción, logo débese pensar tamén en como facela e facela; isto é, tempo, calma para a humanidade.


Monday, May 24, 200403:38 p.m.


Einstein e Open Office
Estou lendo un lebro sobre a obra de Einstein (Albert) e un manual de Open Office. O primeiro, pon expresamente que non se preste (queren prohibilo, poñer portas ó campo...), o segundo, é de difusión libre con licencia creative commons. Resultado: Pobre Einstein! Seguro que se vivira hoxe poria a súa obra baixo a cobertura dalgún tipo de licencia libre e non retrógrada..
É curioso, o libro, 'Einstein 1905: un año milagroso' Reproduce (traducidos) cinco artigos de Einstein con algún comentario (que resulta ser bó, pero que representa unha porcentaxe de 'valor engadido' menor).


Sunday, May 23, 200409:08 p.m.


Abraiado
Estou realmente abraiado. O mesmo libro que me lembrou entrada anterior descúbreme unha realidade kafkiana outra vez máis. Nel pódese ler, xunto ó "Quedan rigurosamente prohibidas '...'reproducción '..." tamén "y la distribución de ejemplares de ella mediante alquiler o préstamo público".
Non creo na legalidade de dita frase, pero nestes momentos nos que se prantexa o pago polas bibliotecas dun canon a tanto alzado polo préstamo de libros, esto vai aínda máis aló: trata de impedir o préstamo, sinxelamente, con ou sen canon. As miñas queridas bibliotecas...imos cara un mundo no que os homes se convirten da noite á mañá en escaravellos? A idea é para min ten inconcebible como a obra que presenta Kafka. Como alternativa, só atopo que xa sexa eu un escaravello ó estilo kafkiano e por eso vexa a realidade con ollos cambiados, a mesma realidade, e por eso non entenda nada.


Saturday, May 22, 200410:54 p.m.


A liberdade vence (liberty wins!)
Sorprendinme onte ó ser consciente dunha cousa que xa sabía: os 5 papeis do ano marabiloso de 1905 de Einstein... foron escritos en Suiza, onde tivo que emigrar, non en Alemaña, que concebía como unha atmósfera cerrada.
Outro día extenderémonos máis sobre eses 'papers'


Saturday, May 22, 200409:41 a.m.


To no Galician speaking people
Hi. I've observed that a percentage of visitors of this page live overseas Spain. So, I've put a mail to contact (right-hand) not only for Galician or Spanish people. I will continue to hang news in galician, but you've seen that I introduce little comments in other languages, too. Will I in thsi way? I don't know, but I will to communicate with people that will communicate with me!


Saturday, May 22, 200401:22 a.m.


Reflexión sobre iste weblog ou blog
Pasado xa un par de meses dende que metín a primeira palabra neste sitio, vexo de xeito diferente os blogs, e ata certo punto estou a converterme nun blogadicto, verba que, como Cela, invéntome e vos regalo para o seu suso se procede.
Teño que recoñecer que comecei forzado por Mariano (ver na beira esquerda) e como un pequeno desafío para comprobar que 'eu tamén podía' meterme neste mundiño. Hoxe emprégoo moito máis do que pensaba, de diversos xeitos, ás veces opostos entre si, como poñer cousas segundo se me van ocorrendo ou postear artigos traballados que están destinados a saír nos papeis, nos diarios da zona.
Facer un blog cambia a perspectiva sobre os blogs, do mesmo xeito que na física se di que non se pode medir unha magnitude sen alterar o sistema que se está a medir, e polo tanto, se non direitamente a mesma magnitude si outra relacionada (Ppo de Indeterminación de Heisenberg). Tamén foi Mariano o que me deu a idea de engadirlle unha estatística (ó final da páxina), e ver cómo se manexa e cómo se vai relacionado a páxina é bonito. Aínda que comparada con outras (véxase as estadísticas da galipedia na outra beira) os avances sexan lentos e estas letras que estou a escribir sexa probable que non as vexan máis aló de 50 persoas, por poñer un número. Quen sabe, ó mellor no futuro son 50.000, o mesmo que pasan de 4 cifras os lectores dalgún artigo que sae eiquí como primicia.
... Na variación está o gusto, un dito que tanto se pode aplicar ó sexo como á música ou a lectura é algo que se me veu á cabeza mentres escribía o anterior párrafo. Por que non escribir tamén artigos sobre física, cousa que me gusta e que non faigo dende hai tempo?
Se o faigo, que algún sairá, seredes vos os primeiros que seredes conscientes, posiblemente antes que eu mesmo: quen escribe sabe que está a escribir, pero non está clara a súa consciencia sobre moitos aspectos da súa propia escritura (teoría que me saco da manga agora mesmo, pero que creo demostrable)
Por fin, faigo cambiar o blog, e tamén o blog me fai cambiar. Xa sabedes o que se di da influencia das compañías... boas ou malas.


Saturday, May 22, 200412:24 a.m.


Varias por reorganización...

Voda! (2)
Por certo, voda en checo é auga, algo abondo máis necesario, mañá e tódolos días que a voda (real ou irreal...)


Friday, May 21, 200411:27 p.m.


Voda!
Non podo evitalo: Teño que escribir algo porque mañá terei outra razón máis para non ver a tele. Non son monárquico nin antimonárquico: sinxelamente, paso. Deséxolle ben a todo o mundo, os da voda incluídos, igual que outras moitas que se celebran en todo o mundo ese mesmo día. Eso non é ser monárquico: é ser persoa (eso creo) ;)


Friday, May 21, 200411:24 p.m.


Sobrepasado
Outra vez en clave só ribadense, vexo o rápido que poden pasar as cousas e calquer intento de seguilas vai lento. O artigo anterior sobre a banda, que sairá aínda en La comarca o fin de semana (sábado, pasado mañá) xa está hoxe desfasado.
Por que? É moi longo para o tempo que teño hoxe. O caso é que comezou o tiroteo entre os implicados direitos na banda. Novas variables que non tiran polo momento para arriba da formación. Mentras, a diretiva vai mandar unha carta ós socios non para anunciar unha asamblea, como esba previsto, senón para explicar a súa nova postura, que, segundo noticias, será o negar o novo convenio, despois de pedir unha solución ó Concello, que respostou con dito deocumento (...o certo é que, vivindo esto dende fora, seguramente haberá quen discrepe: nestes momentos, todo o mundo discrepa sobre alto, como se os feitos foran opinables, como se os feitos foran equivalentes a opinións ou posturas particulares ou colectivas, ...) en fin, continuará.


Thursday, May 20, 200411:05 p.m.


Un tema particular sobre Ribadeo: A banda e o seu momento actual
Negra con puntiño


Vai de música. Non se trata de ir coa música a outra parte, senón concervar e cultivar o que xa hai, sen desperdicialo sen vir a conto: música celestial en momentos de rock duro.


1.Introducción

1.0.Poñámonos en situación. Deixando á vista, achegada, pero a unha beira, a historia dunha formación que Hernán levou ó pano internacional, collamos a actualidade. Que temos en cada unha das partes implicadas?

1.1.Un convenio vello de dez anos entre Amadores e o Concello que estipula que a banda levará o nome de 'Municipal' e que actuará 10 veces ó ano para o Concello. A cambio, os músicos da Banda alumnos da Escola Municipal de música teñen matrícula gratuíta e o director será pagado polo Concello. O convenio leva unha cláusula de rescisión: cunha antelación de tres meses pode denunciarse e deixará de ter validez.

1.2.O Director da Escola é, segundo recolle o convenio e marca o contrato correspondente, Director da banda e dependente do Concello. Tras pasar un período de baixa, non se reincorporou aínda como Director da Banda (si está a facer as funcións correspondentes na Escola), estando outra persoa desenvolvendo ditas labores. Esta persoa remata o contrato o próximo mes.

1.3.A principios de curso establécese un contencioso co Concello por parte dunha exprofesora da Escola no que se reclama o pago de actuacións coa banda, dándolle a razón o xuíz en base a que tanto ella como o director dependían do Concello laboralmente, e a Banda ten asemade unha relación asimilable á contractual (o convenio) co Concello, levando o nome d eMunicipal. Non é a única persoa que actuou en circunstancias semellantes nos últimos tempos.

1.4.O estado da banda. Dende o fenecemento de Hernán, a banda tivo un director no verán, un director provisional o curso seguinte, un director definitivo (coincidente co anterior, o actual titular), un período sen director, substituído por un vello participante da banda, e outro curso que está a piques de rematar co director substituto xa citado. Os músicos parecen responder ó Director substituto e boa parte deles estar en confrontación co Director titular.

1.5.A Directiva de Amadores convoca unha xuntanza para propoñer un cambio no convenio, de xeito precipitado e misturado cunha proposta tardía e que sábese de antemán que terá a unanimidade: o nomeamento de Hernán como socio de honra. Na convocatoria non se da máis explicación da actualidade.


2.Hoxe

2.0.Nesta situación, o Concello bota os seus cálculos parece que a raíz da decisión xudicial e para evitar futuros problemas, e suxire o cambio do convenio.

2.1.O novo convenio proposto deixaría a obriga de 10 actuacións ó ano para o Concello e a Escola de Música paga para os músicos. Cambiaría o período de tempo necesario para a denuncia, pois é renovable de ano en ano. Cambiaría que a banda xa non levaría o nome de 'Municipal'. E cambiaría que en troques do pago directo do director, o concello asume o pago de 15.000 euros (2.500.000pts) ó ano a Amadores. De onde sae esta cifra? Básicamente dun cálculo polo alto de dividir en dous o costo do posto de bidirector e engadirlle unha porcentaxe para englobar posibles subvencións e aumentos, ou, de xeito alternativo, do cálculo das necesidades de presuposto para un horario de dirección de banda e ensaios, e un aumento por subvencións.

2.2.O novo convenio é apoiado pola Directiva de Amadores e a Concellería de Cultura, e nese sentido se presenta na asamblea de Amadores do pasado día 8 de maio.

2.3.Previsiblemente, o actual director en funcións da banda continuaría polo momento, tras estar en acordo coa Directiva de Amadores. De calquera xeito, o posto non sería fixo no sentido que non dependería do Concello e previsiblemente (aínda que non ten por que ser así) tería un carácter de contrato entre Amadores e unha persoa considerada autónomo.

2.4.O Director de Escola e Banda pasaría a ocuparse só da Escola. O seu trato pasaría a ser polo tanto de xeito único co Concello, coa súa variación de contrato correspondente ó cambio de funcións como algo no que non ten incumbencia Amadores, aínda que poda ser de interese xeral do pobo como contrato co Concello suxeito a un convenio de traballadores públicos.

2.5.Apréciase unha dificultade de comunicación entre as partes implicadas, de xeito que á Asamblea non asiste o Director titular da Banda nin o Director en funcións, persoas implicadas nas longas discusións que se manteñen e que fixeron que o pasado 8 de maio se tivera a Asamblea máis longa de Amadores.


3.E despois...

3.0.Poden estimarse varias posibilidades para o futuro segundo a aprobación ou non do novo convenio pola Asamblea de Amadores, ou mesmo de outras novas posibilidades de convenio.

3.1.De calquera xeito, e dado que ata o momento tanto a información previa como os tratos sobre o novo convenio son polo xeral escasamente coñecidos, sempre caben interpretacións diferentes da que eu faigo, se ben intentei poñer o exposto aquí en xeito de información o máis obxectiva posible.

3.2.E, antes de chegar a calquera consideración posterior, hai xente que trataría de presionar tanto ó Concello (principalmente) como a Amadores (por eso de que unha directiva de asociación, mentres non se amose o contrario, nunca fai abondo) para lograr deixar as cousas tal como ata agora, ou parecido. Nembargantes, parece que está pedido e a falta de ultimar trámites, concedido, a separación do posto de Director da Banda do de Director da Escola. Esto introduce un factor legal a considerar en calquera negociación, a parte das causas e situacións que se deran para ter chegado a esa división, e tendo en conta que por outra parte pode considerarse normal dita separación debido á carga de traballo de ambos postos.

3.4.Por último, é necesario un par de precisións: sendo socio de 'a pé' seguro que hai datos que descoñezo, máis outros que terán lugar entre o momento no que estou a escribir e a publicación, polo que sería convinte que quen teña máis datos que os de a coñecer, ou as explicación pertinentes, para ter unha visión completa da situación. E segundo, creo que eso debe ser o lóxico: a apertura dun debate do que esto só sería un prolegómeno escrito a voapluma.


Por certo, o de negra vai por como ven algúns a situación, e o de puntiño porque moitas veces son as pequenas cousas as que permite a solución para as grandes, ás que lle dan o 'puntiño' e que non hai que confundir con 'dar a puntiña'. É dicir, unha alusión a que pretendo non ver 'negra' a situación, senon 'clara', e que non está rematada, senón esperando ser rematada por ese tempo extra que fai a nota ocupe xusto o necesario, nin menos, nin máis.


Wednesday, May 19, 200411:31 p.m.


Outras letras galegas
A lingua recebeu un pequeno agasallo o Día das Letras Galegas: a 'galipedia' pasou ese día de 1300 entradas. Coa colaboración de moitos, de cada vez máis, seguiremos cumprindo centeas primeiro, e logo milleiros e deceas de milleiros de entradas nesta enciclopedia que é de todos e para todos.


Wednesday, May 19, 200409:45 p.m.


Día das Letras Galegas
Cómo avanzaría a web en galego se cada unha das persoas que ten escrito algo algunha vez o publicara na web? E se só o fixera a décima parte? Entroncade isto coa facilidade de métodos como a [[http:gl.wikipedia.org wikipedia]] ou sinxelamente enviar por correo electrónico o escrito a Bivir, e teremos un renacemento cultural (craro, habería que poñer un pouco de criba, porque se nón, ía colarse de todo... ;) )


Monday, May 17, 200404:43 p.m.


Para os lectores
Estiven practicando ese vicio de pensar.
Estiven pensando e ... decidín interactuar.
Contigo, lector. Por eso, establezo o agremon-arroba-senfios-punto-com para recibir as vosas mesaxes.
Por...
*saber que opinades
*evitar o non ter unha posibilidade de resposta da vosa parte
*saber que sodes, como sodes
*... e moitas cousas máis.
Ah! Esquecíaseme! o emu compromiso inicial de postear algo cada un mínimo de 15 días, rebáixoo/auméntoo a un mínimo de 1/semana (excepto 'vacacións'... :) ) e tenderei a sacar algo cada dous días, pero... sen compromiso.
Ata pronto.


Sunday, May 16, 200411:34 p.m.


La mejor forma de mirarse el ombligo
O mellor xeito de mirarse o embigo, que diriamos nós. Coido que, excepto solucións particulares, o mellor xeito é empregar o espello ou facer que alguén o mire por nós e nos transmita os resultados, sexa persoa ou aparello.
O día das letras galegas, 17 de maio, Galiza en xeral é unha festa, a festa da lingua. Tal parece como se ese día de especial tratamento ó galego fora adicado precisamente a festexar o que se pode calificar de avances da nosa lingua. É dicir, facer un exercicio equivalente a non mirarse o embigo porque o embigo está ben. A sabendas de que estou simplificnado, e polo tanto, deixando a unha beira excepcións, pódese contradicir o anterior con algo como: e, cómo se sabe que o embigo está ben se non se mira de xeito adecuado? E, se só se mira o embigo, como ter unha referencia para enxuiciar se está ben ou non?


Sunday, May 16, 200411:32 p.m.


Friday, May 21, 200411:34 p.m.


----

Dereito de copia libre, citando a orixe, e de modificación seguindo a licencia copyleft (ver a galipedia, con enlace nesta páxina).

Para e-correo / e-mail: agremon2001 + @ + yahoo + . + es


Recuncho da lectura

Pensamentos

Arquivos vellos deste ueblo

A galipedia, enciclopedia en galego libre

vieiros
open directory
altavista
google